Mostrando entradas con la etiqueta Lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lectura. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de octubre de 2023

MES da DISLEXIA

A dislexia é a Dificultade Específica de Aprendizaxe máis común do mundo, xa que se estima que un 10% da poboación ten dislexia. 
Isto supón máis de 4,6 millóns de españois e 800.000 nenos nas aulas do noso país. 
 Os nenos, os adolescentes e adultos con dislexia, teñen un nivel de intelixencia normal, simplemente teñen unha forma diferente de aprender. 







Edificio del Ministerio de Educación y Formación Profesional en azul e apoio  a visibilización do 
Día Internacional de la Dislexia

PARA OBSERVAR NAS FAMILIAS

 

Na educación infantil presenta:

ü Falta de habilidade para lembrar o nome de series de cousas.

ü Atraso para memorizar os números, os días da semana.as cores e as formas.

ü Dificultade para aprender as cancións, trabalinguas, rimas.

ü Atraso no desenvolvemento da fala e da linguaxe.

ü Torpeza motriz en actividades lúdicas sinxelas. 


Na educación de seis a oito anos:

ü Confusión na distinción entre dereita e esquerda

ü Dificultade para aprender o alfabeto e as táboas de multiplicar.

ü Dificultades coa lectura e a escritura.

ü Tendencia a escribir  os números en dirección ou orientación non axeitada.

ü Falta de atención.



De nove a doce anos presenta:

•       Complicacións para seguir as instrucións orais.

•       Evitar actividades que conlevan ler

•       Mala pronuncia de nomes ou palabras, ou problemas para lembrar palabras

•       Problemas para comprender bromas ou expresións que poden non ser fáciles de entender a partir de palabras específicas (modismos), como «pan comido», que significa «fácil»

•       Tardar máis tempo do habitual en completar tarefas que conlevan ler ou escribir

•       Dificultade para resumir unha historia

•       Problemas para aprender un idioma estranxeiro


enlaces relacionados : Entradas dislexia


 

lunes, 10 de octubre de 2022

Día Internacional da Dislexia

Un dos trastornos da aprendizaxe máis común que afecta aos nenos e nenas en idade escolar é a Dislexia. O día 8 de outubro celébrase o Día Internacional da Dislexia para concienciar ás persoas acerca deste trastorno que afecta ao 10 % da poboación mundial ( OMS).

A Dislexia é de orixen neurobiolóxico é dicir afecta ao individuo durante todo o seu ciclo vital. O nivel de intelixencia non ten ningunha relación de correspondencia coa Dislexia.

A Dislexia afecta a diversas áreas de funcionamento, tales como o desempeño lector e de escritura, incidindo no rendemento académico dos nenos e adolescentes en idade escolar, así como o desempeño laboral en adultos.





vídeo mulleres con Dislexia

organización internacional Dislexia

vídeo persoeiros con dislexia








                          

miércoles, 9 de diciembre de 2020

Lectura fácil: Métodos de redacción e de avaliación

A lectura fácil é unha das solucións que, progresivamente, comezou a implantarse para facer que os contidos sexan accesibles a todos. 

Esta obra pretende recompilar e sistematizar o coñecemento ao redor da lectura fácil e expoñer liñas futuras de investigación. A investigación céntrase en determinar unha definición do concepto de lectura fácil, describir as características dos seus usuarios principais, sistematizar as pautas de redacción de textos en detalle e propoñer métodos de avaliación obxectivos. 

Tamén se expoñen algunhas boas prácticas nacionais e internacionais. Por último, exponse algunhas liñas de traballo a futuro referidas a avaliación con usuarios, deseño de ilustracións e uso de tipografía, entre outros.



Índice
Prólogo de Juan Manuel Moreno  Bonilla, Secretario Xeral do Real
Padroado sobre Discapacidade .................................................. 9
Prólogo de Mariano Casado, vicepresidente de  FEAPS ..............    11
Resumo -                  .............................................................  13
Introducción ........................................................................   15
Capítulo 1. Definición do concepto de lectura fácil.....................    17
Capítulo 2. Referencias lexislativas relacionadas coa lectura fácil.    29
Capítulo 3. Usuarios que se poden beneficiar da lectura fácil......     43
Capítulo 4. Método de redacción de lectura fácil ......................     63
Capítulo 5. Técnicas de avaliación de textos de lectura fácil .......    83
Capítulo 6. Selección de boas prácticas en lectura fácil..............   105
Conclusións  ......................................................................    123
Bibliografía   ......................................................................    129

enlace a publicación : lectura-facil-metodos.pdf

Edita:  

Real Patronato sobre Discapacidad. http://www.rpd.es   

Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad http://www.msssi.es

jueves, 13 de febrero de 2020

Protocolo para a intervención psicoeducativa da Dislexia e/ou outras Dificultades Específicas da Aprendizaxe

A competencia en lectura e escritura é unha das oito competencias  clave que establece a recomendación do Consello da Unión Europea do 22 de maio de 2018.
É tal a importancia do desenvolvemento adecuado dos procesos lector e escritor, tamén do cálculo, que o seu desaxuste, como ocorre no caso do alumnado con dislexia e/outras dificultades específicas da aprendizaxe , ocasiona problemas moi diversos, desde os relacionados coa propia autoestima ata os que teñen que ver co proceso de aprendizaxe e, polo tanto, co desenvolvemento do currículo. E isto afecta ao alumnado, as súas familias e ao propio profesorado.






