lunes, 12 de noviembre de 2018

Mellorar a Grafía no Alumno, Alumna con TDAH

Os alumnos e alumnas con Trastorno atencional, debido as súas dificultades de atención e concentración soen presentar disortografías, discalculias, trastorno lecto-escritor.
Os nenos hiperactivos teñen déficits visomotores e dificultades perceptivo-espaciais.
Na escritura como é motricidade fina tamén presentan dificultades, a súa letra é pouco lexible e tamén está desorganizada no papel.
Conseguires un texto lexible é cuestión de práctica.
Os mestres, mestras e pais temos que detectar cales son as causas desta mala grafía : problemas viso-espaciais, impulsividade, destreza motriz, autoestima ou outros.
- uns teñen mala coordinación motriz e dificultades perceptivo-espaciais
- outros alumnos e alumnas teñen unha aceptable coordinación pero a impulsividade e falta de hábito de traballo restan na grafía e na presentación dos traballos. Poden facelo ben pero precisan concentrarse demasiado tempo para escribir ben, de forma continua.
Para os alumnos, alumnas que teñen problemas de coordinación motriz e dificultades de orientación espacial, recomendase facer praticas diarias significativas para mellorar a caligrafía non se trata de facer moitas senón de facer poucas pero significativa. 
O criterio podería ser 
1º unha liña
2º dúas liñas
3º tres liñas
4º catro liñas
5º cinco liñas 



A dobre liña é moi recomendable pola referencia que  axudalles a manter o tamaño da letra.
Debemos centrar a recuperación naqueles aspectos específicos que estean alterados.
O Reforzo positivo é unha estratexia que aumentará a motivación tanto para
alumnos que teñan dificultades motrices e perceptivo-espaciais como para os que só teñen que conseguires automatiza a grafía para atender as outras instrucións do mestre.
O neno debe estar relaxado e motivado. El ten que saber que os seus exercicios son importantes e valorar as súas mellorías. É imprescindible que o neno poida comprobar claramente que mellora. Para iso será necesario confeccionar sistemas que reflictan que o seu traballo é cada vez máis efectivo. Felicítelle cando observe calquera mellora.

recollido  fundacióncadah.org
outras referencias: "Deficit de Atención con Hiperactividad" Isabel Orjales Villar