sábado, 30 de enero de 2016

Carl Honore: a niñez un camiño cara á perfección


Carl Honore escritor e pretixioso orador que predica "o menos é máis" e critica o actual culto á velocidade. A el gustoulle ter máis flexibilidade de axenda durante a escolarización, xa que lembra que a miúdo no último minuto dunha materia xurdía un debate interesantísimo que se via interrompido pola rixidez do horario escolar.
Carl-Honore | Tiching

  En qué consiste o International slow Movement?
Trátase de privilexiar a calidade fronte a cantidade, de ir a velocidade axeitada en cada momento.

En que se traduce esta obsesión da velocidade a nivel educativo? 
a consecuencia deste cambio cultural a nivel educativo consiste en que a niñez converteuse nunha carreira cara á perfección.

- Moitas escolas pasaron a ser case unha liña de montaxe onde os nenos, nenas, están sometidos cada vez a máis presión académica. Os exames pasaron a ser máis importantes que a aprendizaxe en si mesma.

- Moitos estudos demostran que os deberes non teñen moito valor ata os once anos. Ante dos once anos aos nenos débeselles de dar tempo para xogar, para ser pícaros, para explorar o mundo ao seu propio ritmo e ata para aburrirse.

- As actividade extrescolares parecenme fantásticas pero non debemos caer na trampa de facer demasiadas actividades, isto significa ter que ir máis rápido e facer as cousas de xeito superficial.

- Estamos tan enfocados ao medible que non damos importancia a aspectos tan sinxelos como pode ser a relación cos demais.
- a nivel educativo é preciso máis flexibilidade.

accede a entrevista completa en :blog.tiching.




Convivencia sen cicatrices

Recollo do blog Orientapas con píldoras para orientar materiais en formato audiovisual compartidos de forma colaborativa. esta edición trata de "convivencia sen cicatrices"

                                                                  

                       






accede a entrada completa en: convivencia-escolar-sin-cicatrices

Revista AOSMA n° 21: Intelixencia Emocional

Monográfico sobre intelixencia Emocional

accede na imaxe a revista

Índice:
*Editorial
*Tribuna Profesional
actividades AOSMA 2015
*Monográfico
Intelixencia e emocións na aula- José T.Boyano
A mirada da resilencia - Mª Dolores Rodríguez González
Personalización tutorial e emocións- David Sánchez Garrido
O paraíso perdido- Juan A. Montoro Garrido
proxecto emocionArte- V. Peralta, E. Ramírez e J. A. Zarco
Talleres de intelixencia emocional- M. R. Benítez e M. Chabrillón
Intelixencia emocional e mellora da convivencia e clima da clase- Pilar Isabel Niño
Compilación de programas de educación emocional- F. Navarro
Entrevista a P. Fernández Berrocal e N. Extremera- José T. Boyano
Seis libros sobre intelixencia emocional ( máis un)- Enrique Gallardo
*Boas Prácticas
Orientación profesional- Mª José Luque Rojas






viernes, 22 de enero de 2016

Infografías: Importancia de Xogo

El valor del juego educactivo

accede na imaxe a infografía
  1. Impulsa o desenvolvemento psicomotor 
  2. Favorece o desenvolvemento  da Linguaxe 
  3. Favorece o desenvolvemento social
  4. Favorece o desenvolvemento  emocional 
  5. Impulsa o desenvolvemento afectivo
  6. Impulsa o desenvolvemento moral
  7. Favorece as Habilidades para a resolución  de conflitos.
  8. Favorece a creatividade
  9. Favorece o aprendizaxe
compartido por: educayaprende




compartido: elblogdemanuvelasco


juego en niños

Infografía sobre os efectos do xogo no noso cerebro. liberanse neurotransmisores que axudan á memoria e a axilidade mental e favorecen o optimismo. 

compartida: juegosdesalud.com

miércoles, 20 de enero de 2016

Neuroeducación con Francisco Mora





Profesor Francisco Mora Teruel hangout sobre Neuroeducación, aprendizaxe e emoción. 

