A diversidade é unha realidade tanxible que se vive na escola e é, polo tanto, un valor positivo que se debe aprender desde as etapas iniciais do sistema educativo. A escola ha de ser verdadeiramente inclusiva, un espazo onde se ten que respectar a identidade de cada persoa e onde o feito de ser trans no cause rexeitamento.
Unha vez realizada a manifestación expresa ao centro educativo, e realizado o informe psicopedagóxico, a dirección do centro establecerá unha reunión de coordinación co alumnado e cos seus representantes legais, se os tivera, coa xefatura do departamento de orientación e co/coa titor/a do alumno ou da alumna. Nesta reunión, conxuntamente, e dando a mellor resposta posible ás necesidades específicas de apoio educativo no marco do plan de convivencia do centro e, de acordo con estas orientacións, estableceranse as medidas organizativas de aceptación/respecto no centro e de atención que se precisen, que serán adoptadas en exclusivo interese do menor.
enlace ao protocolo
1. Presentación
2. Fundamentación
3. Medidas e actuacións
- Comunicación aos centros
- Os departamentos de Orientación
- Establecemento de medidas de atención ás necesidades do/a menor
- Recomendacións educativas e organizativas en relación co xénero que o/a menor sente como propio
- Medidas para información e formación da comunidade educativa
- Medidas de prevención, detección e intervención ante posibles casos de discriminación, acoso escolar, violencia de xénero ou maltrato infantil por identidade de xénero.
4. Referencia normativa
5. Bibliografía e ligazóns de interese
Deixo un enlace sobre as experiencias nos centros IES Castro Alobre, de Vilagarcía e o centro IES Rego de Trabe, de Culleredo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario