lunes, 30 de marzo de 2020

Recomendacións psicolóxicas pola crise do Coronavirus

Nestas datas de confinamento é importante ter claras algunhas pautas de actuación nas familias para facer máis levadeiro este tempo de estar na casa, procurando ter un ambiente protector e tranquilo.
Déixovos unha serie de recursos para facilitar este momento de estar na casa :
Entrevista a Carlos PAJUELO psicólogo dun equipo de atención temperá, cre que desta experiencia sairán «fillos máis fortes» e ofrece algunhas pautas para facer máis levadía esta corentena ás familias.

  • É necesario establecer rutinas, pero sen pasarse. Non se lles poden encher todas as horas do día de actividades. "Os pais non son animadores socioculturais"
  • Hai que evitar expoñelos a unha  sobreinformación.
  • A mellor frase que se pode pronunciar en casa é: «Mozos, tranquilos, que isto pasará e, mentres pasa, estamos na casa».
  • Tamén importante permitir aos nenos que manteñan o contacto cos seus amigos. E, se se pode, botar man das tecnoloxías. Deixarlles facer videoconferencias, que se conten que están a facer, e falen das súas cousas.
  • É necesario manter a saúde física, pero tampouco obsesionarse.
  • «Nada de pasarse o día en pixama ou en chándal. Hai que estar ben, sentirse ben e coidarse. Aínda que só sexa para saír ao balcón para aplaudir.
  • Este é un bo momento para trasladar valores aos nosos fillos. Un deles, por exemplo, é a solidariedade. Pensar nos demais.
  • Ante situacións difíciles hai que tentar entender as súas reaccións e dar tranquilidade aos fillos.
                           

O colectivo de psicólogos de Madrid dan unhas recomendacións para explicarlle aos nenos o brote de Coronavirus

  • Non ignorar os seus medos ou dúbidas.
  • Utilizar unha linguaxe adaptada á súa idade do menor e aos seus coñecementos.
  • Entender que se non llo explicamos ben recorrerán a argumentos  fantasiosos para compensar a falta de información.
  • Falar con frecuencia sobre o tema pero sen saturarlles con demasiada información.  Normalizar que se fale sobre iso sen que sexa  un tema tabú.
  • Promover espazos de encontro para a comunicación con eles onde sentan seguros e tranquilos para expresar, escoitar e preguntar
  • Evitar facer referencia ás persoas que están moi enfermas ou faleceron
  • Ser honestos e evitar longas explicacións, respondendo as súas dúbidas ou medos que poidan ter.
  • Transmitir que poden expresar as súas dúbidas e confiar en nós.
  • Se non temos todas as respostas, ser sinceros, quizais podamos buscar respostas xuntos.
  • Usar debuxos ou representacións gráficas sinxelas para explicar como se produce o contaxio (por exemplo, que naceu en China, que lle gusta moito viaxar, e que de momento, Italia e España son dous países que lle gustan moito,..).
Para os pais e nais : 
  • O máis importante é manter a calma, e saber manexar a tensión.
  • Vixiar as nosas conversacións con outros adultos, ou doutros adultos, os nenos e nenas escóitannos e perciben o noso medo.
  • Non alarmarse nin estimular ao medo.  Ser realista, a inmensa maioría das persoas están a curarse.
  • Protexerlles de toda a información que poida pode ocasionarlles malestar e preocupación porque poden non interpretar ben a información. 
  • Dar seguridade sobre o estado de saúde dos adultos da súa contorna, por exemplo os avós, informarlles que saben protexerse e coidarse.  Se adoitan ver a outros familiares con frecuencia e debido ao virus diminuíron as visitas promover contactos virtuais.




Enlaces relacionados






viernes, 20 de marzo de 2020

Contos e Indicacións para explicar a nenos e nenas que é o Coronavirus

Nestes días que son tan diferentes para os nenos e nenas da rutina habitual, eles precisan explicacións do que está a pasar.
O conto "Rosa contra o virus", publicado por Editorial Sentir, en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Madrid e polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Cataluña. 
O obxectivo principal deste conto é poder explicar aos máis pequenos, da forma máis sinxela e clara posible, que é un virus e xestionar as súas emocións. Por iso, é importante que o menor se sinta acompañado na lectura deste conto. Ao final podes atopar un apartado de recomendacións para adultos.


                              enlace para a súa descarga

Outro conto que explica aos nenos que é o coronavirus e ensina medidas de protección fronte ao coronavirus 


                                          enlace para su lectura

Autora: María Coco Hernando
Ilustración e deseño: Sara Ramírez Sáez
Corrección: María Rodríguez Coco  

A psicóloga e educadora social, Elena San Martín Suárez indica unha serie de consellos para longos períodos dentro de casa con motivo da pandemania do coronavirus.


                                                  enlace para a súa descarga


Enlaces relacionados co coronavirus :

Faros Sant Joan de Déu Barcelona : 

    como explicar aos nenos, nenas os motivos do illamento e corentena

Asociación Española de pediatría :
Decálogo para familias frente ao coronavirus

ARASAAC 
Síntomas, rutinas e prevención