Índice :

  1. Introdución 
  2. Delimitación conceptual da dislexia e/outras dificultades específicas da aprendizaxe.
  3. Identificación da dislexia e/outras dificultades específicas da aprendizaxe.
  4. Intervención psicoeducativa do alumnado con dislexia e/outras dificultades específicas da aprendizaxe.
  5. Avaliación curricular do alumnado con dislexia e/outras dificultades específicas da aprendizaxe.
  6. Seguimento da intervención psicoeducativa do alumnado con dislexia e/outras dificultades específicas da aprendizaxe.
  7. Recursos TIC paraa intervención psicoeducativa do alumnado con dislexia e7outras dificultades específicas da aprendizaxe.
  8. Referencias bibliográficas sobre a dislexia e sobre outyras dificultades específicas de aprendizaxe e a súa identificación.
  9. Anexos 


enlace para a súa descarga
https://www.edu.xunta.gal

lunes, 12 de marzo de 2018

Pautas para adaptar as probas a alumnos, alumnas con dificultades na lectoescritura

A Avaliación é un elemento dentro do proceso ensinanza aprendizaxe  para facilitar a respuesta axeitada no avance cara a aprendizaxe. Por iso e necesario desenvolver unha avaliación contextualizada, centrándonos máis no proceso que no resultado. Cando queremos avaliar a un alumno, alumna temos que considerar os factores que inciden no momento.

Dividimos es distintos aspectos para ver con máis detalle:

Tempo e Distribución 

Permitir descansos durante a proba
Considerar o momento do día no que se fai a proba
Evitar que o alumno teña máis dunha proba por día

Presentación e Formato da proba
Expor alternativas complementarias de avaliación á proba escrita dependendo das características do alumno:
Proba oral, Proba tipo Test.
                                                        Nas probas escritas
       
                                                                              Cantidade e deseño

  •  Aumentar o espazo entre exercicios
  • Reducir o número de exercicios por páxina
  • Reducir exercicios ou apartados ( hai que controlar a cantidade de tarefa de modo que non lle supoña máis tempo que aos demais).

                                                                             Enunciados


  • Enunciados curtos, preferiblemente cunha oración en cada liña.
  • Resaltar as palabras ou oracións crave das instrucións (subliñar, negrita)
  • Volver a escribir as instrucións en cada nova páxina se o exercicio continua.                                                                                                                                                                                   Preguntas
  •  Utilizar preferentemente preguntas que impliquen respostas de clasificar, relacionar, verdadeiro/falso.
  • Completar frases cunha ou dúas palabras, en lugar de preguntas que esixan redactar.
  • Presentar preguntas da proba por escrito ( non ditar).
  • Se houbese textos fragmentalos en pequenas partes e intercalar as preguntas de comprensión, ou numerar os parágrafos do texto.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                        Formato
  • Aumentar o tamaño da letra ( entre 14 e 18 puntos).
  • Aumentar o entreliñado.
  • Escribir en negro sobre o papel de cor crema.
  • Usar tipografías de pau seco, como Arial , Verdana, Helvética. Evitar cursiva e o texto xustificado. 
Instrucións para realizar a proba

Realizar unha lectura previa da proba por parte do profesorado.
Asegurarnos de que comprendeu o enunciado de todas as preguntas.

Forma de respuesta

Se ten que escribir ofrecerlle unha pauta.
Poñer un exemplo ou modelo para facilitar a resposta.


Á hora de corrixir
Dar máis importancia ao contido e non tanto á forma.
Corrixir unicamente as faltas de ortografía que nese momento estea a traballarse ou ben outras previamente pactadas co alumno, alumna.
Utilizar cores alternativas a cor bermella para a correción ( os alumnos, alumnas asocian esta cor ao fracaso).

Observacións 

Un dos puntos máis importantes para favorecer a aprendizaxe é o  o éxito do alumno, alumna. Que o alumno, alumna poida desfrutar dos seus avances. Estes facilitarán a motivación, a persistencia no traballo escolar.
Unha escola inclusiva baséase en tres P: 
Unha escola inclusiva promove a atención á diversidade 
na aula coa :
       









       









       1º Presenza
                                              
                                  2º Participación como un máis
                                  3º Progreso na aprendizaxe
                               

O progreso tamén é un elemento clave para a  súa autoestima. 




Este artigo fíxose coa colaboración da mestra de Audición e Linguaxe Andrea. Moitas grazas pola gran aportación que fixeches a este artigo.