viernes, 9 de febrero de 2018

Guía: que podemos facer para que os cambios non nos superen

Chega a mocidade que funciona con eles:
  • Ter paciencia.
  • Falar, falar e falar. É importante manter a comunicación aberta: Busca o momento e o lugar para falar.
  • Utiliza formas e tons adecuados.
  • Concreta ao máximo os acordos: que ten que facer, cando, como.
  • Se non se cumpren, pide explicacións e aplica as consecuencias negociadas.
  • Felicita o cumprimento dos compromisos.
  • Eloxiar, halagar: Fíxache nos seus esforzos e en todo o bo que fai.
  • Coñecer e supervisar o que fan, con quen o fai e o uso do tempo libre.
  • Ser consistente: Establece normas e límites claros sobre o que se pode ou non facer.
  • Facer que asuman responsabilidades e confiar na súa capacidade para tomar as súas decisións.
  • Compartir actividades. Pasalo ben xuntos.

 enlace a descarga da guía
 
Temas:

  • Familias diversas, dificultades diversas, solucións diversas.
  • Fomentando os bos hábitos entre homes e mulleres desde a familia.
  • Cando Papá e Mamá sepáranse. Consellos prácticos.
  • Chegou a adolescencia e agora que.
  • Consellos de adolescentes aos seus pais/nais.
  • Previr o consumo de drogas desde o medio familiar.
  • Coidarse para coidar.
  • Deixa de sufrir, comeza a vivir!!!



Este documento foi elaborado por profesionais da Psicoloxía dos Centros Municipais de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Granada 
FAMILIA, BENESTAR SOCIAL, IGUALDADE, EDUCACIÓN E MOCIDADE. CONCELLO DE GRANADA





jueves, 8 de febrero de 2018

Apps para Dislexia II

Galexia é un xogo educativo para mellorar a dislexia, fluidez lectora e dificultades na fala gratuito para todas as persoas de todas as idades. 
Tablets e móbiles en android.
Galexia é unha app que está baseada no traballo de investigación (Serrano e cols., 2012). neste traballo sinal que a dificultades para a letoescritura son: 
1. Problemas de procesamento fonolóxico, especialmente de conciencia fonémica.
2. Dificultades no recoñecemento de palabras, lectura e escritura.
3. Dificultades de precisión e fluidez lectora.



A aplicación foi avalada en numerosos colexios pos profesores e expertos en dislexia. O usuario durante 24 sesións de xogo con diversas actividades e minixogos desenvolverá a aprendizaxe e mellora da fluidez lectora.








 Alex 2  proposta interactiva para la lectura en        diferentes niveis con guía de uso






Conto "la máquina de escribir" este conto rinde homenaxe as creatividade e a ilustración como principais ferramentas de comunicación á hora de contar historias.







KATALUGA - 2.0  un programa con exercicios deseñado para tratar a dislexia e outros problemas de adquisición da lectura e a escritura.
As actividades expoñense mediante sons, voces , texto e imaxes. 







Aplicaciones competencia-lectora
Este é un programa de adestramento para aquél que queira mellorar en aspectos como a velocidade, comprensión, ortografía. Hai que porñerse obxectivos para 2 / 3 veces ao día 3/4 días da semana. Cada sesión dura 3 minutos, onde aparecen na pantalla monosílabos, bisílabos, trisílabos, .... conforme se vai avanzando na velocidade.  Está aplicación dispón de videotitoriais e guías.




      App Dislexia exercicios prácticos dislexia disoñible para          dispositivos iOS.









 


 Busca as letras para dispositivos iOS. Traballa a percepción visual e espacial .














Enlaces relacionados
educación 3.0 / recursos/recursos-trabajar-dislexia
http://www.aulaplaneta.com recursos dislexia
www.ladislexia.net
crea y aprende con Laura


viernes, 2 de febrero de 2018

Guía para a detección do Maltrato Infantil

Esta Guía permite identificar posibles situacións de malos tratos e notificalas ós servicios de familia, infancia e menores das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, co obxecto de inicia-lo proceso que permita verificar a existencia ou non de maltrato e, se é o caso, emprender as accións necesarias para protexer axeitadamente ós menores implicados.
Para que un neno en situación de desprotección poida ser protexido e tanto el como a súa familia reciban os apoios necesarios para cambiar esa situación, é condición necesaria que alguén se percate de que se está a producir tal circunstancia. En xeral, o menor – sobre todo o neno - que sufre desprotección ou maltrato, non está en condicións de solicitar axuda ou protección.


