Esta Guía ten como obxectivo a abordaxe da violencia de xénero coa mocidade dende o ámbito educativo. O ámbito educativo ten un papel decisivo na sensibilización, prevención e detección temperá da violencia de xénero.
A Guía contempla 4 supostos ou situacións que poderían darse e que requiren diferentes pautas de intervención. Especifícanse ademais os sinais de alarma que poden axudar á detección de cada un destes supostos, así como a maneira de abordalos e de intervir de forma adecuada e eficaz.
Así mesmo, incorpóranse unha serie de fichas que permitirán rexistrar a información de cada caso, para a súa remisión a aqueles servizos ou instancias que teñan competencia na súa resolución, co gallo de asegurar a necesaria coordinación institucional entre a administración educativa, sanitaria, sociocomunitaria, policial e xudicial.
Índice:
- Introdución
- Obxectivos
- Metodoloxía
- Principios básicos de actuación
- Procedementos de intervención ou guía de intervención
- Recomendacións para ter en conta nos centros educativos
- Estratexias de comunicación e pautas para reunións e entrevistas ante posibles casos de violencia de xénero
- Recursos de apoio nos casos de violencia de xénero
- Anexos
- Glosario
- Bibligrafía
enlace para a descarga guia violencia xenero
Edición: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e xustiza Secretaría Xeral de Igualdade. Xunta de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario