Mostrando entradas con la etiqueta Discapacidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Discapacidade. Mostrar todas las entradas

sábado, 7 de diciembre de 2019

Guía para la inclusión: Escola Inclusiva

“Unha escola de calidade é a que favorece o desenvolvemento das competencias cognitivas, afectivas, sociais, estéticas e éticas de todos os seus alumnos e alumnas,
vela polo seu benestar emocional, busca estratexias para responder á súa diversidade persoal e cultural, procura elaborar un proxecto colectivo no que a comunidade educativa participe e senta comprometida, e establece relacións con outras escolas e institucións
para o logro destes obxectivos.” 
 (Marchesi e Martin, 2014)
                                                                                                          

Esta guía dirixida está especialmente aos e as docentes de Educación Infantil, e Primaria e Secundaria Obrigatoria. Nela concretamos claves para facilitar a reflexión e algunhas pautas para a posta
en práctica.



Sabemos que avanzar nunha escola inclusiva é a ferramenta máis poderosa para construír unha sociedade inclusiva, xusta e cohesionada. Para o alumnado con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento é, fundamentalmente, un dereito, que obriga a concibir a educación desde unha nova perspectiva: posibilitar as mesmas oportunidades de aprendizaxe e desenvolvemento a todo o alumnado. 




Edita : FEVAS Plena inclusión Euskadi Asociación vasca de entidades a favor de las personas con discapacidad intelectual 

domingo, 6 de noviembre de 2016

APP para persoas con deficiencias auditivas


É unha app que converte as frases pronunciadas por un falante na linguaxe de signos. O encargado de mover os brazos e facer xestos para traducirlle á persoa con problemas auditivos é Hugo, un avatar 3D que se encarga de transmitir as mensaxes. Desta forma con só un smartphone ou unha tablet polo medio flúe a comunicación sen problemas.
Polo momneto Hand Talk só pode traducir do portugués de Brasil á linguaxe de signos nacional.
Outra aplicaión é Visualfy, por exemplo, cambia as notificacións da túa smartphone, para que no momento de identificalas por un son concreto, as distínga por un zumbido en especial ou unha marca visual.
app "Glide" de mensaxería en vídeo,e tamén ten moito éxito entre as persoas con deficiencias auditivas noutros paises.

enlace ao artigo http://www.educa2.madrid.org


acceso á descarga

jueves, 7 de abril de 2016

Guía para a Educación Inclusiva: mellorando a aprendizaxe e a participación

Terceira edición de Index for inclusión, esta nova edición plantexa unha revisión das anteriores desde unha óptica máis globalizadora.
é un conxunto de materiais de apoio á auto-avaliación de todos os aspectos dun centro escolar, incluíndo as actividades no recreo e nas aulas, así como nas comunidades e no contexo no que se atopa. Anímase a que todo o persoal, pais, nais, titores así como aos propios estudantes( sexan nenos, nenas, mozos ou mozas segundo o caso) contribúan a implementación dun plan inclusivo. 

Índice:
1. Visión xeral da Index
2. Enfoque integrado para a mellora escolar no teu centro
3. Usar a Index para pasar a acción 
4. Indicadores con preguntas
5. Marco de planificación e cuestionarios
6. Recursos

Páginas desdeIndexLibroAgosto
 accede ao documento neste enlace

traducida polo Consorcio para la educaión inclusiva.
esta guía foi editada por FUHEM education e a Organización de Estados Iberoamericanos para la Educación, la Ciencia y la Cultura ( OEI)


compartido por : blog.educalab.es/cniie

Películas sobre Discapacidad

Películas para tratar o tema na aula
Like stars on hearth pelícua moi emotiva sobre un neno de 8 anos con dificultades de aprendizaxe e que a súa contorna parece non comprender. Pero algo está a piques de cambiar cando o profesor de arte fíxase en el.

Me llaman Radio una película baseada en feios reais narra a relación dun adestrador de fútbol e un mozo con discapacidad intelectual. De 12 anos en diante.

Yo soy Sam el padre Sam con discapacidad intelectual debe loitar para ter a custodia da súa filla pequena e defendr os seus dereitos como pai.

Rojo como el cielo a causa dun accidente un neno sofre unha lesión cerebral que lle supoñera unha ceguera crónica. será capaz de vencer as dificultades que iso supón?

Yo también habla dunha historia de amor, onde o seu protagonista Daniel ten síndrome de Down, o que permite abrir o debate sobre discapacidad e como está afecta ás relacións persoais. non recomendada para menores de 12 anos.

   
                              



Un mundo a súa medida  o importante non é ser iguais o importante é formar un bo equipo!. Dous adolescentes que se complementan á perfección aprenderán a superar xuntos diferentes adversidades.

El octavo día dous mundos atópanse nesta película un home Georges, con síndrome de Down e Harry un executivo, que non imaxina canto poderá aprender de Georges.

Rain man o protagonista desta historia é Raymond, un home con síndrome de Savant, que consiste nun tratorno de espectro autista que se caracteriza por presentar unha memoria prodixiosa e outras habilidades inusuais.

compatido por : educacionysolidaridad.blogspot.com.






domingo, 3 de enero de 2016

Xogo, xoguetes e discapacidade

Esta publicación forma parte dos resultados do proxecto " Nueva herramienta documental para el diseño de juguetes accesibles" financiado por IMPIVA( fondos FEDER) y desenvolvido por AIJU.

Índice
Todos os nenos, nenas necesitan xogar 
Por que investigar sobre xogo e discapacidade?
Son accesibles os xoguetes do mercado?
Selección e adaptación dos xoguetes para nenos, nenas con discapcidade
Xogo e discapacidade física e sensorial
Xogo e discapacidade visual
xogo e discapacidade  auditiva
Xogo e discapacidade motora

Xogo e discapacidade intelectual
Conclusións e recomendacións xerais
Bibliografía



O xogo permite desenvolver a propia capacidade física e mental.
É unha fonte de autoafirmación, satisfacción e pracer.
Xogar significa ser activo e prepararse para a vida adulta.
Sen dúbida unha carencia importante de xogo na infancia ocasionará un desenvolvemento incorrecto e incompleto da personalidade do neno nena.

enlace a guía en pdf.
Instituto tecnolóxico do Xoguete AIJU 

martes, 8 de diciembre de 2015

Dí CAPACIDAD

Iniciativa Di capacidad.  los alumnos con discapacidad aparecen con un amplio abanico de potencialidades, capacidades y habilidades para hacer otras muchas cosas.
Se van a utilizar 3 hastang. Anímate a participar.




Enlace Blog:  siesporelmaestronuncaaprendo.

lunes, 4 de marzo de 2013

Guia didáctica da discapacidade para primaria

Esta é unha guía de actividades para alumnos de primaria,  ten como finalidade desenvolver  actitudes non discriminatorias e favorecer as relacións interpersoais positivas.
O primeiro dos obxetivos é tentar facerlles comprender aos nenos e educadores en xeral os problemas que expoñen os diferentes tipos de discapacidade e como podemos enfrontarnos a eles dunha forma lúdica e
divertida. O segundo obxectivo sería o de poñer en mans dos educadores un instrumento para comprender e ensinar un aspecto da vida cotiá pouco tratado ata o de agora a nivel pedagóxico, como é a Discapacidade, sensibilizando á sociedade en xeral e en particular aos que toman decisións (políticas, económicas e sociais).
. 






Autores: Rafael Gabás y Mariano Monreal
edita. Departamento de Servicios Sociales y Familia del Gobierno de Aragón