lunes, 7 de septiembre de 2015

Entrevistas a Richard Grever os Cambios en Educación

Entrevista a Richard Gerver : " A escola non ten que ensinar ao neno como ser mandando senón como ten que buscarse as oportunidades".
Hai mestres moi bós que con actividades axeitadas fan aflorar o pensamento crítico, porque somos criticos por natureza analizamos e preguntamos.
A pregunta é que facemos para favorecer o pensamento crítico co que nacemos?. Temos que preparar aos nenos, nenas para un futuro cambiante en vez de certezas.
A Tecnoloxía é un catalizador, unha ferramenta. Só con levala a aula non se produce o cambio. A educación sempre será o desenvolmento das persoas.
Que os nenos, nenas experimenten, un currículo dinámico, cheo de contidos e experiencias propias, que vexan cas habilidades e competencias que van adquirir podrán aplicalas en situacións da vida real.
Debemos desenvolver o pensamento crítico, porque vivimos no mundo da información, a diferenciar entre real e ficción, entre opinión, cuestionar o establecido, axudarlles a ser emprendedores independentes e non dependentes de nós. Saber averiguar cousas por se mesmos, colaborar e axudarse.
Con respecto aos exámes a sociedade aínda pensa que a forma de facer os exames define o intelixente que és, pero moitos emprendedores de éxito teñen en común que suspenderon estas probas finais. Deberiamos ver o progreso do neno, nena nun ámbito xeral, no seu desenvolvemento emocional, creativo e colaborativo, así como nas súas habilidades interpersoais.
Con respecto aos deberes non coñezo ningún informe que diga que son beneficiosos para o progreso dos nenos, nenas.  Deixemos tempo libre aos nenos, nenas para desenvolver os seus intereses,  xogar, ler, ter tempo para estar cos pais, nais. Se teñen que estar 2 ou 3 horas facendo deberes esto e difícil de levar a cabo.

Richard Gerver, conferenciante y experto en educación, liderazgo y cambio.


www.eldiario.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario