Mostrando entradas con la etiqueta Exames. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Exames. Mostrar todas las entradas

miércoles, 26 de abril de 2023

Pautas para reducir a ansiedade infantil

As veces os nenos, nenas tenden a preocuparse demasiado sobre determinados temas reais ou imaxinarios o que lles leva a xerar estados de ansedade e preocupación xeralizada. As persoas máis próximas ao neno, nena teñen un papel moi importante na prevención destas mostras de ansiedade.

Pautas:
1. D
isminuir o impacto dos acontecementos estresantes :
Falando co neno, nena de todo o que lle preocupa, de como se sente.
Comprender o importante que para o neno, nena é esa situación.
Falar co neno, nena de todo aquilo que teme.
Adoptar unha actitude propicia á resolución do conflito ou problema ( interesarse pola evolución do problema, animar ao neno, nena, reforzalo polos avances conseguidos.

2. Educalo para potenciar os seus recursos persoais:
Fomentar no neno unha actitude activa dirixida á resolución de problemas.
Axudar ao neno a atopar aptitudes, intereses e actividades. Reforzar e potenciar as súas capacidades:
Fomentar a súa autonomía.
Non ser excesivamente esixentes.
Corrixirlle cando fai algo mal. É importante que se critique a súa actuación, pero non a súa forma de ser.
Non ser excesivamente sobreprotector.

3. Fomentar hábitos saudables, promover novas experiencias. 
É moi aconsejable que os nenos teñan experiencias moi variadas. Isto permitiralles coñecer a xente diferente e facer amigos, coñecerse mellor a si mesmos e saber cales son as súas aptitudes e intereses máis destacados, atoparse con diferentes problemas e desenvolver habilidades e estratexias para resolvelos, etc. En definitiva, fomentar novas experiencias no neno pode fortalecer o seu autoestima e os seus recursos de afrontamiento e establecer unha rede de relacións sociais.

Ligazóns relacionadas :
https://www.desansiedad.com/blog/20-ideas-para-bajar-la-ansiedad-en-los-ninos


miércoles, 11 de enero de 2023

Adaptacións metodolóxicas para o exame do alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo






Fai click na imaxe para acceder ao artigo


Cun neno, nena que ten reforzo, apoio educativo, debemos de contemplar que variables e formas de presentar o exame temos de ter en conta para que a avaliación sexa efectiva, e consiga o seu obxectivo.
Estos son as pautas que sinala Santiago Moll dende o seu blog,  a ter en conta cando a titora ou titor do grupo, prepara un exame para un alumno, alumna de reforzo.
  1. Adaptación 
  2. contidos
  3. Responsabilidade
  4. Coordinación
  5. Corrección
  6. Puntuación
  7. Extensión
  8. Enunciado
  9. Preguntas Discriminativas
  10. Preguntas Abiertas 
  11. Exemplos
  12. Pizarra Dixital
Exemplo exame ordinario 

Exemplo de exame de reforzo


Jesus Jarque explica :  
Como adaptar os exames ao alumnado que o precisa cunhas adaptacións metodolóxicas que poden ser as seguintes: 
  • Avaliación oral 
  • Deixarlle máis tempo
  • Aumentar o espazo para escribir
  • Cambiar o tipo de letra
  • Secuenciar as preguntas
  • Adaptar a distribución espacial
  • Segmentar as tarefas dunha pregunta
  • Subliñar as palabras crave
  • Por un exemplo de como se resolve unha tarefa
  • Recortar as preguntas en entregarllas dunha en unha
  • Utilizar palabra máis doadas nos enunciados
  • Evitar actividades repetitivas
  • Incluir pequenos consellos ou recordatorios
  • Segmentar as lecturas.




enlace para descargar documento adaptar-os-exames-ao alumnado-que-o-precisa




martes, 15 de mayo de 2018

Diana de avaliación

A Diana é unha Ferramenta de autoavaliación e coavaliación, permite acotar o número de criterios de avaliación que queremos, con un número de niveles que corresponderán á valoración que demos a cada uno de ellos. (Pellicer e Ortega 2009)


Os alumnos, alumnas colocan a súa marca da valoración na diana canto máis preto do centro maior valoración positiva. Isto permite visualizar as áreas de mellora. A maior área de polígono coloreada mellor nota.

