Cando estes problemas de coordinacción interfiren na vida académica e no seu desenvolvemento social, falamos de Síndrome do neno torpe ou Dispraxia.
Estímase co o 6% dos nenos, nenas entre 5 e 11anos sofren Dispraxia en maior ou menor incidencia.
Non tende a empeorar co tempo, pero mantense na idade adulta senón se trata.
Os síntomas están presentes xa dende a etapa temperá na vida do neno pero soe diagnosticarse a partir dos 5 anos.
Características da torpeza motora que presenta:
- Empregan os uteis, tesoiras, coitelos, lápis, etc. de maneira inadecuada.
- Presentan dificultades para manexar obxectos: pelotas, xogos de construcción.
- Son máis frecuentes as alteracións das praxias, movimientos ou accións planificadas cun fin determinado que coa repetición se automatizan.
- A falta de habilidade manual tamén se presenta no debuxo e na escritura.
- Pode expresarse en forma de dislalias e trastornos articulatorios.
- Pode manifestar hipotonía muscular (flacidez).
- Trastornos do esquema corporal, incapacidade para recoñocer partes do corpo, para lograr a lateralidade.
As habilidades afectadas pola Dispraxias abarcan:
1 Comunicación- dificultades en diferentes aspectos da fala. Problemas para pronunciar, para expresar ideas, tamén pode ter para axustar o ton de voz.
2 Habilidades emocionais e condutuais- adoitan comportarse de maneira inmadura, esto fai que teña problemas de relación cos iguais e xenéralle ansiedade cando vai facéndose maior.Tamén a dificultade cos deportes perxudica a súa autoestima e as habilidades sociais.
3 Académicas- os alumnos con dispraxia teñen dificultades para escribir con rapidez. esto fai que teñan problemas cando tomen apuntes, para rematar as probas a tempo. Os nenos, nenas que teñan dificultades na fala tamén terán presentarán problemas na lectura, na ortografía.
4 Habilidades xerais da vida- dificultades en tarefas diarias que proporcionan autonomía.
As veces estas dificultades están asocidas a outras problemas de atención e aprendizaxe como Dislexia, Discalculia, Disortografía, TDAH, etc.
Precisa un programa personalizado . O desenvolvemento de competencias específicas tanto de locomoción, motricidade global e motricidade fina, se está afectada a fala o traballo coa Logopeda. Tamén unha terapeuta ocupacional se é preciso.
Fonte: http://faros.salud
Understood.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario