Os alumnos, alumnas colocan a súa marca da valoración na diana canto máis preto do centro maior valoración positiva. Isto permite visualizar as áreas de mellora. A maior área de polígono coloreada mellor nota.
Este modelo desenvolve unha avaliación participativa onde os alumnos falan dos obxectivos propostos, cales foron acadados, das propostas de mellora, aportan a súa valoración. A participación no proceso avaliativo, conleva a escoita activa dos compañeiros de aula, a proposta de novas ideas, a toma de decisións de mellora. Este proceso fai que resulte moi motivador para o grupo, favorecendo a súa cohesión e un ambiente de aula positivo.
Non só estamos avaliando un compoñente do currículo, senón que implica moitos aspectos da dinámica que existe nunha aula, imprescindibles para xerar un aprendizaxe significativo.
É importante incorporar novas maneiras de avaliar na aulas. Avaliación entendida como proceso formativa, democrática e participativa na aula
imaxe de slideshare
Avaliar é reflexionar sobre a aprendizaxe. É necesario cambiar a maneira en que correximos os erros que se dan durante o proceso da aprendizaxe, tamén a importancia e valor que se lle da a o erro.
Os erros teñen que reconducirse, corrixir non moi alonxados do momento en que se producen para que se dé a retroalimentación, isto aumenta a motivación do alumno, alumna.
Slideshare evaluación-del-aprendizaje. Elena Rodríguez
Slideshare:evaluacin-participativa-la-diana. Manuel Díaz
No hay comentarios:
Publicar un comentario