jueves, 27 de octubre de 2016

Falan sobre altas capacidades os autores dos test de intelixencia

Artigo de Steven Pfeiffer sobre o informe dunha investigación entre os autores dos test de intelixencia máis usados na avaliación das altas capacidades. este artigo esta recollido no blog aacclarebeliondeltalento.com que fai un exahustivo análise do informe no que falan da importancia de revisar os modelos de identificación, avaliación e seguimento das altas capacidades.
Recollo estos puntos importantes para a reflexión educativa.

Os resultados desta investigación indican que os autores manteñen diversas opinións e puntos de vista sobre as altas capacidades, aínda que a maioría deles falan dun enfoque multidimensional para a avaliación da alta capacidade.
Un 85% dos autores estiveron dacordo en que non debía utilizarse un punto de corte (C.I. 130)como único indicador da alta capacidade. A maioría dos autores afirmou que calquer punto de corte fixo é engañoso, é un índice artificial, da verdadeira capacidade. 
Un crecente número de autoridades no campo das altas capacidades defenden a importancia dos factores conativos e factores contextuales; por exemplo motivación, persistencia, compromiso coa tarefa que afectan as altas capacidades e o desenvolvemento do talento.

                                imagen visual hunt


Unha avaliación multi-dimensional é esencial ( Pfeiffer, 2015; Sternberg in press)

Avaliación multi-dimensionais : O proceso de avaliación das altas capacidades implica a medición de diversos elementos, incluíndo a capacidade intelectual, o rendemento, o proceso cognitivo, o pensamento creativo, o comportamento e outras escalas de observación ( National Association of Gifted Children 2015; Pfeiffer, 2015).
Con respecto a re-avaliación das altas capacidades: A maioría destes autores sinalan que son importantes e necesarias. A frecuencia da re-evaluación cando estea recomendada, exténdese nun rango desde anual, de 2-3 anos ou cada 3-4 anos. Un dos autores comentou que a capacidade é un fenómeno en desenvolvemento e a re-avaliación debe ser máis frecuente cando o neno, nena é máis pequeno. Outro autor sinalou a importancia de asociar está evaluación á intervención, a re-avaliación apórtanos pautas para a intervención. Proporciona unha oportunidade de monitorear o progreso do alumno, determinar en que medida o estudante estase a beneficiar do programa de desenvolvemento do talento.
O perfil de fortalezas e debilidades reveladas nunha avaliación son o patrón para a intervención e acción educativa.( Silverman 2013)

Un número cada vez maior de autoridades neste campo sostén que as altas capacidades son un constructo multidimensional e debe reflectir a transformación dinámica de desenvolvemento dos dones co tempo. Os evaluadores entón, deberán medir constructos que non adoitan atoparse en moitas das probas máis utilizadas na actualidade.
Hai un crecente interese en medir de forma fiable e eficiente o pensamento creativo, a intelixencia emocional, a paixón pola aprendizaxe, o compromiso de traballo, a capacidade de liderado, a mentalidade e potencial para aprender.(Pfeiffer, 2015; Siegle y Langley, 2015)


enlace ao artigo completo aacclarebeliondeltalento.com

lunes, 17 de octubre de 2016

Revista AOSMA n°22 Acoso Escolar




Índice

Editorial

Tribuna Profesional
A intelixencia adquisición de coñecementos ou desenvolvemento de habilidades?
Neurociencia e educación: Innovación e mellora dos procesos educativos.

Monográfico
presentación. Rosa Mª Torres
Construir o proxecto antibullying. José Mª Avilés
O proxecto TEI Tutoría Entre Iguais. Andrés González
O reto da escola inclusiva. Kika Fumero
Casos de acoso escolar- Sindrome Alumnado Vulnerable. David Sánchez
A resiliencia unha variable a ter en conta no acoso escolar. J. A. Montoro
Actuacións de éxito fronte ao acoso escolar. Claudio López
Dez liñas de actuación estratéxicas para combatir o ciberbullying. J. Flores
O Acoso unha reflexión persoal. Mª Dolores García.




martes, 11 de octubre de 2016

A docencia compartida : estratexia para a inclusión

Moitos centros está a optar por non sacar aos alumnos de NEAE das aulas e que sexan os mestres de PT/AL ou un segundo docente que entre na aula para favorecer a participación nas dinámicas de aula.
Aclarar que a docencia compartida por si soa non propiciará situacións de inclusión real na aula, deben ir aparelladas doutras propostas de traballo.

