Na dinámica da aula é habitual dalle toques de atención para que sigan as pautas de traballo ou para que axusten a súa conduta.
Estas recriminacións ou chamadas de atención ao longo da xornada escolar acaban sendo bastantes cando non moitas.
Polo que o alumno, alumna con Tdah recibe menos reforzos positivos dos que precisa debido as súas dificultades e o esforzo para conseguires facer as tarefas escolares.
Podemos usar estratexias para que esto non suceda:
- Facer chamadas de atención a nivel individual, de maneira reservada para que non se faga tan notorio na aula, actuando desta maneira ofrecemos seguridade e apoio ao alumno.
- Ten en conta a proporción de reforzos positivos/negativos.
- Consensuar entre mestre titor e especialistas cales son as recriminacións, chamadas de atención a traballar durante un período de tempo para modelar esa conduta, e cales ignorar para evitar excesivos reforzos negativos.
- Ter xuntanzas para valorar en que horario se producen máis complicacións para o alumno, alumna para estar a facer a tarefa escolar, posiblemente a última hora da mañá estará máis canso e máis inquedo. Ter alternativas para eses momentos, que poida sair da clase a facer un pequeno encargo, poida facer outra actividade distinta que o motive máis.
- Diseñar na aula un recanto de tranquilidade para todos os alumnos e alumnas onde se poida ir un rato para favorecer o autocontrol e regulación da propia conduta (escribir o que se vai facer, debuxar o que sucedeu, ...)
- Buscar motivos para reforzar positivamente.
- Escoitar comunicación bidireccional para achegarnos el, ela e coñecer os seus intereses.
- Evitar enfrontamentos e ameazas, no xulgamos ao neno, nena senón o seu comportamento.
- Buscar acordos para o cumprimento das tarefas, isto fai que se sínta máis partícipe nas demadas que lle facemos.
Imagen de Pexels en Pixabay
O alumno, alumna precisa reforzar continuamente os esforzos que realiza para superar as súas dificultades.
Así favoreceremos o desenvolvemento do autoconcepto, pois ve que se lle valora o seu esforzo. Sentirase mellor consigo mesmo. Aumenta a confianza en se mesmo o que repercute na motivación para enfrontarse ao traballo.
Todo isto consegue elevar a autoestima.
Enlaces : Mundo Primaria,
aprendiendodeltdah,
tdahmalaga
Así favoreceremos o desenvolvemento do autoconcepto, pois ve que se lle valora o seu esforzo. Sentirase mellor consigo mesmo. Aumenta a confianza en se mesmo o que repercute na motivación para enfrontarse ao traballo.
Todo isto consegue elevar a autoestima.
Enlaces : Mundo Primaria,
aprendiendodeltdah,
tdahmalaga
No hay comentarios:
Publicar un comentario