lunes, 15 de marzo de 2021

Guía para a participación das personas con TEA: Claves para a intervención na alimentación

A asociación de autismo Córdoba presenta unha guía con claves para a intervención na alimentación dos nenos e nenas con TEA.

Esta é unha guía para facilitar e clarificar aspectos que faciliten ás familias e profesionais a comprensión das dificultades que as persoas con  TEA poden ter no referente á alimentación e para proporcionar unhas axudas e pautas á hora de intervir. 



enlace a guía 

Índice: 

1. Introdución (páx. 8 a 9)

2. Xustifiación (páx. 12 a 20)

3. Importancia dunha alimentación saudable (páx. 24 a 32)

4. Alimentación e consecuencias dos hábitos lesivos (páx. 36 a 41)

4.1.Alimentación e introdución de texturas na infancia, cousas a ter en conta

4.2. Hábitos lesivos

5. Problemas alimenticios que poden presentar as persoas con TEA 

(páx. 44 a 52)

5.1. Factores que poden dar orixe a estes problemas de alimentación

5.2. Problemas de alimentación que poden ou non presentar as persoas con  TEA

6. Como intervir (páx. 56 a 67)

7. Casos prácticos (páx. 70 a 84)

8. Anexos (páx. 88 a 127)

9. Recursos (páx. 130 a 131)

Autora:  Elisabeth Molina Cuenca. Logopeda por la Universidad de Granada y Técnico Superior en Dietética impartido en el I.E.S Fuensanta de Córdoba. 

Autismo Córdoba.


enlaces relacionados:

Los desordenes de la alimentacion en los trastornos del espectro del autismo

Autismomadrid-Guia-Trastornos-Alimentacion-Tea


viernes, 5 de marzo de 2021

Protocolo prevención, detección e intervención do risco suicida no ámbito educativo

A prevención do suicidio require unha mirada complexa, un enfoque global, multidisciplinario e interinstitucional, centrada nos aspectos positivos do benestar e saúde mental.

Na escola inclusiva debe priorizarse o desenvolvemento integral (emocional, racional e condutual) das persoas, favorecendo estilos de vida saudables e dinamizando programas transversais de educación para a saúde, atendendo ás dimensións física, biolóxica, psicolóxica e social de xeito interdisciplinario.

 Ademais de adquirir unha educación que capacite o alumnado para participar activamente na sociedade, é urxente priorizar a posta en marcha dos programas de educación emocional, prestando especial atención a desenvolver a autoestima e empatía, saber xestionar os pensamentos e as emocións, crear relacións sociais positivas e utilizar estratexias de resiliencia para afrontar situacións adversas.


1. Índice

2.Unha visión multidisciplinaria

3.Actuacións por parte dos servizos educativos:

  1. prevención primaria con todo o alumnado
  2. prevención secundaria alumnado en situación de risco
  3. prevención terciaria intervención educativa no intento autolítico 

4.Posvención: elaboración do proceso de dó nos centros educativos 

5. Referencias bibliográficas

  1. Fluxograma 1: Prevención do risco suicida no ámbito educativo 
  2. Fluxograma 2: Intervención no risco autolítico detectado por Educación. Coordinación con Saúde Mental. 
  3. Modelo 1: Derivación á Unidade de Saúde Mental 
  4. Modelo 2: Seguimento psicopedagóxico para a Unidade de Saúde Mental 
  5. Consentimento familiar para a cesión de datos de carácter persoal  

enlace ao documento 

Consellería de Educación de Galicia. educonvives.gal 

jueves, 4 de marzo de 2021

Habilidades Executivas centradas no Control Emocional e Motivación

O doctor Russell Barkley, experto en TDAH comparte que este trastorno é principalmente acerca da regulación emocional e o autocontrol. Non se trata só de falta de atención, impulsividad e hiperactividade. O proceso de inhibición é a base de fundamental de traballo para todos os nenos e nenas con TDAH.
O TDAH non é un trastorno da intelixencia. Dr. Barkley analiza cinco habilidades executivas centradas no control emocional que están afectadas polo TDAH. 






