miércoles, 30 de septiembre de 2015

Como afrontar a Tristeza

Unha parte moi importante da educación emocional consiste en educar aos nosos pequenos para unha adecuada xestión das emocións negativas, permitindo así que cumplan a súa función e poidan así  desaparecer.

A tristeza provoca un descenso da actividade, desmotivación e un lixeiro aumento do actividade cardíaca e neurolóxica. Polo tanto permite a reflexión o análise e o encontro cun mesmo, sirve para aforrar enerxías e recuperarnos tras moito desgaste. Tamén para pedir apoio e consolo aos seres queridos.
A tristeza é unha emoción necesaria para superar situacións adversas.
Reprimila só conleva consecuencias negativas.



Consellos:
Dalle consuelo, apoio cando chore, ou estea triste. Non reprimir.
A burla da súa tristeza non é positiva.
Axudalle a que te explique a razón da súa tristeza, para poder reflexionar.
Dalle tempo de duelo ante grandes perdas ou acontecementos adversos para o seu reaxuste ante a situación.
Explícalle que é normal sentirse triste, que a ti tamén che pasa, que é normal e que o importante é atopar solucións.


Recompillado en http://www.educayaprende.com


Para ler máis sobre o tema
As emocións son precisas para tomar decisións racionais e levalas a cabo.
http://elpais.com

INFOGRAFIA COMO ESTIMULAR PENSAMENTO CIÉNTIFICO E O RAZOAMENTO NOS TEUS FILLOS, FILLAS

O pensamento científico vai máis alá da observación da natureza e os números. Relacionase coa capacidade de resolver problemas de maneira autónoma. O razoamento e a lóxica axúdanlle a reaccionar ante os problemas, adaptarse as novas situacións, solucionar retos, ...
Nesta infografia tes claves para relacionar o que aprenden na escola co que sucede no seu entorno e a comprender mellor o mundo cos rodea.






martes, 22 de septiembre de 2015

Educar na Familia en Bos Modais

Conseguir cos nenos, nenas sexan educados e con bos modais é un obxectivo cos pais, nais deben comenzar dende que son pequenos.





Vídeo onde explica costumes e modais como : pedir as cousas por favor, dar as grazas, saúdar, esperar turno, non levantarse da mesa á hora da comida, hixiene persoal que dende pequenos os pais, nais poden ir ensinando.

Estas normas de comportamiento fanse con criterios como:
- Coidando o equilibrio entre a deixadez e a preocupación excesiva.
- Respectando o seu criterio para que eles vaian formando seu propio criterio para  entender en que situacións é aceptable e en cales non por exemplo: onde se pode estar cheo de barro, xogando e onde non se pode.
- Educar co exemplo, é preciso cos nenos, nenas vexan que nós o facemos.
- Eloxía sempre que poidas, non esquezas que as alabanzas e eloxíos son moito más efectivos cas reprimendas. Así reforzaremos o seu comportamento.


viernes, 18 de septiembre de 2015

Idade recomendable para ter un móbil o teu fillo, filla

Cando é a idade para mercar un móbil a noso fillo, filla? Cristina Conde psicóloga, sinala " cando un preadolescente entre 12 e 13 anos, respecta as normas de convivencia, ten hábitos saúdables, sabe relacionarse e leva un ritmo normal de adquisición de coñecementos, cunha axeitada orientación por parte dos pais pode ter móbil".
Yolanda Cuevas, psicóloga, sinala que é desaconsellable ter un smartphone con 9 ou 10 anos. Pero tamén indica que non debemos sobreprotexer aos nenos do mundo dixital, asi como hai pais que non permiten certos deportes aos seus fillos, fillas, por medo. 
edad niños móvil

As conclusións de expertos, informe del Hospital Sant Joan de Déu, é que todo o bó uso, ten que pasar por a negociación duns límites. 
A educación nas novas tecnoloxías debe facer pouco a pouco e non só cando se merca móbil por primeira vez. 
Se ensinamos aos nenos a facer un bó uso das tecnoloxías, xa dende a etapa infantil, teremos un compoñente positivo xa que a estas idades os neos, nenas buscan a complicidade dos pais, nais no manexo dos dispositivos.
unha idea clave para o uso do móbil en familia é a restrición do tempo de uso. momento comidas, paseos, deberes. 
Tamén o horario de apagado pola noite e lugar onde se deixa, esta é unha norma na que podemos sevir de exemplo, colocando os móbiles todos nun lugar fóra da habitación.
sen olvidarnos das redes sociais e o coidado da nosa privacidade, non dar datos persoais,  limiar a publicidade do perfil e fotos, aceptar amistad de descoñecidos, non ublicar fotos nin vídeos comprometiodos dun nin de outros.

http://m.smoda.elpais.com/articulos

miércoles, 16 de septiembre de 2015

Ideas para Mellorar a Relación entre Pais e Mestres

A principio de curso é importante planificar como imos a desenvolver unha comunicación efectiva coas familias. Esta infografía danos propostas feitas por Óscar González, profesor de educación primaria.

10 ideas para mejorar la relación entre padres y profesores

 Conferencia_Relacion_familia_escuela

Suxerencias para Fomentar A Creatividade

Infografía con estratexias que axudan a desenvolver a creatividade dos nosos alumnos, alumnas.


