Este é un extracto da entrada:
Aprender é un proceso que se realiza a base de vivir experiencias, que a su vez modifican a conduta do suxeito.
Cando unha nova experiencia asoma a o noso cerebro este o primerio que fai é intenta relacionar cun coñecemento que xa ten.
Para comezar a aprender o noso cerebro utiliza a memoria, e dicir, rememora aquelas experiencias similares que ten ancoradas na súa cortiza, activando todo o mecanismo fisiolóxico e químico necesario para "visualizar mentalmente" ese recordo.
Aprender non é só dispoñer de información.
A práctica e a reflexión consiguen correxir e axustar e rectificar a información que estamos transformando en aprendizaxe.
A reflexión colectiva e en interacción cos outros; o establecemento de categorías e clasificacións; a repetición converxente dos conceptos en fase de aprendizaxe desde perspectivas diferentes; a confrontación de ideas mediante debates e argumentacións, é o camiño para construir o coñecemento niso atopamos o valor da repetición.
Non se trata de repetir por repetir, que lonxe de provocar conexións sinápticas e ancoraxes cerebrais, o que produce é hastío, apagamento emocional e desatención ( co que tiramos pola borda as ferramentas máis poderosas que facilitan a aprendizaxe). A repetición ten ademais de fundamentos neurobiolóxicos, fundamentos didácticos de primeiro nivel: serve para avaliar, reavaliar e aproveitar o valor do erro, facendo patente que equivocarse é parte do proceso de aprender.
En definitiva parece evidente que a memoria e a aprendizaxe son dous procesos interdependentes. Memorizar implica "introducir cambios nas unións ou conexións entre neuronas, nesa parte de contacto que chamamos sinapsis" e por medio da aprendizaxe creamos "pegadas neuronais" que transformamos en memoria mediante un proceso único: Memorizamos aprendendo e aprendemos memorizando.
Estudar non é o mesmo que
aprender
Unha aprendizaxe non é o que se demostra nas preguntas nunha proba ou exame.
A este simulacro de aprender que chamamos estudar, nunca o poderemos transformar en coñecemento, pois lle faltan 2 ingredientes básicos: a repetición que se da a aplicabilidade a contextos diversos e habituais, e a emoción de compartir e socializar o coñecemento.
accede a entrada completa en ined21.com/aprendizaje-y-memoria
No hay comentarios:
Publicar un comentario