Recursos para reflexionar sobre a Paz

Desde a páxina de aula planeta recollo esta entrada dez recursos para reflexionar o día da paz. 
Diez recursos para reflexionar sobre la paz en el aula

aquí temos algúns dos recursos desta entrada:



accede a entrada completa en www.aulaplaneta.com

Araword procesador de textos: nova versión

Nova versión 2.2 do procesador de textos con pictogramas gratuito Araword. Desde el Blog informática para educación especial su autor es J.M. Marcos.
en este blog tedes información sobre a comunicación aumentativa, materiais, recursos e software de comunicación aumentativa, 



Nesta nova versión do Araword, temos a tradución ao galego.

enlace á nova versión procesador de texto 

martes, 19 de enero de 2016

Contos pictogramas

colección Disfruta de Aprendices Visuales,  baseados en pictogramas, contos on line de acceso libre para descargar, compartirlos e acceder a aplicacións interactivas.

El Oledor Explorador_Aprendices Visuales    Las pelusas se mudan de casa_Aprendices Visuales

    

accede á páxina : aprendices visuales.org

Para aprender autocuidados, rutinas e emocións temos a colección José aprende


con el apoyo de la Fundación Orange


lunes, 18 de enero de 2016

Mindfullness para ensinar e aprender

Nesta entrada que se publica na revista do portal de Educación. Junta de Castilla e León.
e acerca do Mindfullness con propostas, programas e bibliografía para poñer en marcha nun centro educativo.

Resultado de imagen para aulas felices aragon
Un dos programas que sinala este artigo é Programa aulafelices psicoloxía positiva aplicada á educación, elaborado por docentes aragoneses ( Arguís, Bolsas, Hernández e Salvador), para alumnos, alumnas de 3 anos ata 18 anos. Editado por primeira vez no 2010 e revisado no 2012 cunha ampla difusión. comprende 321 actividade para traballar nas aulas.
deixovos o enlace para poder descargar libro e anexos  


Revista Convives Nº 12 : Dereitos Humanos

Revista Dixital nº 12 de diciembre 2015 profundizan sobre o tema dos Dereitos Humanos.

Resultado de imagen para revista convives nº 12

Artigos
- Os Dereitos Humanos Como base ética da Convivencia. Félix García Moriyón.
- Dereitos dos Nenos, Dereitos Humanos:Entre a retórica e a eficacia. Agustín Chozas Martín.
- Os Dereitos Humanos,  Principio organizador na vida dos Centros. Educar desde,  sobre e para os DDHH. Asunción Lucio E Mª Victoria Toscano.
- A realidade do alumnado LGTB. Kika Fumero y Marián Romero.
- A Educación fronte ao discurso do odio e a  intolerancia. Esteban Ibarra Blanco.

Experiencias
- O Grupo Escolar de Amnistía Internacional do IES Juan de Herrera. IES Juan de Herrea. El Escorial Madrid.
- Programa "Escuela y compromiso social" Antonio Lobato y Cristina Serván. APDHA (Cádiz)
- Defendendo os dereitos dos nenos e nenas. pau i Solidaritat del País Valencià (Valencia)
- Como cesto de cereixas. Selgas IES. El Pito. Cudillero. Asturias.
- Os nenos e nenas son cidadáns e cidadás. A Cidade dos Nenos. (Madrid).
- Unha Escola  con dereitos. Escola Baldiri i Reixach (Barcelona).

Entrevistas
a Luís Acebal Monfort, é licenciado en filosofía, teoloxía e ciencias da información. Ha traballado e traballa sobre educación en e para os dereitos humanos e realizado investigacións sobre relixión e poder.



Acceder a Revista neste  enlace

jueves, 14 de enero de 2016

Funcions Executivas e TDAH

Esta presentación explica as deficiencias nas funcións executivas dos nenos, nenas con Trastorno por Déficit de Atención: Función da memoria de Traballo, función da Voz privada da Mente, Función da habilidade para Autorregular emocións e Motivación, Función da Habilidade para solucionar problemas.




Via: fundacioncadah

Lista para Autoavaliación Docente Primaria

Autoavaliación docente pretende ser unha guía para revisar a actividade docente na planificación, posta en marcha e avaliación dunha secuencia didáctica.  

















http://es.slideshare.net/cedecite/autoevaluaciondocente-38734069

Aprendizaxe e Memoria

Entrada de José blas sobre a Memoria e a súa relevancia cando adquirimos novos coñecementos, falando da memoria reconstructiva que sería comprender, usar e explicar.

