A Convención sobre os Dereitos do Niño (CDN) é o tratado internacional de dereitos humanos que se centra nos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes (menores de 18 anos).
Os 54 artigos que compoñen a Convención recollen os dereitos económicos, sociais, culturais, civís e políticos de toda a infancia. A súa aplicación é obrigación dos gobernos, pero tamén define as obrigacións e responsabilidades doutros axentes como os pais e nais, profesores, profesionais da saúde, investigadores e os propios nenos e nenas.
Cales son os principios desta convención ?
- Non discriminación: todos os nenos e nenas teñen os mesmos dereitos, non importa a súa cor de pel, a súa relixión, a súa procedencia ou as ideas dos seus pais.
- Interese superior do neno: calquera decisión, lei ou política que poida afectar a un neno ou nena ten que ter en conta que é o mellor no seu caso.
- Dereito á vida, a supervivencia e o desenvolvemento: todos os nenos e nenas teñen dereito a vivir e a alcanzar o seu máximo potencial na vida.
- Participación infantil: nenos, nenas e adolescentes teñen dereito a ser consultados sobre as situacións que lles afectan e a que as súas opinións sexan tidas en conta.
A Convención a ratificaron 196 Estados
Enlace relacionado https://www.unicef.es
Cuentos para charlar sobre os dereitos dos nenos :
No hay comentarios:
Publicar un comentario