jueves, 30 de marzo de 2017

App TEA para traballar a Teoría da Mente

App que aborda dez temas: 1. Atención conxunta, 2. Emocións básicas, 3. Esecundarias, 4. Percepción global, 5. Interpretación de emocións polo contexto, 6. Anticipación de accións, 7. Sensacións físicas, 8. Simbolización, 9. Órganos dos sentidos, 10. Perspectivas visuais. Esta App ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento da teoría da mente que defínese como a capacidad para inferir pensamentos, desexos e intencións doutra persoa competencia básica para una buena interacción social. 





http://autismind.com

Hábitos saudables con pictogramas


Este conto con pictogramas encolleu o xersei? forma parte do proxecto VIVIR EN SAÚDE  da fundación Mapfre que propón actuacións relacionadas coa alimentación e o exercicio físico.

VIVIR EN Saúde desenvolve materiais educativos dirixidos a pais, nais, mozos e adolescentes, docentes e profesionais (dá educación, sanidade, hostalaría). Todos eles pódense obter, gratuitamente, nas seguintes webs:
www.vivirensalud.com
www.fundacionmapfre.com
www.educatumundo.com


                                         pincha no conto para velo



enlace a materiais do proxecto : Vivir en salud/materiales/Mapfre






jueves, 9 de marzo de 2017

Revista AOSMA Nº 23 : A Orientación en Rede


Neste número da revista da Asociación de Orientadores, Orientadoras da provincia de Málaga falannos nun primeiro artigo sobre a avaliación, esta debe centrarse no rendemento escolar e como melloralo tanto os procesos de ensino-aprendizaxe como a propia didáctica. Os acordos adoptados se recollen na acta de avaliación.
A universidade trátase no segundo artigo, un dos obxectivos da universidade é aplicar o principio de igualdad de oportunidades, compensando as necesidades educativas, formando a persona e favorecendo o acceso a estudios universitarios.
No artigo da orientación educativa en rede, Alberto del Mazo sinala:"Las redes sociales son ahora nuestros bares virtuales, lugares públicos de reunión donde aprender de y con otras personas".
no artigo da aportación dos blogs falan da súa experiencia no uso e publicación nos seus blogs que son un referente na orientación educativa, profesional y académica, Barbonblog, orientaguía, entre pasillos y aulas, Mónicadizorienta.
No artigo de J. Agustí, Pilar pérez e Mª Isabel Villaescusa falan que as TIC non son só unha ferramenta, son unha nova forma de acceder á realidade, unha nova configuración do mundo, que transforma basicamente, a forma de aprender e a forma de relacionarse.
O Artigo de Juan de Vicente cóntanos que a aprendizaxe servizo é unha metodoloxía que vincula as aprendizaxes que se realizan nas aulas coa realización dun servizo que atende a unha necesidade social. Construír un proxecto de forma compartida  confire ao seu desenvolvemento un alto nin vel de motivación. o alumnado participa no deseño, implementación, avaliación, e celebración do proxecto.
Artigo sobre Colectivo Orienta, este proxecto nace co obxectivo de reflexionar sobre a nosa práctica educativa nos ámbitos da atención á diversidade, acción titorial e orientación académica e profesional. Queriamos dar voz e entidade á propia orientación educativa, un portal onde poñernos en contacto e poñer en común o noso traballo. Autores Alberto Del Mazo, Claudio Castilla, Mónica Diz.
Victor Cuevas fálanos da implicación real e activa de moitos dos integrantes nos proxectos ou iniciativas colectivas na rede é mínima. o 90% son espectadores silenciosos. Tamén fala dos perigo da hiperconexión, a infoxicación é necesario atopar espazos para desconectarse voluntariamente e separarse do ruído que xera a Rede para volver estar cun mesmo e cos demais.
No artigo do uso de google for eduaction, F. Cortés fálanos de como este conxunto de ferramentas gratuítas axúdanos á desenvolver a orientación e a atención á diversidade de forma compartida e colaborativa.





enlace a revista issuu.com/revista_aosma


Editorial
1. TRIBUNA PROFESIONAL
As sesións de avaliación a xuízo- José T. Boyano
Orientación educativa e o alumnado universitario con discapacidad- D. Luque y M. J. Luque
2. MONOGRÁFICO
Editorial 
Orientación educativa con TIC e en red- A. del Mazo 
A aportación dos blogs - D. Veiga, M.A. Valverde, C. Castilla, M. Diz.
Formación en competencias dixitais e redes de orientación- J. Agustí
A aprendizaxe servizo- J. De Vicente
Colectivo Orienta- C. Clastilla, A. Del Mazo, M. Diz
O que a red nos dá e o que nos quita- V. Cuevas
3. BOAS PRÁTICAS
Uso de google for education nos departamentos de orientación- F. Cortés
4. ORIENTarte
5. AOSMA 2016





martes, 7 de marzo de 2017

Detectar a dislexia de modo precoz mellora a autoestima


                                               Luz Rello

A dislexia ten unha orixe neurolóxica. Non está relacionada coa intelixencia xeral.
É moi doado que a dislexia pase desapercibida.
As persoas con dislexia procesan as faltas de ortografía de maneira diferente. Con todo, as manifestacións varían en cada neno, é dicir, poden ter máis ou menos faltas
Ten unha incidencia en España de 8% a 11%.
Unha detección precoz da dislexia prevén baixo rendemento escolar e problemas de autoestima.
o 40% de nenos, nenas disléxicas tamen teñen discalculia ( dificultade para operar con números).
a App fai unha detección de risco de ter dificultades de lectoescritura.
Aparentemente son xogos lingüísticos sinxelos que o usuario vai realizando en función da súa idade e rendemento. A app non realiza un diagnóstico, iso só o pode facer un profesional. 
enlace app  changedyslexia.org