EL BLOG DE MANU VELASCO: 10 SUGERENCIAS PARA PROMOVER LA CREATIVIDAD EN NUESTROS ALUMNOS:


recollidas no  www.elblogdemanuvelasco.

lunes, 7 de septiembre de 2015

Entrevistas a Richard Grever os Cambios en Educación

Entrevista a Richard Gerver : " A escola non ten que ensinar ao neno como ser mandando senón como ten que buscarse as oportunidades".
Hai mestres moi bós que con actividades axeitadas fan aflorar o pensamento crítico, porque somos criticos por natureza analizamos e preguntamos.
A pregunta é que facemos para favorecer o pensamento crítico co que nacemos?. Temos que preparar aos nenos, nenas para un futuro cambiante en vez de certezas.
A Tecnoloxía é un catalizador, unha ferramenta. Só con levala a aula non se produce o cambio. A educación sempre será o desenvolmento das persoas.
Que os nenos, nenas experimenten, un currículo dinámico, cheo de contidos e experiencias propias, que vexan cas habilidades e competencias que van adquirir podrán aplicalas en situacións da vida real.
Debemos desenvolver o pensamento crítico, porque vivimos no mundo da información, a diferenciar entre real e ficción, entre opinión, cuestionar o establecido, axudarlles a ser emprendedores independentes e non dependentes de nós. Saber averiguar cousas por se mesmos, colaborar e axudarse.
Con respecto aos exámes a sociedade aínda pensa que a forma de facer os exames define o intelixente que és, pero moitos emprendedores de éxito teñen en común que suspenderon estas probas finais. Deberiamos ver o progreso do neno, nena nun ámbito xeral, no seu desenvolvemento emocional, creativo e colaborativo, así como nas súas habilidades interpersoais.
Con respecto aos deberes non coñezo ningún informe que diga que son beneficiosos para o progreso dos nenos, nenas.  Deixemos tempo libre aos nenos, nenas para desenvolver os seus intereses,  xogar, ler, ter tempo para estar cos pais, nais. Se teñen que estar 2 ou 3 horas facendo deberes esto e difícil de levar a cabo.

Richard Gerver, conferenciante y experto en educación, liderazgo y cambio.


www.eldiario.es

Temas dos que falar cos Mestres cando empeza o curso


A colaboración familia escola é un pilar base para a educación personalizada.
Para os nenos, nenas é moi importante sentir cos adultos cos rodean teñen unhas relacións positivas.
Un dos factores importantes para os logros académicos é o traballo cooperativo entre a familia e a escola.
É importante manter contactos cos mestres dos fillos, fillas para coñecer as dinámicas que se traballan na aula, normas de convivencia, valores a potenciar dende a familia.

Nesta infografia recolle propostas para o diálogo 
MTE_1

via : blog.mejoratuescuela.org
     

Competitividade entre irmáns

Na familia é no lugar onde temos que sentirnos queridos, valorados e seguros. Educar na competitividade entre irmáns non é positivo para o seu crecemento personal. Ensinar a colaborar permite formar personas felices e centradas nos seus logros, non nos dos demais.

Moitas veces fomentamos a cultura da competencia sen decatarnos, posto que este modelo de funcionamento está moi arraigado na sociedade de libre competencia.
Non quere dicir que a competencia sexa mala en se mesma, as veces axúdanos a sacar o mellor de nós, pero fomentala dentro da familia é un risco.

Riscos da competencia intrafamiliar
A competencia, crea rivalidade e desconfianza, que non deben darse entre os membros da familia.
O ser comparado permanentemente co irmán, irmá fai que dude das súas propias capacidades, especialmente cando o irmán por idades ou características persoais ten máis probabilidades de éxito.
O risco máis grande é que o neno, nena crece en función do que está a o seu lado. Esto non lle permite verse e aceptarse na súa realidade e nos seus procesos persoais.
Educando en colaboración, evítanse celos que dañan as relacións fraternais.
Educamos para unha sociedade que precisa máis persoas colaborativas e menos competitivas.

Para instaurar unha cultura de Colaboración é preciso fronte a competencia fomentar relacións de cooperación.
Promover que algunhas tarefas do fogar se fagan en conxunto.
Evitar etiquetas como "  este é o deportista" o outro é " máis frouxo".
Felicitar no progreso sen caer na esaxeración .
Ter especial atención nas metas en función da idade de cada neno, nena.
Promover o esforzo colectivo, con traballos en equipo onde se valorare os logros do esforzo conxunto.
Bucar outras estratexias para evitar comportamentos arraigados, como " a ver quen chega primeiro" " a ver quen marca máis".
Establecer no fogar unha cultue de colaboración é  tarefa de cada proxenitor.

enlace relacionado : ¿Haces competir a tus hijos?
Autoras: Ignacia y Javiera Larrain.

Educar os fillos na exemplaridade

A nosa conduta informa a os nosos fillos, fillas de como somos, como actuamos en determinadas situacións, ofrecéndolle un determinado modelo de comportamento.

Ideas para educar na exemplaridade:
1- Os pais, nais somos exemplares para o bó e para o malo. As nosas condutas educan a os nosos fillos, fillas.
2- Potenciar valores colectivos, fronte a valores individuais. Pais, nais que ensinan a pensar nos demáis favorecen a pensar menos nun mesmo. 
3- As veces educamos transmitindo en exceso valores económicos. Con diñeiro non hai problemas, pero os cartos non dan recoñecemento dun mesmo, nin dos demais, tampouco dá o  respecto nin a consideración.
4- Ser exemplar está sometido a moitas tentacións. E necesario pedir perdón pero non é suficiente.
5- É necesario que teñamos claro que non estamos nunha sociedade pouco ejemplar. Por cada persoeiro pouco exemplar que aparece nos medios de comunicación seguro que hai 5 persoas exemplares cerca de ti.

Ensina ao teu fillo, filla senón é teu non o collas



                                   
                   Accede ao artigo escuela-de-padres/ Carlos Pajuelo


Via: blogs.hoy.es