miércoles, 30 de marzo de 2016

Neuropsicólogo : Se queremos fillos, fillas felices temos que ensinarlles a navegar en tempestades

A malloría dos pais, nais non saben como cuidar o órgano máis importante dos seus fillos, fillas: o cerebro. O coidado do cerebro é importante que se implante durante a infancia.
Álvaro bilbao neuropsicólogo autor del libro "el cerebro del niño explicado a los padres"
Na súa ponencia falou de catro ideas fundamentais para axudar a coidar o cerebro dos fillos, fillas: 
O amor o cerebro que non recibe afecto durante os primeiros anos de vida vai ter dificultades tanto emocionais como intelectuais. Pero non debemos confundir coa sobreprotección a maneira de ensinar ao neno a tomar boas decisións non é evitarlle os problemas senón deixar que teña acertos e erros e axudarlle a aprender deles.

Alvaro Bilbao Gestionando Hijos Madrid

O exercicio físico para osixenar ben o cerebro, ademáis facer exercicio permite reducir os niveis de estrés e aumentar unha proteína que nos permite recordar mellor.
A nutrición neurosaudable a base desta dieta son as froitas, peixe azul, fariñas integrais, limita o azucre e evita as conservas. Beneficios desta dieta son para a memoria do neno, nena, a concentración, a axilidade mental o que comemos tamén inflúe no estado de ánimo e na prevención de enfermidades.
A xestión do estrés e o autocontrol son claves, hoxe en día temos nenos, nenas con moito estress, aos que lles custa enfrontarse a unha rabieta e sofren dunha maneira desproporcionada coas dificultades da vida. Temos que afacer a os fillos, fillas a esperar, "sabendo controlarse nos momentos que o requiren e gozar nos momentos que poden gozar daranse conta de que a vida e realmente marabillosa".

accede a entrada completa neste enlacehttp://www.gestioi

Protocolo de tratamento educativo do alumnado con TEA

Uns dos principais propósitos deste protocolo é o de contribuír á detección temperá dos nenos e nenas con risco de presentar un trastorno do espectro do autismo. Pretende ser unha ferramenta de uso para profesionais do ensino e para as familias, pretende establecer o camiño que se debe seguir desde a aparición dos primeiros indicios e procura, tamén, orientar a intervención educativa que se debe realizar por todas as persoas que participan na educación dese alumnado.
Indice
1. Introdución

2. Concepto de trastorno do espectro do autismo

3. Diagnóstico do tea:
    3.1  Indicadores para a familia
    3.2  Indicadores para a escola
    3.3  O diagnóstico
       3.3.1 Profesorado titor
       3.3.2 Xefatura do departamento de orientación
       3.3.3.Equipo de Orientación Específico (EOE)

4. Tratamento educativo do alumnado con TEA
    4.1 Alumnado
    4.2 Profesorado
    4.3 Aula
    4.4 Centro docente
    4.5 Familia
    4.6 Entidades sen ánimo de lucro relacionadas co TEA
    4.7 Medidas educativas
       4.7.1. Orientacións para o proceso de escolaización
       4.7.2. Orientacións para o currículo

5. Avaliación do alumnado con TEA

6. Seguimento do tratamento educativo do alumnado con TEA. Procesos de mellora
    6.1 O seguimento a curto prazo
    6.2 O seguimento a medio prazo
    6.3 O seguimeno a longo prazo ou avaliación
7. Glosario
8. Referencias bibliográficas e fontes de información
    8.1 libros e artigos
    8.2 Webs
9. Anexos
     9.1 Anexo I: Indicadores e signos de alerta para a detección do alumnado con TEA (Hortal-        coord-;2011)
     9.2 Anexo II: probas de screening e diagnósticas que poden axudar no proceso de avaliación psicopedagóxica.
     9.3 Anexo III: Esquema de actuación ante un posible caso de TEA




Resultado de imaxes para protocolo atencion educativa TEA XUNTA DE GALICIA


Para descargalo pinchar na imaxe.



lunes, 21 de marzo de 2016

Uso educativo das Tablets

Nuhas xornadas sobre educación onde estivo de ponente Pere Marqués falou das tabletas como aliados para a mellora educativa. 