modalidades docencia compartida

1. Titular e apoios repartense en  grupos (Desdobre de aula)
O segundo docente encárgase do grupo de menor nivel e propón un traballo paralelo ao que os demais alumnos, alumnas da aula están a facer. Xéranse categorías de alumnos na aula e difícilmente alcánzase o modelo de participación e cooperación do alumnado. 
2. Titular y PT/AL (apoio a grupos NEAE)
O alumno, alumna pode participar en determinadas propostas de actividade da aula co apoio deste segundo docente. Isto esixe un alto grao de coordinación.
O perigo desta modalidade de docencia compartida estriba en que a proposta de traballo adaptado do alumno, alumna sexa paralela e diferenciadadas do resto de aula.
3. Titular e Apoio auxiliar (descarga de traballo)
Neste modelo sendo maestro auxiliar ou PT/AL serva de apoio constante as dúbidas que poidan surdirlle a calquer alumno na aula.
Este modelo esixe que o traballo do mestre/a de PT/AL céntrese en propiciar as estratexias e adaptacións necesarias para que os alumnos participen na aula traballando o mesmo currículo que os seus compañeiros.
4. Complementariedade ( intercambio de roles)
Ambos mestres establecen periódicamente "o intercambio de roles".
Unha vez máis as tarefas de coordinación e traballo en equipo son esenciais para que o titular coñeza as vicisitudes das atencións específicas que requiren determinados alumnos, alumnas, e o mestre/a de apoio deberá coñecer aspectos concretos da materia.
Sería a primeira modalidade de apoio ao grupo non ao docente é o máis cercano ao concepto de inclusión nas aulas.
5. Traballo Colaborativo
No traballo colaborativo ambos docentes son responsables do grupo de alumnos e deben participar no mesmo grao nas tarefas de ensino-aprendizaxe que se programen. Esixe unha coordinación efectiva entre ambos docentes para a planificación da aula tanto a nivel curricular como organizativo. pueden abarcar todas as modalidades docentes anteriores, se así se fai necesario, aínda que sin facer distincións de xerarquías ou rangos.
Neste caso tamén temos o apoio ao grupo é non ao docente nin a ACNEAE. 

Entrada recollida do excelente blog de AntonioMárquez. siesporelmaestronuncaaprendo







Consellos para ensinar as normas de clase

Recollo do blog de Santiago Moll, onde ten entre outros entradas, moitas actividades de titoria interesantes,  estes consellos para elaborar as normas de clase.

Normas progresivas- trátase de seleccionar que normas vamos a ter na aula en distintas sesións, para que non queden diluidas unhas por outras.
do urxente ao importante- é importante analizar, comparar que non todas as normas da aula tñen a mesma relevancia a elaborare as normas en distintas sesións, podemos explicar e comprobar como non todas as normas teñen a mesma relevancia.
Menos é máis- en función da idade dos alumnos, alumnas o número de normas pode ser distinto. o ideal é non pasar de 10 normas.
Da teoría a práctica- a mellor maneira de explicar as normas é coa exposición, de casos prácticos nos que os alumnos, alumnas poídan sentirse identificados. sería interesante cos propios alumnos expliquen casos que coñezan.
Pódeme pasar a min- o alumno fará súa unha norma se é consciente de que esa norma de clase pódelle afectar directamente a el nalgún momento do curso escolar.

Resultado de imaxes para normas de clase


Da palabra ao texto- para fixar unha norma de clase non é suficiente con enunciala en voz alta. Xa que logo, do que se trata é de fixar ditas normas de clase por escrito. Unha actividade que funciona realmente ben é colocar aos alumnos, alumnas en grupos e que cada grupo traballe cunha norma determinada.
Acción e reacción- outro aspecto a destacar á hora de dar a coñecer as normas da clase ten que ver coas consecuencias de non cumprir con devanditas normas.
As normas e as súas circunstancias- é importante facer ver aos alumnos, alumnas que o cumprimento dunha norma vai en consonancia ás circunstancias que poden rodear dita norma. Por iso é polo que é realmente útil facer supostos co grupo e ver os posibles matices que toda norma encerra.
As normas tamén se fan maiores- as normas deben ser algo vivo e deberían estar suxeitas aos cambios que se producen con determinadas circunstancias. Isto quere dicir que se deberían poder eliminar, incorporar, matizar e cambiar a súa orde de importancia.
A finalidade dunha norma- unha norma debería axudar a un alumno, alumna a crecer no seu desenvolvemento persoal, a asumir determinadas responsabilidades e a tomar as mellores decisións.


enlace ao artigo completo  justificaturespuesta.com