viernes, 29 de abril de 2016

Vídeos de Motivación

Si o alumno, alumna sinte os seus erros como posibilidades de aprender, situacións que pode modificar, mellorar, solucionar favorecerá o seu autoconcepto e imaxe de se mesmo.
"Os alumnos, alumnas que teñen continuas expectativas de fracaso débese a unha capacidade baixa ou a situacións externas que saen do seu control o cal inflúe na súa autoestima e as expectativas futuras". ( Peré marqués)

Vídeos de superación persoal e motivación





Desde orientapas recogen semanalmente píldoras para orientar que son materiais en formato audiovisual compartidos de maneira colaborativa, en este enlace tedes as pildoras IX :    Quierete mucho. ¡sí tú!


 






lunes, 25 de abril de 2016

Motivación ante o estudo

Motivación ven do verbo latino "movere" significa poñerse en movemento.
A motivación é esa forza que nos estímula a enfrontarnos as tarefas incluídas as menos atractivas. é vital para a recta final de fin de curso.
razóns para o esforzo final:
- Non ter que estudar no verán.
- Non arriscar a ter que repetir un ano e deixar de estar cos meus amigos.
- Demostrarlle ao meu chico ou chica que aparte de ser guapo, simpático teño boa cabeza.
- Darlle unha alegría aos meus pais mereceno
- Ter máis tempo libre no verán
- Ir máis tranquilo ao examenes non soporto enfrontarme a eles, sabendo que non os preparei ben. ¡póñome moi nervioso!
- Esquecerme dos estudos uns meses.
 - Porque me convén, podo e quero.


accede ao artigo completo de Ana T. Jack neste enlace. prensa escuela


  Examen:

 









Orientacións para o Plan de Convivencia

Orientacións para facilitar e acompañar os procesos de elaboración, revisión e actualización dos Plans de Convivencia dos centros no nmarco da normativa vixente.
Índice:
introdución
Proceso de elaboración do plan de convivencia
Anexos




enlace ao documento

edita Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, dentro da estratexia galega de convivencia escolar 

martes, 19 de abril de 2016

Manual para irmás, irmans de nenos, nenas con discapacidade

Que le pasa a tu hermano? libro que recolle as experiencias dos irmás e irmáns de nenos, nenas con discapacidade psíquica.
É certo que non todas as relacións entre irmáns son iguais pero, todas elas son unha fonte de aprendizaxe con eles aprendemos : a xogar, a colaborar, a pelexar, ceder, desenvolver a tolerancia e a paciencia, a coñecer o que son os celos, a saber negociar.
E cando os irmáns e as irmás de persoas con discapacidade botan a vista atrás, comparten esta visión positiva.
Pero tamén comentan algunhas cuestións nas que necesitaron axuda na súa infancia: moitos botaron en falta información sobre discapacidade adaptada á súa idade e a súa realidade para entender a situación.
Tamén falan de sentimentos contradictorios cara ao seu irmán, irmá ( celos, orgullo, vergoña) que co tempo foron transformándose, pero que cando eran nenos, nenas afectábanlles moito, custáballes entender as súas propias emocións e sentíanse mal.
Este libro é unha boa ferramenta para dar resposta a esas demandas que irmáns, irmás de nenos, nenas con discapacidade expresan.
Resultado de imaxes para libro: que le pasa a mi hermano?

Índice 
1 Introdución
2. Ola irmán ou irmá
3. A discapacidade
4. Que podes sentir : tristeza, felicidade, orgullo, celos, vergoña, soidade, enfado, preocupación, angustia.
5. Pais, nais algunhas ideas

autores: Ángels ponce e Miguel gallardo. Fundación MRW. 


enlace para a súa descarga :www.mamapsicologainfantil

domingo, 10 de abril de 2016

Guía: como Mellorar a linguaxe oral e escrita

A presente guía está orientada ao reforzo de procesos neurolingúísticos, especialmente na Educación Primaria.
Os obxectivos da presente guía para estimular o cerebro e mellorar a adquisición e o desenvolvemento da linguaxe son:
Obxectivo xeral: entrenar as habilidades neurolingúísticas para favorecer un correcto desenvolvemento da linguaxe.
Obxectivos específicos:
Mellorar o nivel de expresión oral e escrita
Reforzar os niveis tactís e motores.
Mellorar os niveis de audición para discriminar a linguaxe e darlle significado.
Resultado de imaxes para como mejorar el lenguaje oral y escrito



Desenvolve un programa de adestramento que estimula as diferentes funcións cerebrais:
Desenvolvemento motriz
Desenvolvemento auditivo
Dominancia hemisférica y lateralidade
Comprensión lectora
Expresión verbal e escrita


accede á guía neste enlace  issuu.com/sandracid



Proxecto Emocionantea

Para iniciar esta entrada un vídeo da fundación Orange "Academia de especialistas", que tamén comparte o Proxecto Emocionantea.


