jueves, 26 de abril de 2018

TDAH e as dificultades de relacións cos compañeiros

A sintomatoloxía de inatención e hiperactividade inflúe negativamente na conduta social de nenos, nenas con TDAH. As deficiencias na comprensión de indicadores ou craves para o correcto desenvolvemento das interaccións sociais unidas á excesiva impulsividade que experimentan contribúen ao rexeitamento por parte do grupo de iguais. Entre un 50 e un 70 por cento de nenos, nenas con TDAH presentan dificultades na relación social cos seus compañeiros, e os problemas sociais incrementan o risco de sufrir alteracións emocionais e conductuais ao longo do seu ciclo vital.

"As investigacións futuras haberán de considerar máis variables capaces de influír na adaptación social dos nenos, nenas con TDAH, como os déficits na regulación emocional" detallan os especialistas.
Estas dificultades provocan situacións conflitivas, o que desencadea en rexeitamento social, principalmente dos seus iguais ( non contan co neno, nena en actividades grupais, é elixido o último ao facer grupos, et. ) e percepcións máis negativas dos adultos cos que se relaciona.


Algnhas das causas que provocan o rexeitamento das actividaeds dos seus compañeiros son :
  1. O exceso de actividade motriz, que interfire no desenvolvemento das actividades dos demais.
  2. A falta de inhibición lévalles a realizar comportamentos inadecuados, xeralmente esaxerados ou fóra de contexto.
  3. A falta de control motor confúndese con brusquidade.
  4.  Son valorados como incontrolables ou mesmo violentos debido á frecuencia con que teñen accidentes ou problemas.
  5. As súas emocións adoitan ser desaxustadas e extremas.
Todo isto ten como consecuencia que sexan considerados persoas torpes, agresivas, desafiantes, malos estudantes, incontrolables, mal educados, et.

Ademais
Son rexeitados polo seu grupo de iguais xa que non comprenden a súa forma de actuar nin que é algo involuntario e moi complicado de controlar para o neno TDAH.
Pode mesmo producirse un illamento voluntario por parte do neno, nena ao sentirse rexeitado polos compañeiros.
Poden desenvolverse niveis altos de baixa autoestima, pobre autoconcepto, tics, baixo estado de ánimo, et.

Os psicólogos consideran que as intervencións para nenos con TDAH e problemas nas habilidades sociais deberían orientarse cara o deseño de programas que promovesen o adestramento en diferentes compoñentes executivos ( inhibición, memoria de traballo, planificación, flexibilidade e atención) co fin de promover comportamentos socialmente desexables, a través de actividades de cognición social como:
- Ler craves sutís na interacción social
- Utilización axeitada do tempo e das pausas e da súa intensidade.
- Aprender a esperar a quenda
- Saber iniciar o tópico e mantelo
- Cando debe cambiarse o tema dunha conversa
- Ser capaz de recoñecer as expresións emocionais doutras persoas.

Así mesmo , os programas deseñados para incrementar a interacción social deberían contar coa participación do neno, nena en múltiples contextos co fin de xeneralizar comportamentos sociais máis adaptativos e involucrar a compañeiros, mestres, comunidade educativa e familiar.







enlaces relacionados
www.comunidad-tdah.com 
www.fundacioncadah.org
familia-padres-hijos/abci-tdah-ninos-



martes, 24 de abril de 2018

Circulos de diálogo

As prácticas restaurativas permiten un enfoque preventivo para a Convivencia escolar. Teñen os seus inicios ala polos anos setenta, se seguen aplicando en  proxectos educativos de centros.
Os elementos que se  traballan como  o respecto a outro, respecto á diferenza, o desenvolvemento da empatía coa escoita activa, a participación na toma de decisións, búsqueda de solucións entre todos, recoñecer as consecuencias dos seus actos son elementos fundamentais  dun programa para a educación emocional nos centros educativos.

Un ambiente escolar positivo, precisa que os alumnos se síntan partícipes, e nestos centros educativos o desenvolven a través de momentos de diálogo coa escoita activa, a participación de todos nun mesmo plano e a comunicación respectuosa e non violenta 

Elementos dun circulo de diálogo: 
persoa facilitadora que pode intervir cando o considere preciso, o papel das persoas facilitadoras é a de acompañar as diferentes intervencións, acompañar as intervencións e axudar a clarificar e concretalas.
Os círculos se desenvolven en función das necesidades do grupo
Mª Asunción Gallardo do CEIP Gabriel Vallseca (Palma de Mallorca) no seu artigo na revista Convives, sinala diferentes círculos como: o de entrada, de saída e conclusión, proactivos, de coñecementos previos dun tema, de resolución de conflitos, de avaliación.

