sábado, 27 de febrero de 2021

Guía de atuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo

Esta Guía ten como obxectivo a abordaxe da violencia de xénero coa mocidade dende o ámbito educativo. O ámbito educativo ten un papel decisivo na sensibilización, prevención e detección temperá da violencia de xénero. 

A Guía contempla 4 supostos ou situacións que poderían darse e que requiren diferentes pautas de intervención. Especifícanse ademais os sinais de alarma que poden axudar á detección de cada un destes supostos, así como a maneira de abordalos e de intervir de forma adecuada e eficaz. 

Así mesmo, incorpóranse unha serie de fichas que permitirán rexistrar a información de cada caso, para a súa remisión a aqueles servizos ou instancias que teñan competencia na súa resolución, co gallo de asegurar a necesaria coordinación institucional entre a administración educativa, sanitaria, sociocomunitaria, policial e xudicial.

Índice:

  1. Introdución 
  2. Obxectivos 
  3. Metodoloxía 
  4. Principios básicos de actuación 
  5. Procedementos de intervención ou guía de intervención 
  6. Recomendacións para ter en conta nos centros educativos 
  7. Estratexias de comunicación e pautas para reunións e entrevistas ante posibles casos de violencia de xénero 
  8. Recursos de apoio nos casos de violencia de xénero
  9. Anexos
  10. Glosario 
  11. Bibligrafía 

enlace para a descarga     guia violencia xenero

Edición: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e xustiza  Secretaría Xeral de Igualdade. Xunta de Galicia.