jueves, 26 de mayo de 2022

Pautas para favorecer o pensamento flexible do teu fillo, filla

A flexibilidade mental é a capacidade de modificar os pensamentos e a conduta en función das demandas do ambiente. É a habilidade para percibir diferentes puntos de vista e xerar opcións e alternativas cando a nosa idea inicial xa non funciona.

O pensamento flexible é a habilidade de cambiar de enfoque rapidamente e atopar novas maneiras de resolver os problemas.

Os nenos que teñen dificultade co pensamento flexible adoitan ter problemas para lidar cos cambios.

A miúdo quedan atrancados e non entenden o porqué.

Os nenos con dificultades do pensamento flexible moitas veces  tentan a mesma estratexia unha e outra vez, mesmo se non funciona. A miúdo, frústranse e anóxanse.

Estes son algúns comportamentos que vostede podería observar na casa e na escola: 

  • Non aceptar as ideas doutras persoas.
  • Discutir o mesmo asunto unha e outra vez.
  • Frustrarse cando cousas insignificantes saen mal.
  • Repetir os mesmos erros.
  • Non seguir novos horarios.
  • Sentirse ansiosos cando hai cambio de plans.
  • Dificultade para empezar tarefas novas e máis complicadas.
  • Dificultade para cambiar dunha actividade a outra.
  • Molestarse cando outros non seguen as regras.
A flexibilidade cognitiva os motiva a buscar alternativas en lugar de quedar estancados na  negatividad e fomenta a tolerancia e a comprensión cara aos demais. En definitiva: potencia o desenvolvemento de infantes máis autónomos, creativos, felices e sans. 


                            imaxe de birgl en Pixabay.com. birgl



Como axudar aos nenos co pensamento flexible

- Unha maneira é dividir as tarefas en partes máis pequenas. Darlles esta información por adiantado pode axudar aos nenos para saber que esperar. Tamén lles proporciona pasos específicos a seguir, fomentando a súa autonomía.

- Outra maneira é axudar aos nenos a planificar como abordarán as tarefas ou os problemas. Pídalles que pensen en que outra cousa poderían tentar se a súa primeira estratexia non funcionou. Vostede tamén pode darlles ideas. 
O traballo da flexibilidade demóstralles que hai opcións, outras posibilidades e isto vai  reducir a súa ansiedade.

- Axúdao a buscar unha solución diferente ante unha frustración. 
- Ante o enfado cun amigo, ínstalle a tratar de imaxinar o que pensa e sente o seu amigo.
- Se se atopa triste, móstralle como pode cambiar o seu estado de ánimo cambiando os seus pensamentos.
- Aproveita calquera circunstancia cotiá para analizar xuntos diferentes perspectivas. 
- Axúdao a fomentar a súa creatividade e a súa imaxinación, e a pensar diferente 



https://eresmama.com/potenciar-flexibilidad-psicologica-hijos 

https://www.understood.org

https://www.etapainfantil.com