lunes, 22 de abril de 2019

Guía Altas Capacidades Comunidade Educativa

Unha sociedade que se prece de ser inclusiva, de ser acolledora, de atender a toda aquela persoa por diversa e diferente que sexa, non pode deixar de prestar atención ao alumnado que pola súa propia natureza ou como consecuencia o seu esforzo persoal, é posuidor de altas capacidades ou talentos específicos.
Esta Guía pretende explicar e axudar a clarificar conceptos e modelos teóricos que se foron desenvolvendo ao longo dos últimos anos sobre o que supón este alumnado.
Pero tamén, contribuír á reflexión sobre a práctica educativa, poñendo en valor a importancia de detección temperá, contando para iso con instrumentos que a fagan posible. Ademais, na guía propóñense recursos para unha avaliación  psicopedagógica máis eficaz, así como orientacións á comunidade educativa,
especialmente ás familias e ao profesorado.
Conta tamén, por último, con propostas didácticas e experiencias a modo de exemplo con alumnado con altas capacidades.

1. Introducción
2. Que sabemos do alumnado con altas capacidades intelectuais?
3. O marco lexislativo
4. Como detectamos e identificamos o alumnado con altas capacidades     intelectuais? Como     avaliamos   as súas necesidades específicas de apoio educativo?
5. Como é a intervención educativa co alumnado con altas capacidades   intelectuais?
6. A familia de alumnado con altas capacidades intelectuais
7. A modo de conclusión
8. Anexos


Resultado de imaxes para altas capacidades intelectuales una guia para la comunidad educativa

accede á guía neste enlace Guía Altas Capacidades


Edita: Generalitat Valenciana
Autoría:
Emma  Arocas  Sanchis, Teresa  Cuartero  Cervera, Mª Carmen  Ferrández Marco,
Rosario Moya Pérez e Daniel  Torregrosa  Sahuquillo.

domingo, 21 de abril de 2019

Manual de Atención ao alumnado con Altas Capacidades

Manual de atención ao Alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo por presentar Altas Capacidades Intelectuais
Esta publicación ten como obxectivo clarificar a resposta educativa adecuada para este alumnado. Índice
0. Presentación 
1. Quen son os alumnos e alumnas con altas capacidades intelectuais? 8
2. Identificación e avaliación do alumnado 12
3. Necesidades específicas de apoio educativo 22
4. Atención educativa 26
5. A familia 36
6. Glosario 40
7. Anexos


Resultado de imaxes para manual de atencion al alumnado con altas capacidades


Edita: Junta de Andalucía. Consejería de Educación.

autores: Álvaro Barrera Dabrio, Rosa Durán Delgado, Juan González Japón, Carmen Lucía Reina Reina.
ENLACE para a súa Descarga