A prevención do suicidio require unha mirada complexa, un enfoque global, multidisciplinario e interinstitucional, centrada nos aspectos positivos do benestar e saúde mental.
Na escola inclusiva debe priorizarse o desenvolvemento integral (emocional, racional e condutual) das persoas, favorecendo estilos de vida saudables e dinamizando programas transversais de educación para a saúde, atendendo ás dimensións física, biolóxica, psicolóxica e social de xeito interdisciplinario.
Ademais de adquirir unha educación que capacite o alumnado para participar activamente na sociedade, é urxente priorizar a posta en marcha dos programas de educación emocional, prestando especial atención a desenvolver a autoestima e empatía, saber xestionar os pensamentos e as emocións, crear relacións sociais positivas e utilizar estratexias de resiliencia para afrontar situacións adversas.
1. Índice
2.Unha visión multidisciplinaria
3.Actuacións por parte dos servizos educativos:
- prevención primaria con todo o alumnado
- prevención secundaria alumnado en situación de risco
- prevención terciaria intervención educativa no intento autolítico
4.Posvención: elaboración do proceso de dó nos centros educativos
5. Referencias bibliográficas
- Fluxograma 1: Prevención do risco suicida no ámbito educativo
- Fluxograma 2: Intervención no risco autolítico detectado por Educación. Coordinación con Saúde Mental.
- Modelo 1: Derivación á Unidade de Saúde Mental
- Modelo 2: Seguimento psicopedagóxico para a Unidade de Saúde Mental
- Consentimento familiar para a cesión de datos de carácter persoal
enlace ao documento
Consellería de Educación de Galicia. educonvives.gal
No hay comentarios:
Publicar un comentario