   Foto de AnneliseArt en Pixabay 

1. A pausa os nenos, xoves con TDAH a miúdo mostran incapacidade para crear unha pausa ou un momento de autocontrol entre estímulo e resposta con unas consecuencias pola súa reacción inmediata. Para axudar aos nenos, nenas na creación das pausa temos que darlle ao seu cerebro a oportunidade de facer asociacións coa cor, imaxes e obxectos concretos. Artigos tanxibles pueden ser recordatorios simbólicos para os estudantes de todas as idades.
Sacudir unha pulseira que temos posta, ou poñerse unha gorra son dúas prácticas que os profesores poden moldear nos alumnos, alumnas antes de tomar unha decisión emocional ou académica apresurada.
Ter na aula unha zona con palabras como: deterner, respiración, fluir, repouso. Imaxes que sirvan de apoio as palabras ou obxectos persoais deles a modo de recordatorio que os alumnos, alumnas poidan asociar e crear novas respuestas menos impulsivas.
Facer contacto visual frecuente para axudarlle a recuperar a atención na actividade.

2. OlloVisión retrospectiva, desenvolvemento de habilidades de autoavaliación. Os nenos, nenas necesitan entender como as experiencias e decisións impulsivas pasadas deron paso a efectos negativos. Os profesores poden diseñar que os alumnos, alumnas creen unha historia visual ou escrita acerca dunha experiencia vivida. Para unha Reflexión sobre os comportamentos e posibles alternativas, soluciones diferentes posibles.

3. Voz.  Diálogo interno, como regulador de la conduta é unha extratexia moi potente. As auto instrucións como estratexia para mejorar aprendizaxe e comportamento. Consiste en ensinar ao neno, nena a falarse a si mesmo en voz alta, a darse instrucións do que ten que facer e eloxiarse por facelo ben. Utiliza a linguaxe interna para regular e dirixir a súa conduta.

4. Corazón. Motivación. Esta habilidade é moi deficitaria nos nenos e nenas con dificultade de regulación emocional e autocontrol. É unha habilidade executiva que consiste en facer conexión entre as respuestas emocionais e a capacidade de automotivarse. Hai dúas maneiras: con retroalimentación do mestre, (non é unha avaliación, nin unha loubanza) faise de maneira indirecta, facendo notar o apoio e comprensión.
A outra maneira e con documentais motivacionais. Estos xeneran preguntas, diálogos que van favorecen actitudes positivas.
Para aumentar a motivación dos alumnos, alumnas temos que facer unha educación personalizada: coñecer ao alumno, alumna cales son os intereses, gustos, habilidades tamén as súas dúbidas, frustracións para axudarlle a ser autónomos na súa aprendizaxe. 

5. Zona de xogos da mente. A outra función executiva abarca a resolución de problemas, a empatía, e a flexibilidade cognitiva. Para visualizar un problema desde unha perspectiva diferente temos que sentir empatía, ver as posibilidades e expoñelo como si fora un desafio que nos pode motivar a descubrir unha nova forma de aprender e relacionarnos cos demais. 
Esta ultima zona de xogos da mente inclúe a pausa, a voz, o ollo, e o corazón a combinación destas habilidades danos unha increíble oportunidade de ser parte do desenvolvemento do cerebro dos nosos estudantes. 


Enlace ao artigo http://www.edutopia.org/blog



Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero

A diversidade é unha realidade tanxible que se vive na escola e é, polo tanto, un valor positivo que se debe aprender desde as etapas iniciais do sistema educativo. A escola ha de ser verdadeiramente inclusiva, un espazo onde se ten que respectar a identidade de cada persoa e onde o feito de ser trans no cause rexeitamento.



Resultado de imaxes para protocolo identidade de xénero

Unha vez realizada a manifestación expresa ao centro educativo, e realizado o informe psicopedagóxico, a dirección do centro establecerá unha reunión de coordinación co alumnado e cos seus representantes legais, se os tivera, coa xefatura do departamento de orientación e co/coa titor/a do alumno ou da alumna. Nesta reunión, conxuntamente, e dando a mellor resposta posible ás necesidades específicas de apoio educativo no marco do plan de convivencia do centro e, de acordo con estas orientacións, estableceranse as medidas organizativas de aceptación/respecto no centro e de atención que se precisen, que serán adoptadas en exclusivo interese do menor.

enlace ao protocolo


Índice:
1. Presentación
2. Fundamentación
3. Medidas e actuacións
    - Comunicación aos centros
    - Os departamentos de Orientación
    - Establecemento de medidas de atención ás necesidades do/a menor
    - Recomendacións educativas e organizativas en relación co xénero que o/a    menor sente como propio
    - Medidas para información e formación da comunidade educativa
    - Medidas de prevención, detección e intervención ante posibles casos de    discriminación, acoso escolar, violencia de xénero ou maltrato infantil por identidade de xénero.
4. Referencia normativa
5. Bibliografía e ligazóns de interese





Deixo un enlace sobre as experiencias nos centros IES Castro Alobre, de Vilagarcía e o centro IES Rego de Trabe, de Culleredo.