Mostrando entradas con la etiqueta Blog. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Blog. Mostrar todas las entradas

viernes, 1 de diciembre de 2017

15 Espacios para a Orientación educativa en Educación Infantil e Primaria

Desde o Blog orientapas, unha  comunidade de profesionais da orientación cun traballo colaborativo en rede temos a edición a V premios OrienTapas de Orientación educativa con TIC e en rede 2017 .
Desta lista seleccionaron 15 espazos con recursos para a orientación educativa en Educación Infantil e Primaria, candidatos na mención C1 destes premios.







Este blog está incluido dentro dos 15  espazos con recursos para a Orientación educativa en Educación Infantil e  Primaria.
Grazas polo recoñecemento do meu traballo, síntome moi motivada a continuar con este blog dentro da miña labor como orientadora, compartir e participar é moi enriquecedor a nivel profesional. Grazas a Alberto e Comunidade OrienTapas !
Quero felicitar a todos os compañeiros que están nesta lista así como aos outros candidatos ás outras categorías dentro destes premios deste ano 2017.
Agora o día 20 de decembro a coñecer aos gañadores. Felicidades!

viernes, 11 de diciembre de 2015

A Cur(r)ar contidos

A cur(r)ar entrada de Jesús Hernández na páxina colectivo orienta. Facendo unha réflexión sobre a importancia da curación de contidos no mundo docente.

Os docentes debemos curar contidos é preciso filtrar ante a avalancha de información debemos, para enriquecer os contidos, compartir con alumnos, alumnas e compañeiros e compañeiras.

A figura do orientador non se pode entender ser a curación de contidos.Debe ser un facilitador de información de calidade.

Os alumnos, alumnas entre tanta información deben aprender a separar a palla do trigo.

Páxina Colectivo Orienta  espacio para participar con reflexiones, experiencias, recursos sobre educación, diversidade e orientación 
Blog de Jesús Hernández. Crea y aprende con laura

viernes, 6 de noviembre de 2015

120 blogs de Orientación Educativa


Interesante recompilación de Blogs educativos, feita por o orientador Daniel Veiga.
Blogs de 1_ 100

Accede na imaxe

Blogs de 101_ 120

accede na imaxe

Compartido por: Titoriabarbon
Recollida no blog  orientacióncondesa

lunes, 15 de abril de 2013

LIEBSTER BLOG AWARD

Recibín unha sorpresa moi agradable cando atopei no meu correo a noticia de que Mónica Diz compañeira de orientación, concedeme un  premio simbólico polo meu  blog.
Onde recollo con moita ilusión materiais, artigos para compartir coa comunidade educativa pola que me movo.
Eu teño o teu blog enlazado http://monicadizorienta.blogspot.com.es/ dende que o visitei porque gustoume moito.
                                                            Grazas !!!





El Liebster Blog Award se concede entre blogueros con la finalidad de dar a conocer pequeños blogs, de menos de 200 seguidores. Al recibir el premio aceptas cumplir una serie de condiciones:


  • Nombrar y agradecer el premio a la persona que te lo concedió.
  • Responder a las once preguntas que te formule.
  • Conceder el premio a otros once blogs que te gusten y que estén empezando.
  • Formular once preguntas para que respondan los blogueros a los que premias.
  • Visitar los blogs que han sido premiados junto con el tuyo.
  • Informar a los blogueros de su premio.
As preguntas para cumplir as premisas : 

1. ¿Por qué decidiste crear un blog y cuándo empezaste?
Cando fixen o curso das Tics en Orientación. Animóume  ver que tiña moitas posibilidades así que empezei a recoller materiais. Teño que dar grazas ao profe do curso Daniel Veiga que trasmitiunos a importancia de compartir a través da web.

2. ¿Qué te aporta tener un blog?
O principal e ter materiais recollidos para acceder a eles con comodidade independientemente do Cole onde este ese día.

3. ¿Cuál ha sido el post de tu blog que más éxito ha tenido? ¿A qué lo atribuyes?
unha guía para pais, supoño que porque é práctica.
4. ¿Utilizas las redes sociales?
Si xeralmente pola noite para estar en contacto cos amigos,e tamén para actualizarme e recoller e compartir con outros profesionais da educación.

5. Para ti, ¿qué significa educar?

escoitar, ofrecer, compartir, favorecer ..... e  moito máis.

 6.  ¿Has vivido algún hecho importante a través del blog?

coñecer moita xente que traballa nos temas que a min me interesan, recibir ánimos para seguires explorando nas redes sociais con fins educativos.
7. ¿De dónde te nace la inspiración para escribir y continuar con el blog?

Ter o material de traballo organizado e  que sexa fácil de achegarse a súa lectura polos compañeiros, pais, alumnos  polas reforzos visuais que ofrece.



8. ¿Qué has aprendido a nivel personal o profesional en el último año?
O importante que é estar en contacto con outras persoas que traballan no mesmo ca ti.

9. ¿Cuál es tu frase favorita sobre educación?
La enseñanza que deja huella no es la que se hace de cabeza a cabeza, sino de corazón a corazón. Howard G. Hendricks
10. ¿Qué consejo darías a las personas sobre el mundo de los blogs?
 Nun principo pode dar pereza ou un pouco de intranquilidade non ter todo o dominio sobre o seu manexo pero que a pouco que se vaia probando os resultados son moi gratificantes.