Este é un extracto da entrada:
Aprender é un proceso que se realiza a base de vivir experiencias, que a su vez modifican a conduta do suxeito.
Cando unha nova experiencia asoma a o noso cerebro este o primerio que fai é intenta relacionar cun coñecemento  que xa ten.
Para comezar a aprender o noso cerebro utiliza a memoria, e dicir, rememora aquelas experiencias similares que ten ancoradas na súa cortiza, activando todo o mecanismo fisiolóxico e químico necesario para "visualizar mentalmente" ese recordo.
Aprender non é só dispoñer de información.
A práctica e a reflexión consiguen correxir e axustar e rectificar a información que estamos transformando en aprendizaxe.
A reflexión colectiva e en interacción cos outros; o establecemento de categorías e clasificacións; a repetición converxente dos conceptos en fase de aprendizaxe desde perspectivas diferentes; a confrontación de ideas mediante debates e argumentacións, é o camiño para construir o coñecemento niso atopamos o valor da repetición.

MEMORIA-INED21

Non se trata de repetir por repetir, que lonxe de provocar conexións sinápticas e ancoraxes cerebrais, o que produce é hastío, apagamento emocional e desatención ( co que tiramos pola borda as ferramentas máis poderosas que facilitan a aprendizaxe). A repetición ten ademais de fundamentos neurobiolóxicos, fundamentos didácticos de primeiro nivel: serve para avaliar, reavaliar e aproveitar o valor do erro, facendo patente que equivocarse é parte do proceso de aprender.
En definitiva parece evidente que a memoria e a aprendizaxe son dous procesos interdependentes. Memorizar implica "introducir cambios nas unións ou conexións entre neuronas, nesa parte de contacto que chamamos sinapsis" e por medio da aprendizaxe creamos "pegadas neuronais" que transformamos en memoria mediante un proceso único: Memorizamos aprendendo e aprendemos memorizando.



Estudar non é o mesmo que
aprender


Unha aprendizaxe non é o que se demostra nas preguntas nunha proba ou exame.
A este simulacro de aprender que chamamos estudar, nunca o poderemos transformar en coñecemento, pois lle faltan 2 ingredientes básicos: a repetición que se da a aplicabilidade a contextos diversos e habituais, e a emoción de compartir e socializar o coñecemento.



accede a entrada completa en ined21.com/aprendizaje-y-memoria

domingo, 3 de enero de 2016

Xogo, xoguetes e discapacidade

Esta publicación forma parte dos resultados do proxecto " Nueva herramienta documental para el diseño de juguetes accesibles" financiado por IMPIVA( fondos FEDER) y desenvolvido por AIJU.

Índice
Todos os nenos, nenas necesitan xogar 
Por que investigar sobre xogo e discapacidade?
Son accesibles os xoguetes do mercado?
Selección e adaptación dos xoguetes para nenos, nenas con discapcidade
Xogo e discapacidade física e sensorial
Xogo e discapacidade visual
xogo e discapacidade  auditiva
Xogo e discapacidade motora

Xogo e discapacidade intelectual
Conclusións e recomendacións xerais
Bibliografía



O xogo permite desenvolver a propia capacidade física e mental.
É unha fonte de autoafirmación, satisfacción e pracer.
Xogar significa ser activo e prepararse para a vida adulta.
Sen dúbida unha carencia importante de xogo na infancia ocasionará un desenvolvemento incorrecto e incompleto da personalidade do neno nena.

enlace a guía en pdf.
Instituto tecnolóxico do Xoguete AIJU 

Tabla de Rexistro de Roles e Funcións dun Equipo


Avaliación : Máis que notas

Recursos educativos abertos e frases sobre Educación e Avaliación, desde o Equipo de Tuitorientadoras e Tuitorientadores de guardia, en decembro co hashtag #másquenotas. Iniciativa coordinada polo orientador José Marcos Resola deu como resultado esta recompilación con Storify