Este modelo desenvolve unha avaliación  participativa onde os alumnos falan dos obxectivos propostos, cales foron acadados, das propostas de mellora, aportan a súa valoración. A participación no proceso avaliativo, conleva a escoita activa dos compañeiros de aula, a proposta de novas ideas, a toma de decisións de mellora. Este proceso fai que resulte moi motivador para o grupo, favorecendo a súa cohesión e un ambiente de aula positivo. 
Non só estamos avaliando un compoñente do currículo, senón que implica moitos aspectos da dinámica que existe nunha aula, imprescindibles para xerar un aprendizaxe significativo.
É importante incorporar novas maneiras de avaliar na aulas. Avaliación entendida como proceso  formativa, democrática e participativa na aula 





Imaxe relacionada
                                     imaxe de slideshare




Avaliar é reflexionar sobre a aprendizaxe. É necesario cambiar a maneira en que correximos os erros que se dan durante o proceso da aprendizaxe, tamén a importancia e valor que se lle da a o erro.
Os erros teñen que  reconducirse, corrixir non moi alonxados do momento en que se producen para que se dé a retroalimentación, isto aumenta a motivación do alumno, alumna.




Slideshare evaluación-del-aprendizaje. Elena Rodríguez 
Slideshare:evaluacin-participativa-la-diana. Manuel Díaz







lunes, 12 de marzo de 2018

Pautas para adaptar as probas a alumnos, alumnas con dificultades na lectoescritura

A Avaliación é un elemento dentro do proceso ensinanza aprendizaxe  para facilitar a respuesta axeitada no avance cara a aprendizaxe. Por iso e necesario desenvolver unha avaliación contextualizada, centrándonos máis no proceso que no resultado. Cando queremos avaliar a un alumno, alumna temos que considerar os factores que inciden no momento.

Dividimos es distintos aspectos para ver con máis detalle:

Tempo e Distribución 

Permitir descansos durante a proba
Considerar o momento do día no que se fai a proba
Evitar que o alumno teña máis dunha proba por día

Presentación e Formato da proba
Expor alternativas complementarias de avaliación á proba escrita dependendo das características do alumno:
Proba oral, Proba tipo Test.
                                                        Nas probas escritas
       
                                                                              Cantidade e deseño

  •  Aumentar o espazo entre exercicios
  • Reducir o número de exercicios por páxina
  • Reducir exercicios ou apartados ( hai que controlar a cantidade de tarefa de modo que non lle supoña máis tempo que aos demais).

                                                                             Enunciados


  • Enunciados curtos, preferiblemente cunha oración en cada liña.
  • Resaltar as palabras ou oracións crave das instrucións (subliñar, negrita)
  • Volver a escribir as instrucións en cada nova páxina se o exercicio continua.                                                                                                                                                                                   Preguntas
  •  Utilizar preferentemente preguntas que impliquen respostas de clasificar, relacionar, verdadeiro/falso.
  • Completar frases cunha ou dúas palabras, en lugar de preguntas que esixan redactar.
  • Presentar preguntas da proba por escrito ( non ditar).
  • Se houbese textos fragmentalos en pequenas partes e intercalar as preguntas de comprensión, ou numerar os parágrafos do texto.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                        Formato
  • Aumentar o tamaño da letra ( entre 14 e 18 puntos).
  • Aumentar o entreliñado.
  • Escribir en negro sobre o papel de cor crema.
  • Usar tipografías de pau seco, como Arial , Verdana, Helvética. Evitar cursiva e o texto xustificado. 
Instrucións para realizar a proba

Realizar unha lectura previa da proba por parte do profesorado.
Asegurarnos de que comprendeu o enunciado de todas as preguntas.

Forma de respuesta

Se ten que escribir ofrecerlle unha pauta.
Poñer un exemplo ou modelo para facilitar a resposta.


Á hora de corrixir
Dar máis importancia ao contido e non tanto á forma.
Corrixir unicamente as faltas de ortografía que nese momento estea a traballarse ou ben outras previamente pactadas co alumno, alumna.
Utilizar cores alternativas a cor bermella para a correción ( os alumnos, alumnas asocian esta cor ao fracaso).

Observacións 

Un dos puntos máis importantes para favorecer a aprendizaxe é o  o éxito do alumno, alumna. Que o alumno, alumna poida desfrutar dos seus avances. Estes facilitarán a motivación, a persistencia no traballo escolar.
Unha escola inclusiva baséase en tres P: 
Unha escola inclusiva promove a atención á diversidade 
na aula coa :
       









       









       1º Presenza
                                              
                                  2º Participación como un máis
                                  3º Progreso na aprendizaxe
                               

O progreso tamén é un elemento clave para a  súa autoestima. 




Este artigo fíxose coa colaboración da mestra de Audición e Linguaxe Andrea. Moitas grazas pola gran aportación que fixeches a este artigo.