A Avaliación é un elemento dentro do proceso ensinanza aprendizaxe para facilitar a respuesta axeitada no avance cara a aprendizaxe. Por iso e necesario desenvolver unha avaliación contextualizada, centrándonos máis no proceso que no resultado. Cando queremos avaliar a un alumno, alumna temos que considerar os factores que inciden no momento.
Dividimos es distintos aspectos para ver con máis detalle:
Tempo e Distribución
Permitir descansos durante a proba
Considerar o momento do día no que se fai a proba
Evitar que o alumno teña máis dunha proba por día
Presentación e Formato da proba
Expor alternativas complementarias de avaliación á proba escrita dependendo das características do alumno:
Proba oral, Proba tipo Test.
Nas probas escritas
Cantidade e deseño
- Aumentar o espazo entre exercicios
- Reducir o número de exercicios por páxina
- Reducir exercicios ou apartados ( hai que controlar a cantidade de tarefa de modo que non lle supoña máis tempo que aos demais).
Enunciados
- Enunciados curtos, preferiblemente cunha oración en cada liña.
- Resaltar as palabras ou oracións crave das instrucións (subliñar, negrita)
- Volver a escribir as instrucións en cada nova páxina se o exercicio continua. Preguntas
- Utilizar preferentemente preguntas que impliquen respostas de clasificar, relacionar, verdadeiro/falso.
- Completar frases cunha ou dúas palabras, en lugar de preguntas que esixan redactar.
- Presentar preguntas da proba por escrito ( non ditar).
- Se houbese textos fragmentalos en pequenas partes e intercalar as preguntas de comprensión, ou numerar os parágrafos do texto. Formato
- Aumentar o tamaño da letra ( entre 14 e 18 puntos).
- Aumentar o entreliñado.
- Escribir en negro sobre o papel de cor crema.
- Usar tipografías de pau seco, como Arial , Verdana, Helvética. Evitar cursiva e o texto xustificado.
Instrucións para
realizar a proba
Realizar unha lectura previa da proba por parte do profesorado.
Asegurarnos de que comprendeu o enunciado de todas as preguntas.
Forma de respuesta
Se ten que escribir ofrecerlle unha pauta.
Poñer un exemplo ou modelo para facilitar a resposta.
Á hora de corrixir
Dar máis importancia ao contido e non tanto á forma.
Corrixir unicamente as faltas de ortografía que nese momento estea a traballarse ou ben outras previamente pactadas co alumno, alumna.
Utilizar cores alternativas a cor bermella para a correción ( os alumnos, alumnas asocian esta cor ao fracaso).
Observacións
Un dos puntos máis importantes para favorecer
a aprendizaxe é o o éxito do alumno,
alumna. Que o alumno, alumna poida desfrutar dos seus avances. Estes
facilitarán a motivación, a persistencia no traballo escolar.
Unha escola inclusiva baséase en tres P:
Unha escola inclusiva promove a atención á
diversidade
na aula coa :
1º
Presenza
2º Participación como un máis
3º Progreso na aprendizaxe
O progreso tamén é un elemento clave para
a súa autoestima.
Este artigo fíxose coa colaboración da mestra de Audición e Linguaxe Andrea. Moitas grazas pola gran aportación que fixeches a este artigo.