jueves, 25 de mayo de 2017

Avaliar é reflexionar sobre a aprendizaxe


Na orde do 20 de abril do 2106 "Nas sesións de avaliación presididas pola titora levantará unha acta onde consten valoracións e conclusións sobre o nivel de rendemento do grupo e do alumnado e os acordos adoptados". 
orde 9 xullo do 2016  pola que se regula a avaliación e promoción en primaria.

A avaliación do rendemento académico dos estudantes tenderá cara á avaliación continua, entendida como ferramenta de corresponsabilidade educativa, e como un elemento do proceso de ensino-aprendizaxe que informa o estudante sobre o seu proceso de aprendizaxe. resolución da normativa de evaluación do rendemento académico 2011 Xunta de galicia.
Temos que ver a valoración do rendemento nun senso amplo que abarca a todos os elementos do proceso. E para a valoración do rendemento terase en conta sobre todo os progresos do alumno en relación si mesmo, non en relación con un nivel de coñecementos previamente establecido para o grupo.

A maioría dos mestres fan observacións durante a aprendizaxe de como responde o alumno, como interven na aula a diario, se aporta ideas interesantes, significativas, creativas, se mostra interese hacia  a aprendizaxe, esforzase por conseguir pequenos obxectivos, aplica os novos coñecementos, etc. 
Moitos destes items están recollidos nos criterios de avaliación, pero o certo e que seguimos dándolle moito máis importancia a o exame /control que fai en relación aos contidos estudiados.

Cando se fala de Avaliación Formativa (que ten un sentido orientador) falamos de:








lunes, 8 de mayo de 2017

Principios para outra Avaliación

J. garcía Blas sinala que a avaliación é o elemento máis inmovilista de todos cuantos conforman o sistema educativo. Blas describe A avaliación como parte do proceso de aprender fronte a unha avaliación como unha colección de feitos puntuais, que teñen unha finalidade sancionadora ou certificadora.

Para que avaliamos en educación.
As avaliacións de final de curso chegan tarde. Para que serven os boletíns e as actas como parte máis concreta da avaliación? Para alimentar a versión máis tecnócrata do ensino: reconto e clasificación.
A avaliación en educación debería perseguir un único obxectivo: Mellorar a aprendizaxe dos/as alumnos/as.Unha avaliación que mira só cara ao alumno é unha avaliación viciada.


O exame como único modelo de avaliación é un tremendo erro. Simplemente non obedece ao fin principal da avaliación: mellorar a aprendizaxe do alumnado. E non o fai, na mellor das intencións, en ningún dos ámbitos de mellora que podería facelo:
Ao non producir feedback durante o proceso, non axuda aos alumnos a aprender.
Ao constituírse como un elemento illado do propio proceso de aprendizaxe, non axuda aos mestres para mellorar o ensino.
NON implica, de maneira directa, a asignación de recursos (que supostamente axudarían a mellorar a educación) naqueles centros ou contextos cuxas medicións queden por baixo de media estipulada.

accede ao artigo completo no seguinte enlace:

evaluacion-como-parte-del-aprendizaje