martes, 5 de diciembre de 2023

Guia do Xogo e o Xoguete

Os produtos recomendados nesta Guía foron sometidos a exhaustivos estudos para demostrar a súa adecuación ao uso e o seu valor psicopedagóxico e lúdico.

Non podemos afirmar que os incluídos nesta Guía son os mellores produtos do mercado, pero si que todos os recomendados nela son produtos que superaron satisfactoriamente os estudos pertinentes.







Enlace para a súa descarga 


Recomendacións prácticas para as Familias

- Teña en conta a idade e o nivel de madurez do neno, nena e escolla os xoguetes adecuados as súas preferencias e necesidades.

- Regale xoguetes suficientes e variados que desenvolvan funcións diferentes e que sirvan para estimular a imaxinación e creatividade ou calquera aspecto da personalidade e sen facer distincións en canto a sexo.

- Non compre os xoguetes que os nenos, nenas solicitan sen comprobar a súa idoneidade. 

- Dialogue cos seus fillos ou cos seus alumnos, para axudarlles a ter unha visión crítica do que ven e observan.
 
- Eduque aos nenos para que se responsabilicen da orde e coidado dos seus xoguetes.
 
- Fomente o intercambio de xoguetes que os seus fillos xa non utilizan con outros nenos, nenas da súa contorna (familiares, veciños, amigos, compañeiros).

Non esqueza que o mellor xoguete que se pode regalar a un neno, nena é o tempo dos seus pais, nais.



A Convención sobre os Dereitos do neno e nena


A Convención sobre os Dereitos do Niño (CDN) é o tratado internacional de dereitos humanos que se centra nos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes (menores de 18 anos).
Os 54 artigos que compoñen a Convención recollen os dereitos económicos, sociais, culturais, civís e políticos de toda a infancia. A súa aplicación é obrigación dos gobernos, pero tamén define as obrigacións e responsabilidades doutros axentes como os pais e nais, profesores, profesionais da saúde, investigadores e os propios nenos e nenas.

Cales son os principios desta convención ?
  • Non discriminación: todos os nenos e nenas teñen os mesmos dereitos, non importa a súa cor de pel, a súa relixión, a súa procedencia ou as ideas dos seus pais.
  • Interese superior do neno: calquera decisión, lei ou política que poida afectar a un neno ou nena ten que ter en conta que é o mellor no seu caso.
  • Dereito á vida, a supervivencia e o desenvolvemento: todos os nenos e nenas teñen dereito a vivir e a alcanzar o seu máximo potencial na vida.
  • Participación infantil: nenos, nenas e adolescentes teñen dereito a ser consultados sobre as situacións que lles afectan e a que as súas opinións sexan tidas en conta.

A Convención a ratificaron 196 Estados

Enlace relacionado https://www.unicef.es
Cuentos para charlar sobre os dereitos dos nenos :