ÍNDICE 
I. Definición de malos tratos á infacia. As diferentes manifestacións. ..... 9 
1.Maltrato físico..............................................................................10
2. Abandono físico ou neglixencia......................................................11
3. Maltrato emocional. ....................................................................11 
4. Abandono emocional. ............................................................ .....12 
5. Abuso sexual. ............................................................................ 12 
6. Abandono.................................................................................. 13 
7. Explotación laboral. .................................................................... 13 
8. Corrupción. ............................................................................... 14 
9. Maltrato prenatal........................................................................ 14 
10. Síndrome de Munchaüsen por poderes. ....................................... 14 
II. Indicadores de maltrato e abandono infantil. ................................. 15 
1. Cadro de indicadores de malos tratos á infancia. ............................ 16 
2. Requisitos para sinala-la existencia de maltrato.............................. 18
III. Detección e notificación. ........................................................... 23 
1. Obxectivos. ..............................................................................  23
 2. Información a obter. ................................................................. 23 
3. Métodos de recollida de información. ...........................................  25 
4. O papel dos profesionais na detección e notificación.......................  25 
IV. Follas de notificación................................................................. 29 
1. Folla de notificación (xeral)......................................................... 29 
2. Folla de notificación de risco e maltrato infantil desde os Servicios de Familia, Infancia e Menores...31 
3. Folla de notificación de risco e maltrato infantil desde o ámbito sanitario...........37 
4. Folla de notificación de risco e maltrato infantil desde o ámbito escolar............. 43 
5. Folla de notificación de risco e maltrato infantil desde o ámbito policial.............49 
6. Folla de notificación de risco social na embarazada e no acabado de nacer......... 55

accede a guía pdf.

Folla de notificación de risco e maltrato infantil desde o ámbito educativo.

Entrada completa de Mónica Diz con direccións e máis documentos relacionados co maltrato.

Inclusión Educativa: Lectura Fácil

Dentro da colección Guías prácticas para a inclusión educativa, editadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
está a guía "Léctura fácil"
A lectura fácil é unha forma de facer máis accesible a información a persoas que teñen dificultades lectoras transitorias ou permanentes. 
A lectura fácil queda definida como a adaptación que permite unha lectura e unha comprensión máis sinxela. Está definición parte da idea de que non é suficiente que o texto sexa lexible ( por exemplo cunhas letras de maior tamaño), senón que tamén debe ter unha estrutura e un vocabulario que favoreza o entendemento do contido.


A lectura fácil é unha ferramenta inclusiva. Facilitando o acceso á lectura e á información das persoas. 
Na escola a aplicación da pautas de redacción e deseño para unha lectura fácil, pode permitir a creación de materiais adaptados para alumnos con maiores dificultades  ou que necesitan actividades de reforzo. Trátase de crear textos atractivos de diversos tipos que cambien a visión do alumno, alumna cara a lectura: de reto a apoio.  
Prácticas didácticas con lectura fácil como na elaboración carteis informativos do centro, na adaptación de probas ou exames, na adaptación de textos literarios, notas informativas para as familias, carteis expositivos acerca dun tema, dossier con noticias, etc.
Lonxe de percibirse como unha técnica que pode crear acomodamento, hai que expola como un instrumento que motive as persoas con máis necesidades de apoio para avanzar. 
Ademais, por extensión, redundará nunha maior capacidade destas persoas para o desenvolvemento autónomo na vida adulta.



Índice
Introdución á lectura fácil
Pautas para textos de lectura fácil
Exemplos prácticos de lecturas fáciles para escolas e institutos
Comprobación de textos de lectura fácil
Epílogo
Referencias Bibliográficas

Autor del texto Oscar García Muñoz


Enlace á guía Lectura fácil en pdf 
Diccionario lectura fácil e con audio.
Recursos na páxina Asociación lectura Fácil
Aplicación con libros educativos e lecturas  para o tempo de lecer app Léelo fácil
Plena Inclusión con web Web Léelo fácil
Artigo en marcha con las tic.educarex.es