lunes, 28 de enero de 2019

Infografía Dislexia

Recollo nesta infografía un pequeno resumo da charla de Luz Rello, investigadora e Lingüísta, onde fala a través da súa experiencia escolar, das fortalezas que desenvolven os nenos e as nenas para afrontar a súa dificultade específica de aprendizaxe.
Fai unha reflexión ao final da entrevista que di: 
"se alguén diche que ti non podes, equivócase" 
"se ti queres ser feliz escolle os consellos que che axuden a ser feliz"
"selecciona as orientacións que che axuden a ser o que ti queres ser" 





Pincha en Fuentes ou  desde este enlace accede ao vídeo .


lunes, 14 de enero de 2019

Guías con pautas para Pais e Nais de nenos e nenas con TDAH

Está guía está dirixida a nais e pais con fillos, fillas con TDAH e pretende chegar información sobre as súas características e orientacións que lles axuden a promover a evolución positiva das súas fillas e fillos, controlando e canalizando de forma adecuada os seus síntomas.
Fai unha descripción dos síntomas, fala tamén da necesidades destes nenos, nenas e ten un capítulo de orientacións para nais, pais moi desenvolvido que axudará as familias a entender e canalizar mellor as dinámicas as veces difíciles e complicadas que se producen no ámbito familiar.

                                                             enlace a publicación

Índice
Introdución
Que é o trastorno por Déficit de Atención e/ou Hiperactividade?
Avaliación e Diagnóstico
Tratamento
Como son os nenos e as nenas con TDAH? Que dificultades e necesidades teñen?
Orientacións para pais e nais.
Colaboración co centro educativo
Como evolucionará o noso fillo ou filla con TDAH?

Autora: Isabel Bellver Vázquez-Dodero
Ilustraciones Isidre Monés
Edita: CEAPA  Confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres de Alumnos



                                    Guía práctica para pais e nais. feaadah
Se o que precisamos e unha publicación máis curta que a guía anterior, que explica o día a día cun neno, nena con TDAH e nos fala:
Da actitude positiva, 
Comprender ao nos fillo, filla 
Mellorar a súa autoestima 
Ensinarlle a ser organizado 
O que debemos evitar
Favorecerlle as habilidades sociais

Edita Federación Española de Asociaciones para la ayuda al Déficit de Atención e Hiperactividad
www.feaadah.org 

miércoles, 2 de enero de 2019

Guía BuLLYING TEA

Guía de actuación para profesorado e familias. Trátase dun recurso dirixido a familias e profesores para axudarlles a identificar e detectar situacións de acoso escolar e poñerlles freo, así como para apoiar e axudar á vítima. 
O obxectivo desta guía é poñer o foco no contexto educativo xa que é aquí onde se debe fomentar e transmitir o respecto á diversidade. 




Contidos

  1. Xustificación e finalidade da guía 
  2. De que falamos cando falamos de acoso Que é o acoso?
  3. Vulnerabilidade non significa predeterminación
  4. O acoso pódese evitar. Como previr o acoso. Estratexias
  5. Tomando en serio o acoso escolar. Como detectar se está a ser acosado?
  6. Reaccionando ante o acoso. Protocolo de actuación e intervención ante o acoso escolar
  7. Dá o teu primeiro paso agora. Podes saír de todo isto. Axudámosche. Como apoiar e axudar á vítima?
  8. Bibliografía e páxinas web 
  9. Anexos


Autoría: Juana M. Hernández Rodríguez 
Editor: Confederación Autismo España. 
Enlace para descarga acoso escolar TEA