Pautas:
1. Disminuir o impacto dos acontecementos estresantes :
Falando co neno, nena de todo o que lle preocupa, de como se sente.
Comprender o importante que para o neno, nena é esa situación.
Falar co neno, nena de todo aquilo que teme.
Adoptar unha actitude propicia á resolución do conflito ou problema ( interesarse pola evolución do problema, animar ao neno, nena, reforzalo polos avances conseguidos.
2. Educalo para potenciar os seus recursos persoais:
Fomentar no neno unha actitude activa dirixida á resolución de problemas.
Axudar ao neno a atopar aptitudes, intereses e actividades. Reforzar e potenciar as súas capacidades:
Fomentar a súa autonomía.
Non ser excesivamente esixentes.
Corrixirlle cando fai algo mal. É importante que se critique a súa actuación, pero non a súa forma de ser.
Non ser excesivamente sobreprotector.