11. Casi todos los que tenemos un blog, escribimos sobre lo que realmente nos gusta o motiva, ¿cómo le explicarías a alguien la importancia de la vocación por algo, de perseguir los sueños...?
o importante é dar pasos aínda que sexan pequeniños.... 
 Foi dificil facer a selección hai moitos blogs que visito, esta é a miña escolla de once blogs que me gustan 

Orienta 2 -                                                                                                

OrientaTierra  -                                                               

psicopedagogía y pedagogía -                                    

OrientaBibei

ACCESIBILIDAD E INCLUSIÓN-

Blog Orientación Educativa y Tutoria
                                                                                                     
LA BOTICA DEL ORIENTADOR 

con O de Orientación

http://www.didactmaticprimaria.com/

Nueve Letras

la diversidad enriquece

Departamento de Orientacion C.E.I.P. Otero Pedrayo

parabéns a todos!!!    





miércoles, 28 de marzo de 2012

Resumo e Comentario do documento de Mª Carmen Delgado


                          O  BLOG  ORIENTACIÓN
                                              Autoría: Mª Carmen Delgado Lendíne 



Neste artigo a autora sinala, a importancia das TICs no mundo da educación hoxe en día. Os orientadores temos que aproveitar as ferramentas que nos ofrecen para chegar de maneira máis eficaz ao alumnado e as súas familias. 
A través do blog pretende incorporar as TICs a labor orientadora, no análise das competencias a desenvolver fala de:

  • habilidades para buscar e obter información.
  • habilidades para transformar a información en coñecemento.
  • habilidades para comunicar a información.
os obxectivos do blog:


  1. Proporcionar ferramentas e información relevante para a toma decisións vocacionais, unha das ventaxas do blog é poder solventar dúbidas puntuais sen necesidade de concertar unha entrevista. Outra ventaxa é a actualización constante da información.
  2. Recopilar recursos, webs, ferramentas para a formación, materiais, etc. relacionados coa orientación e co mundo da educación en xeral. É de utilidade sobre todo se se utliza a subscripción a través das cales podemos recibir as novidades do blog, ben a través de notificacións ao correo electrónico ou mediante as fontes RSS, co conseguinte aforro de navegación.
  3. Pretende proporcionar aos titores, ao profesorado en xeral materiais para a acción titorial: técnicas de estudio, titorías interactivas, materiais sobre as probas de diagnóstico, educación en valores, convivencia. Recurso moi valioso por exemplo son as conferencias en vídeo.
  4. Obxectivo que foise impoñendo pola demanda dos usuarios é facer máis accesible a información acerca de as posibilidades que ofrece o nosos sistema educativo.
Con respecto a información que nos dá en este blog, paréceme amplia articulada é moi ben organizada sobre todo para os principiantes no tema dos blogs, de moita utilidade en xeral para toda a comunidade educativa.
A valoración que fai da falta de tempo, diversidade e amplitude de contidos dentro do mundo da orientación estou toalmente dacordo.
Salientar que o último comentario sobre a necesidade de fomentar o traballo colaborativo creo que é unha reflexión moi importante. 
Penso que é un paso máis avanzado, cando xa ti tes o blog estruturado e dinámico pero un paso importante é moi enriquecedor non só para os recursos materiais, senón é fundamentalmente para o apoio interpersoal nun frente común como é a abordaxe de tantos eidos que abarca o departamento da orientación dun centro. 




domingo, 25 de marzo de 2012

8 Motivos para crear o teu Blog

  8 motivos para crear o teu blog

No documento www.totemguard.com./aulatotem/8 motivos para crear tu blog. 
dá unhas razóns polas que ve o autor a necesidade por parte dos docentes para ter un blog educativo.
Os motivos que sinala son:
  1. Reflexionar a posteriori sobre a evolución do teu traballo e pensamento - xa que un blog é esencialmente un diario, permitindo valorar no tempo o traballo desenvolvido polo autor deste.
  2. Progresar nas competencias TIC - non se pode ignorar este tipo de tecnoloxías se se desexa participar e entender a evolución actual no campo educativo.
  3. Comunicar con outros profesionales da educación - iníciase un diálogo, reflexivo e crítico que axuda a mellorar.
  4. Conectar con alumnos e/ou pais - o blog  é proveitoso para crear un lugar de diálogo e conectar con os alumnos fora do horario lectivo. É moi motivador especialmente para os alumnos que non participan na clase. os pais tamén coñecen mellor ao orientador.
  5. Mellor presentación oral e escrita - mellora a forma de explicar calquer concepto aos alumnos, docentes o para para que poidan entendelo claramente. 
  6. Desenvolver o teu lado creativo - se escribes no blog con frecuencia descubres que has de buscar maneiras creativas de articular ideas ou mensaxes.
  7. Expandir oportunidades profesionais - cando publicas creas unha pegada dixital. Se desexas dar a coñecerte profesionalmente e contribuir ao diálogo educativo do momento o blog é de grande utilidade.
  8. Cambiar a imaxe pública do docente.
Considero que as razóns ou motivos que da o autor están ben definidos é son claros sobre as posibilidades que brinda tanto a nivel persoal, cando fala do desenvolvemento do lado creativo, da expansión de oportunidaes profesionais; como do desenvolvemento profesional para un orientador/a.
Analizando dende clave orientadora, todos estes motivos son aproveitables e moi válidos para mellorar no traballo diario. Por outra banda é certo que afacerse a empregalo con certa regularidade, analizar o tempo que leva o elaborar presentacións, artigos etc. se en principio non debe ser un impedimento para descartar este recurso; se hai que telo en conta é prever cando un ponse mans a obra no desenvolvemento do teu blog. Penso que tanto a planificación, organización como constancia para conseguires pouco a pouco sentirse cómodo/a no manexo dun blog, son aspectos fundamentais.    
Verse reflexar o que ti fas, o plantexamento do traballo do departamento nas públicacións, artigos, ... é un obxectivo que debería compensar o traballo que conleva ter o blog.