 Proxecto da mestra Patri carro para desenvolver habilidades de audición e linguaxe cos alumnos, alumnas na aula ordinaria. Deixovos unha das sesións coa que empezou este  andadura.



accede a entrada completa: nubecitasdesabidura.blogspot.com

Revista Convives nº 13: Convivencia e Familia

A importancia da colaboración da familia e a escola é fundamental. A ninguén se lle escapa que son dúas institucións imprescindibles para educar ás criaturas e que facelo na mesma dirección multiplica a súa potencialidade, que non poden prescindir unha doutra, e que están obrigadas a entenderse e a colaborar si queremos que os nosos fillos e fillas, que son á vez son os nosos alumnos, alumnas, reciban a mellor educación posible e poñámoslle no camiño de ser boas persoas, boas cidadás e boas profesionais.



enlace revista para a descarga

Índice:
Presentación
A voz das familias e a Convivencia
Nélida zaitegi De Miguel
Artigos
Familia e Escola. Dúas miradas complementarias e imprescindibles.
Sandra Martínez Pérez
A visión desde as Familias sobre la Participación e convivencia na comunidades educativa.
Manuel Vera Sibajas y Laura Rivero Machi.
A dinamización das familias en e para a dinamización par a mellora da convivencia.
Teresa Domínguez Pérez.
O Papel dos servizos municipais nas relacións escola, familias e contorna.
Pablo Fernández Díaz.
Experiencias
Dando un paso máis: Dinamización e formación das familias.
FAPAR Aragón. Mesa local Las Norias. El Ejido. Almería.
O diálogo como ferramenta para a convivencia positiva.
CEIP Reina Sofía. IES Amina. Ceuta.
O logro dun clima de convivencia axeitado e a implicación e participación de toda a comunidade.
IES Fernando Quiñones. Chiclana. Cádiz.
Unidades familiares por y para unha convivencia gratificante.
FAPA-Alhambra. Granada.
Entrevista 
a Jesús Salido Navarro y Nuria Buscató Cancho. CEAPA
Libros y recursos
bibliografía

compartido : convives en la escuela


jueves, 7 de abril de 2016

Guía para a Educación Inclusiva: mellorando a aprendizaxe e a participación

Terceira edición de Index for inclusión, esta nova edición plantexa unha revisión das anteriores desde unha óptica máis globalizadora.
é un conxunto de materiais de apoio á auto-avaliación de todos os aspectos dun centro escolar, incluíndo as actividades no recreo e nas aulas, así como nas comunidades e no contexo no que se atopa. Anímase a que todo o persoal, pais, nais, titores así como aos propios estudantes( sexan nenos, nenas, mozos ou mozas segundo o caso) contribúan a implementación dun plan inclusivo. 

Índice:
1. Visión xeral da Index
2. Enfoque integrado para a mellora escolar no teu centro
3. Usar a Index para pasar a acción 
4. Indicadores con preguntas
5. Marco de planificación e cuestionarios
6. Recursos

Páginas desdeIndexLibroAgosto
 accede ao documento neste enlace

traducida polo Consorcio para la educaión inclusiva.
esta guía foi editada por FUHEM education e a Organización de Estados Iberoamericanos para la Educación, la Ciencia y la Cultura ( OEI)


compartido porblog.educalab.es/cniie

Películas sobre Discapacidad

Películas para tratar o tema na aula
Like stars on hearth pelícua moi emotiva sobre un neno de 8 anos con dificultades de aprendizaxe e que a súa contorna parece non comprender. Pero algo está a piques de cambiar cando o profesor de arte fíxase en el.

Me llaman Radio una película baseada en feios reais narra a relación dun adestrador de fútbol e un mozo con discapacidad intelectual. De 12 anos en diante.

Yo soy Sam el padre Sam con discapacidad intelectual debe loitar para ter a custodia da súa filla pequena e defendr os seus dereitos como pai.

Rojo como el cielo a causa dun accidente un neno sofre unha lesión cerebral que lle supoñera unha ceguera crónica. será capaz de vencer as dificultades que iso supón?

Yo también habla dunha historia de amor, onde o seu protagonista Daniel ten síndrome de Down, o que permite abrir o debate sobre discapacidad e como está afecta ás relacións persoais. non recomendada para menores de 12 anos.

   
                              



Un mundo a súa medida  o importante non é ser iguais o importante é formar un bo equipo!. Dous adolescentes que se complementan á perfección aprenderán a superar xuntos diferentes adversidades.

El octavo día dous mundos atópanse nesta película un home Georges, con síndrome de Down e Harry un executivo, que non imaxina canto poderá aprender de Georges.

Rain man o protagonista desta historia é Raymond, un home con síndrome de Savant, que consiste nun tratorno de espectro autista que se caracteriza por presentar unha memoria prodixiosa e outras habilidades inusuais.

compatido por : educacionysolidaridad.blogspot.com.






lunes, 4 de abril de 2016

2 abril día internacional do Autismo



 Desde Fundación Orange co obxectivo de sensibilizar a sociedade nos temas de autismo. Cada luns durante dous anos compartiron viñetas creadas por ilustradores e inspiradas en anécdotas reais. Recolleron as viñetas nun libro ao que podes acceder neste enlace.

No noso centro utilizámolas para unha sesión con alumnos, alumnos de terceiro de educación primaria e tamén cos alumnos, alumnas de primeiro de primaria.
Iniciamos a sesión falamos de que "todos e todas somo diferentes", usamos a guía da diversidade e discapacidade e fixemos unha reflexión sobre que cousas que nos gustan a uns e a outros non, que non sempre coincidimos e que respectamos os gustos dos demais así como as súas razóns.
Logo con algunhas viñetas fixemos  unha reflexión de concienciación de que hai outras persoas, nenos, nenas que viven ao noso lado, están no centro, no patio e teñen a súa forma de entender o mundo. 



Falamos sobre eles, preguntaron dúbidas algúns xa tiveran conversas cos seus compañerios que non "acababan de comprender" ou precisaban falar "das súas reaccións en determinados xogos no patio".
Descubrimos nenos e nenas con gañas de entender, comprender e acompañar a os seus compañeiros, compañeiras.