Vantaxes do uso das Tablets :
  • Aprendizaxe Autónomo
  • Alta Motivación
  • Mellora a comprensión
  • Predispone para investigación
  • Favorece a Creatividade
  • Potencia a capacidade de memorización
  • Favorece o desenvolvemento da reflexión e razoamento crítico
  • Promove unha continua actividade intelectual do alumno por a interactividade e a facilitación ao acceso a recursos.
  • Contribue a mellorar as aprendizaxes dos estudante "en xeral"
PRIMARIA: VVEENNTTAAJJAASS CCOONNSSTTAATTAADDAASS 
Acceso a múltiples fuentes de información en Internet 100% 
Multifuncio...


Tempos de uso e autonomía no uso das tablets dixitais na clase
  • 20% do tempo semanal: explicacións profesores na pizarra dixital, para presentar temas e facer preguntas a toda a clase, propoñer actividades de aprendizaxe, mostrar e comentar recursos que os alumnos, alumnas poden explorar.
  • 30% os estudantes expoñen os seus traballos na pizarra dixital. Actividade grupal onde un alumno ou un grupo expón aos compañeiros, compañeiras, que poden intervir facéndolles preguntas ou atopando erros. O profesor, profesora tamén intervén para revisar os traballos que se presentan e valorar todas as intervencións.
  • 30% Traballo individual ou grupal dos estudantes co apoio da tableta dixital.
  • 20% Traballo individual ou grupal dos estudantes sen apoios tecnolóxicos.
Expuxo tamén as características do profesor, profesora :

1. Saber controlar a clase ( normas )
2. Saber motivar ( motivos dos alumnos para facer as cousas)
3. Coñecer a materia ( máis importantes son os dous primeiros puntos destas  tres características)


 slide share da investigación 2014 no Uso da Tablets en Primaria 
                                                                                                                                                      
 slide share da investigación 2014  no Uso Educativo Tablets Educación Infantil

 Blog de Pere Marqués:  orientacións para o uso das Tablets

Reducir o fracaso escolar mellorando o curriculum e con apoios Tic

Hoxe en día só necesitamos ter na memoria unha pequena parte da información, a "información imprescindible" porque temos permanentemente a o noso alcance dispositivos que nos fornecen en calqueira momento os datos que podamos necesitar. Temos unha "memoria Externa"
A memoria externa, auxiliar é a nosa contorna persoal de traballo en Internet por iso é necesario traballar, desenvolver a competencia dixital dos alumnos, alumnas.
Esta competencia dixital nos permitirá ir creando e organizando esta memoria externa, onde, cando nos conveña buscaremos rápidamente a información necesaria para resolver os nosos problemas, contando coa axuda da "información imprescindible" que nos proporcionará a nosa memoria cerebral. Adquirir estas novas competencias levaranos tempo. Terémolo que ir aprendendo cos anos na escola.





Tics é un instrumento ao servizo da mellora educativa, xa está comprobado a mellora das aprendizaxes co seu uso, temos que conseguir mellorar o rendemento, o éxito escolar que se reflicte nas notas.
Os alumnos, alumnas teñen que saber xestionar o coñecemento.
No mellora o éxito escolar coas Tics porque avaliamos de maneira memorísitica, temos que modificar as formas de avaliar.


 recollido do blog de Pere Marqués :  Chispas Tics Y Educación

viernes, 18 de marzo de 2016

Dislexia oculta

A Dr. Hoeft é científica e psiquiatra do cerebro na Universidade de California.
publicou un artigo na revista New Yorker onde  fala da "Dislexia Oculta".
A dislexia Oculta é a que mostran alumnos con dificultades na decodificación e sen embargo non presentan dificultades de comprensión na lectura.
este témino foi utilizado por primeira vez 2005.
ante as dúbidas de si a estes alumnos con problemas cos fonemas e a decodificación e tendo unha boa comprensión na lectura eran ou non disléxicos.
a doutora Hoeft fíxolle unhas probas onde se demostraba que a actividade cerebral tiña as características clásicas dunha disléxia, confirmando que realmente son alumnos, alumnas disléxicas.


