jueves, 30 de julio de 2015

TEA: Técnicas Relaxación



No blog de Anabel Cornago atopamos esta interesante entrada con recursos para previr e modular a ansiedade.








                       


Fonte : El sonido de la hierba al crecer

Erros na crianza dos fillos, fillas


Os pais e nais atopámonos as veces con dúbidas sobre a nosa forma de reaccionar ante as condutas dos fillos.
Tim Elmore investigador e escritor de temas de psicoloxía, identifica erros típicos
Imos a sinalalos nesta entrada para facer unha reflexión das actuacións como pais, nais.

1- Evitar aos fillos, fillas dificultades o riscos axeitados a súa idade. 
Os nenos deben tropezar e caerse para que vivan as dificultades como normais na vida.
os adolescentes afrontar  conflictos, senón experimenta estas situacións pode chegar a ser arrogante, con baixa autoestima na vida adulta.

2- Correr rápido na súa axuda 
Os pais soen acudir tan pronto ven que os fillos, fillas con algunha dificultade. 
Desta maneira afanse a que lles salven destas situacións e logo acaban por non preocuparse se teñen un erro ou non cumpren cos seus compromisos. Pois os adultos sempre lle solucionan o tema.
É bo que eles busquen solucións, saída a situacións difíciles.

3- Entusiasmarse moi pronto
Temos que potenciar  a autoestima dos nosos pequenos  si, pero tamén temos que coidar os reforzos e non ter exceso de premios. Os nenos acaban decantándose de que son fabulosos para os pais pero que esto non ten relación  coa realidade.
Co tempo o neno e nena tenderá a esaxerar e mintir para eludir feitor incómodos da realidade. Esto traerá dificultades para afrontar a súa vida adulta.

4- No ten nada malo dicirlle que "non"
 Deixar que a sensación de culpa reemplace o bo comportamento non é unha boa actuación. Os fillos, fillas deben aprender que non todo é posible no momento co desexan, e que aprendan a loitar polo que queren.Premialos sempre non é posible.
Se a relación a baseamos en agasallos materiais non van a sentir a motivación  intrínseca e o amor incondicional.





5- Non contarlle aos fillos os  erros do noso pasado
É importante falar con eles cando chega esa idade da adolescencia dos nosos erros e de temas como tabaquismo, alcohol evitando esaxeracións, esta comunicación vai ser máis contundente cas recriminacións.
Contalle a os teus fillos, cando ti na adolescencia  te enfrontaches a situacións parecidas, como reaccionaches, que aprendiches desa experiencia.

6- Confundir intelecto con madurez
Non hai unha regra, manual para coñecer cando permitir ao noso fillo, filla facer unha cousa ou outra.
Unha boa estratexia é observar pais e nais con nenos e nenas da mesma idade e fixarnos se son máis autónomos, autónomas cos nosos.

7- Servir de modelo
Como pai e nai debes ser o modelo a seguir polos fillos, fillas. Unha vida tal o como a queres para eles.
 Respectar formas de convivencia e de comportamento. Coidar os actos porque os fillos, fillas te están a observar.

Fonte: http://genial.guru

enlaces relacionados
educar-na-familia-en-bos-modais
educar-os-fillos-na-exemplaridade


jueves, 23 de julio de 2015

Revista AOSMA N° 19

A revista da asociación de Orientadores e Orientadoras de Málaga pública un Monográfico  sobre Altas Capacidades e artigos sobre Acoso Escolar e Inclusión Educativa. No apartado Boas Prácticas presenta un proxecto de astronomía.


 




enlace para a súa descarga 



REVISTA AOSMA n° 20

Nesta edición da revista AOSMA, aborda:

Un monográfico de Dislexia.
Artigo sobre avaliación e intervención  educativa co alumnado  con dificultades motoras.
No apartado Boas Prácticas : 1- Crece coa túa árbore  2- Coidamos a costa.





viernes, 10 de julio de 2015

INFOGRAFÍAS RESILENCIA

A Resilencia enmarcase dentro da Psicoloxía Positiva.
A Resilencia nos ayuda a ser máis exitosos cos obxectivos que nos propoñemos na vida, tanto a nivel profesional como social, emocional . Este enfoque de loita e superación personal tamén é importante transmitirllo aos fillos, alumnos dentro dunha enseñanza integrada e que non esquece a Intelixencia Emocional.
Dúas infografías unha coas claves para manexar esta capacidade e outra para coñecer as actitudes, feitos cos que se desenvolve.



Resiliencia

Fonte: http://justificaturespuesta.com
https://gesvin.wordpress.com

RESILIENCIA EXPLICADA PARA IDADES TEMPERÁS


Esta é unha maneira de achegar a idea de resiliencia aos máis pequenos, pequenas.
A Resiliencia permite usar as túas habilidades para facer fronte ante situacións difíciles:
- Afrontar problema.
- Recuperarte, poñerte de novo de pé.
- Superar presións.
- Loitar para superar a situación. 
- Afastar emocións negativas.
- Recuperar o humor.
- Aproveitar unha mala experiencia para sacar algo positivo dela.

Neste vídeo a través do manexo dun hipopótamo que está feito de esponxa permite visulizar a resistencia e adaptabilidade que implica a resilencia. 







Fonte  justificaturespuesta.com

miércoles, 8 de julio de 2015

PIENSA: GUIA PARA AFRONTAR A PSICOSE


Guía que trata de que é a psicose e como afrontala.

  1. Que é a psicose?
  2. Síntomas
  3. Tratamento
  4. Posibles efectos secundarios.
  5. Consumo de tóxicos e posible influencia na psicose. Non ás drogas
  6. Prevención de recaídas
  7. Manexo dunha crise
  8. Influencia do estrés
  9. Factores protectores na psicose
  10. Importancia da comunicación
  11. Características propias da adolescencia
  12. Novas tecnoloxías
  13. Anexos



          

Centro de Investigación Biomédica en Red de Salud Mental (CIBERSAM)
Fonte: estarorienta2.blogspot.com.es