O Instituto de referencia do noso colexio é IES A Paralaia, nestas datas presenta o caderno de orientación para o curso 2022/2023 onde informa ao alumnado que se matricula en 1º da ESO sobre as materias dos diferentes cursos da ESO, materias optativas a cursar, horarios, avaliación e promoción, medidas de atención á diversidade e titulación .
Orientación Compartida
Artigos, Publicacións, Materiais, Enlaces, Webs relacionados co Profesorado, Titoría e a Orientación a maioría para Educación Infantil e Primaria. Entradas e Recursos para as Familias desde a Etapa Infantil ata a Adolescencia
martes, 21 de junio de 2022
miércoles, 8 de junio de 2022
Infografía : Recomendacións para docentes Dislexia
jueves, 26 de mayo de 2022
Pautas para favorecer o pensamento flexible do teu fillo, filla
A flexibilidade mental é a capacidade de modificar os pensamentos e a conduta en función das demandas do ambiente. É a habilidade para percibir diferentes puntos de vista e xerar opcións e alternativas cando a nosa idea inicial xa non funciona.
O pensamento flexible é a habilidade de cambiar de enfoque rapidamente e atopar novas maneiras de resolver os problemas.
Os nenos que teñen dificultade co pensamento flexible adoitan ter problemas para lidar cos cambios.
A miúdo quedan atrancados e non entenden o porqué.
Os nenos con dificultades do pensamento flexible moitas veces tentan a mesma estratexia unha e outra vez, mesmo se non funciona. A miúdo, frústranse e anóxanse.
Estes son algúns comportamentos que vostede podería observar na casa e na escola:
- Non aceptar as ideas doutras persoas.
- Discutir o mesmo asunto unha e outra vez.
- Frustrarse cando cousas insignificantes saen mal.
- Repetir os mesmos erros.
- Non seguir novos horarios.
- Sentirse ansiosos cando hai cambio de plans.
- Dificultade para empezar tarefas novas e máis complicadas.
- Dificultade para cambiar dunha actividade a outra.
- Molestarse cando outros non seguen as regras.
https://eresmama.com/potenciar-flexibilidad-psicologica-hijos
miércoles, 27 de abril de 2022
Perspectivas na Identificación dos alumnos de altas capacidades
- Durante máis de 100 anos os alumnos "superdotados" foron identificados a partir de test de CI (Nisbett, 2009; Pfeiffer, 2002). Moi poucos expertos no campo da alta capacidade actualmente aceptan esta postura de identificar a "superdotación" cun CI alto (Borland, 2009; Sternberg, Jarvin, & Grigorenko, 2011).
- Historicamente as sociedades utilizaron o concepto de "superdotación" como unha etiqueta para explicar e recoñecer a aqueles individuos que teñen rendementos excepcionais nun ou máis dominios que son valorados dentro dunha determinada cultura. O que constitúe a "superdotación", por suposto, varía dunha sociedade a outra. Unha persoa pode ser vista como "superdotada" nun contexto social, por exemplo un banqueiro de Wall Street, un axente de telemarketing ou un creativo deseñador de software, pero poden non ser considerados como tales noutras culturas (Pfeiffer, 2012).
- Moitos aínda cren que a "superdotación" é algo esencial e un aspecto permanente da persoa ao longo de toda a súa vida. A maior parte das evidencias científicas, indican que a "superdotación" non é un estado do ser, non é algo fixo ou inmutable (Bronfenbrenner & Ceci, 1994; Ceci & Williams,1997; Neisser, 1996).
- O CI explica unha parte substancial da varianza do rendemento dos estudantes ou do éxito na vida adulta , pero non a maioría (Nisbett, 2009; Worrell, 2009).
- A maior parte das autoridades neste campo están de acordo en que os alumnos academicamente dotados son aqueles que se atopan no 3-5% superior, comparados cos seus compañeiros de idade, en capacidade intelectual xeneral, competencia académica nun ou máis dominios, e creatividade (Pfeiffer, 2003, 2009).
- Ademais da capacidade intelectual xeneral, as capacidades específicas e un bo número de factores non intelectivos contribúen de maneira decisiva a configurar unha traxectoria de éxito nos mozos máis capaces. Por exemplo, atopouse que a práctica deliberada contribúe a predicir o rendemento experto en moi diversos dominios (Ericsson, 1996, 2005; Ericsson, Krampe, & Tesch-Romer, 1993; Ericsson, Nandagopal, & Roring, 2005; Plant, Ericsson, Hill, & Asberg, 2005). A propia experiencia do autor e os achados doutros (e.g. Dweck, 2006) confirman que o traballo duro, a recompensa diferida (Côté, Baker, & Abernethy, 2003; Mischel, Shoda, & Rodriguez, 1989), e a autodisciplina(Duckworth & Seligman, 2005; Romer,Duckworth, Sznitman, & Park, 2010) tamén son críticamente importantes, mesmo entre os estudantes máis capaces.
- "El éxito de la educación está precisamente en hacer que el rendimiento de las personas se equipare a su potencial".
Guía para familias de adolescentes con TEA
Guía para familias ou titores de menores con Trastorno do desenvolvemento nas que propoñen estratexias para aumentar a motivaciaón e favorecer o rendemento escolar, tamén inclúe propostas para abordar a introdución de novos alimentos e formulas para desenvolver as habilidades sociais.
Pincha o enlace para a súa descarga
Redacción : Vanesa Martínez Franco, Sandra García Gutiérrez
Coordinación e revisións: María Merino Martínez, Mirian Moneo Varga
Asociación Autismo burgos
miércoles, 9 de febrero de 2022
Guía para Familias : COIDAMOS TEA
Esta guía xorde a raíz do Programa Coidamos-TEA.
Un programa levado a cabo en catro concellos galegos (Cee, Ponteareas, Burela e Monforte de Lemos) que tivo por obxectivo traballar pola capacitación e apoderamento das familias das persoas con Trastorno do espectro do autismo (en diante TEA) e mellorar así a calidade de vida dos seus fillos e fillas e da propia familia.
Pretendemos con esta guía darlle voz a pais e nais participantes no programa Coidamos-TEA e apoiarnos nas súas experiencias para falarche sobre as dúbidas que podes ter nestes momentos.
Publica federación Autismo Galicia
lunes, 31 de enero de 2022
Guía para Entender a Dislexia
por iso é necesario facer unhas adaptacións metodolóxicas que faciliten o acceso e comprensión da información con que se traballa na aula.