                               imaxe de pixabay 
Os alumnos e alumnas con dislexia "oculta" presentan baixo rendemento na aula.
Moitos destes estudante son diagnóticados con Disgrafía ou TDAH, xa que cometen moitos erros parvos. A súa comprensión é boa porque compensan as súas dificultades de decodificación usando habilidades de atención e de resolución de problemas.  

As seguintes habilidades son un reto para eles:
- Lectura de palabras novas
- Lectura en voz alta
- Velocidade e precisión da lectura en silencio
- Ortografía
- Escritura tanto a súa mecánica como a velocidade e cantidade
- Nas tarefas de lectura de pasaxes que conteñan moitas  palabras pouco conocidas ou términos novos.
- Na lectura de temas que non lle sexan familiares (xa que non poder utilizar o seu coñecemento para adiviñar palabras que non poden deletrear fonéticamente).
- Manter unha lectura prolongada ou escribir tarefas.
- Na lectura de pasaxes curtos onde non poidan utilizar o contexto para adiviñar as palabras que non poidan deletrear fonéticamente: preguntas de exame de opción múltiple ou problemas de matemáticas con palabras.

Para moitos estudantes con dislexia oculta as dificultades só se evidencian cando aumenta a cantidade de traballo ou a complexidade de este.  Ahí é  cando non son capaces de manter o ritmo de aprendizaxe aínda que se esforzan.  
Debido a estos retos os estudantes con dislexia oculta precisan os mesmos apoios que outros estudantes disléxicos.


www.understood.org

miércoles, 9 de marzo de 2016

Guía do bo trato e prevención da violencia de xenero: protocolo no ámbito educativo

Traballar polo cambio do modelo desigual de relación entre homes e mulleres, por unha educación non sexista, por a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, é a mellor fórmula para previr a violencia de xénero.
A guía invita a facilitar que a comunidade educativa en xeral e especialmente o alumnado sintan  o respaldo necesario para comunicar con confianza e seguridade posibles problemas ou situacións que detecten.

https://drive.google.com/file/d/0B6-TOZEyvjroVkRmd2VkV3BnZ1poWlFIQXFPZDB4WW03bVc0/view?usp=sharing

Índice:
Presentación
Obxecto da guía
Situándonos ante o problema da violencia de xénero:
- Concepto de violencia
- Axentes socializadores
- Violencia de xénero ao longo da vida das mulleres
- Violencia de xénero nas relacións de parella
- Igualdade formal, igualdade real e micromachismos
- Coñecer o ciclo da violencia de xénero
Violencia de xénero e Adolescencia
- Factores de risco e vulnerabilidade na adolescencia
-  Ciberacoso e xénero
- Importancia da detección temperá
- Como detectar signos de violencia
- Signos de alerta para chicos
- Signos de alerta para chicas
- Signos de alerta para familias
- Por que as mozas en ocasións non piden axuda
- Dificultades para detectar a violencia psicolóxica
Violencia de Xénero e Menores
- Menores en contornas familiares con violencia de xénero
- O desenvolvemento emocional en contornas con violencia de xénero
- Indicadores de posible situación de maltrato infantil
- Exemplo de ficha de observación
- Coordinación institucional para a intervención


autoras:
Carolina Alonso Hernández
Rosario Cacho Saéz
Irene González Ramos
Eufemia Herrera Álvarez
Javier Ramirez García
Edita Junta de Andalucía, Consejería de Educación, Cultura y Deporte.




