En educación hai que ter preparados modelos de acción, non improvisar en problemas complexos coma este.
No acoso hai 3 protagonistas : o acosador, o acosado e os observadores e hai que ter actuacións para os tres protagonistas implicados.
Medidas educativas para : O acosador facelo cambiar a súa conduta, a acosado apoialo e aos observadores facelles ver que coa súa actitude poden facer cambiar moito as cousas e que esto non suceda.
Con respecto aos protocolos, hai que ter claro as responsabilidades de cada quen:
A dirección, O Claustro, O titor, o mestre da súa aula, O Departamento de Orientación. Alumnos, Pais e nais, Administración Educativa.
Un programa que ten resultados exitosos Kiva (Finlanida) se centra no grupo que é onde están os espectadores que coa súa actitude están a valorar que non ten importancia o que esta a pasar, esto fai que se convirtan en apoios ao agresor. O Obxectivo concienciar das accións do grupo e defender e apoiar a vítima.
No artigo de Ana Jack Torres na Prensa en la escuela de la Voz de Galicia.
Sinala o difícil de detectar e complicado de demostrar que é o acoso escolar .
Este amarga os anos escolares da vítima e condiciona o seu equilibrio psicolóxico.
Accións fundamentais: Sensibilizar e informar.
As familias teñen moto que aportar xa que son elas as que ofrecen ao seus fillos, fillas os primeiros modelos de comportamento social.
Estos dous artigos dannos unha visión do complexa que é a situación de acoso, polo número de implicados na situación que teñen que estar concienciados do problema e remar na mesma dirección, coa mesma actitude para facerlle fronte.