                              imaxe do artigo de Vicenç Rul-lan e Ángels Grado no
                              diario da educación  sobre prácticas restaurativas
                         

A escoita dos alumnos de como se sentiron nesa situación, do que pensan, do que lles gustaría, supón establecer relacións afectivas positivas dentro da comunidade fai que a implicación e responsabilidade no centro sexa maior.

Tamén están os círculos restaurativos estes se dan cando hai un conflito. O foco dunha intervención restaurativa non se centra tanto no incumprimento dunha norma como na intervención cando ten que repararse un dano causado.
Lourdes Otero, orientadora no IES Neiras Vila (A Coruña) no seu artigo na revista Convives, sinala: "os círculos restaurativos permiten actuar sobre máis individuos a diferencia da mediación que se hace entre pares. Abren a posibilidade de que a participen máis persoas que se ven afectadas por unha mesma situación problemática."

acccede a revista aquí: convivesenlaescuela.blogspot.com.es

Nesta Infografía vemos como se leva a cabo  un círculo de diálogo

martes, 10 de abril de 2018

PRACTICAS RESTAURATIVAS E CONVIVENCIA

Artigo da revista Convives nº 21 onde se fala da xustiza restaurativa que implica prácticas restaurativas.
Ted Wachtel, presidente e fundador do Instituto Internacional de Prácticas Restaurativas, parte dunha hipótese fundamental : Os seres humanos son máis felices, máis cooperativos e produtivos, e teñen máis probabilidade de facer cambios positivos no seu comportamento cando os que están en posicións de autoridade fan cousas con eles, en lugar da eles ou para eles”.

As practicas restaurativas evitan recrearse nos feitos, xa que eran coñecidos por todas as persoas presentes, e céntrase en como afectaron a outras persoas e nos sentimentos que desencadearon. Isto provoca un impacto emocional que permite a reparación e a recuperación da tranquilidade e dun benestar que se rachou. Motivación para a mellora da conduta.

O artigo fai diferenza entre xustiza retributiva que baséase na identificación do culpable, a explicación precisa dos feitos, a concreción da norma infrinxida e, ca determinación da consecuencia Mentres que a xustiza restaurativa céntrase na identificación e o rexeitamento da conduta desafiante e na reparación do mal provocado na persoa ou persoas afectadas. A partir do sucedido, promóvese escóitaa e a expresión de sentimentos e necesidades, inclúese a empatía e se determinan os recursos, os espazos e os prazos para cumprir os acordos, despois de visualizar un escenario de cambio.
 
Se sinala a importancia da escoita activa, a expresión das emocións e sentimentos xurdidos durante o conflito coa inclusión de todos nesta xuntanza, isto implica o rexeitamento do acto en si pero non da persoa.
Desde a perspectiva restaurativa valoran  a participación, escoita, a responsabilidade, a expresión de sentimentos e necesidades, a inclusión de todos os membros da comunidade, o rexeitamento do acto pero non da persoa...; son principios que favorecen sentimentos de benestar e de reparación, e percepción de xustiza real.





Cando é necesario un cambio de conduta coñecemos que o medo que  provocan  as consecuencias de facelo moitas veces fai que está non se produza. 
Pero hai unha maneira de traballo de modificación de condutas que vai máis aló da consecuencia e que ten que ver coa motivación interna de cada un.
Se ben nun principio está ten que ser desenvolvida a través dos valores e actitudes como a empatía, respecto ao outro, habilidades sociais, resolución de conflitos, que se traballen na escola e tamén na familia de aí a importancia da relación e fluidez de comunicación entre ambos.

Como di a autora deste artigo o adestramento na mirada cara ao outro e o autocontrol aplicado en base a esa mirada fará que a conduta desenvlvida  sexa por decisión propia e non por mor as consecuencias ou criterios doutra persoa.

autora do artigo Ángels garcía Cunyat
Membro do Servizo de Mediación Escolar do centro e da Associació de Justícia i Pràctica
Restaurativa de lles Illes Balears. Profesora de Lingua Catalá e titora nun instituto público.

 Enlace á revista que é un monográfico sobre prácticas restaurativas e convivencia

Convives revista