martes, 8 de marzo de 2016

Recursos aula Dia Internacional de la Mujer

Escrito polo equipo proxecto EDIA ofrece secuencias didácticas, materiais educativos e enlaces.
Algúns deste materiais son:
- recursos educativos dia de la mujer con secuencias didácticas para Educación Infantil, Educación primaria, secundaria y Bacharalato. Red de buenas prácticas 2.0.
- princesas de ayer y hoy secuencia para traballar a poesía que reflexiona sobre a situación das mulleres.
- Mujeres que abrieron camino hacia la igualdad webquest
- Las chicas son Blogueras   Reflexión sobre Tics e Coeducaión









 
Enlaces
- Proxecto Descubriendo científicas  Fundación Séneca
- cine en clase día de la mujer blog Marián Calvo
- recursos educativos  8 marzo  RIATE Red Iberoamericana de Tics y Educación.
- día internacional de la mujer RTVE



accede a entrada completa    Cedec .educalab.es

sábado, 5 de marzo de 2016

Infografía: claves para a Motivación nas aulas

A motivación é considerada como o impulso que conduce a unha persoa a elexir e realizar unha opción entre aquelas alternativas que se presentan nunha determinada situación. 
Entrada de Santiago Moll o obxectivo desta infografía e dar aos mestres, mestras unhas pautas para conseguir que os alumnos, alumnas teñan predisposición para cambiar a mellor.

Motivación
Aclarando algunhas pautas:
1- Definir obxectivo: só coñecendo o que se quere e como poderás ser capaz de desexalo. 
4- visualizar o cambio: os alumnos, alumnas visualicen e verbalicen  os cambios para manter a motivación.
5- Fomentar a excelencia: do que se trata é de manter a motivación pero sen pretender alcanzar a perfección do obxectivo.
7- Superar os medos de non poder chegar ao obxectivo marcada: percepción que ten de si mesmo para conseguir facela
9- Fuxir da dor: a motivación nace moitas veces da necesidade de cambio, un cambio que as veces ven determinado por a dor ante unha situación determinada. hai que ensinar aos alumnos que fuxindo desta dor o que se conseguirá é alcanzar o logro e non hai logro que non estea vinculado ao pracer.

accede a entrada completa       justificaturespuesta.com

Como introducir a Meditación na vida dos teus fillos, fillas

Desde esta entrada Belén Piñeiro nos ensina a utilizar técnicas para desenvolver a Educación Emocional na casa cos fillos, fillas. Sinala que para ter unha sesión de Mindfulness na casa non fan falta moitos materiais nin coñecementos .
Explica os benficios da respiración diafragmática : conduce a unha persoa que está nun estado mental alterado, no que predomina o instinto de loita ou fuga e de alerta máxima, a un estado de calma onde a frecuencia cardíaca é máis lenta a presión arterial diminúe, aumenta a provisión de osíxeno ao cerebro e estimula o sistema nervioso parasimpático, promovendo un estado de calma.

Captura de pantalla 2016-01-28 a las 19.12.25
por iso a Meditación é tan potente. Beneficios:
Será máis responsable das súas emocións, da súa vida e da súa felicidade.
Quererase máis a si mesmo, mesma.
Terá menos ansiedade e menos estrés
Durmirá mellor
Será menos impulsivo
Terá máis autoestima e máis seguridade e confianza en si mesmo
Poderase concentrar mellor ao ser capaz de enfocar a súa atención cara ao que desexa.
Mellorara o seu rendemento académico.
Mellorará as súas relacións sociais.
Mellorará o seu sistema inmunolóxico. 

Propón unha serie de exercicos entre eles:
rescdotado sobre unha uperficie cómoda e plana. 
dille que coloque sobre o ventre as súas mans entrelazadas ou un obxecto lixeiro,como un peluche ou un coxín. as mans ou obxecto deben subir a medida que inhala o aire e deben baixar mentras exhala o aire lentamente durante un período de varios segundos. inhale pola nariz exhale pola boca repetir 15 ou 20 veces.


accede a máis exercicos no seu blog:    maestradecorazon.com