Déixovos unha serie de recursos para facilitar este momento de estar na casa :
Entrevista a Carlos PAJUELO psicólogo dun equipo de atención temperá, cre que desta experiencia sairán «fillos máis fortes» e ofrece algunhas pautas para facer máis levadía esta corentena ás familias.
- É necesario establecer rutinas, pero sen pasarse. Non se lles poden encher todas as horas do día de actividades. "Os pais non son animadores socioculturais"
- Hai que evitar expoñelos a unha sobreinformación.
- A mellor frase que se pode pronunciar en casa é: «Mozos, tranquilos, que isto pasará e, mentres pasa, estamos na casa».
- Tamén importante permitir aos nenos que manteñan o contacto cos seus amigos. E, se se pode, botar man das tecnoloxías. Deixarlles facer videoconferencias, que se conten que están a facer, e falen das súas cousas.
- É necesario manter a saúde física, pero tampouco obsesionarse.
- «Nada de pasarse o día en pixama ou en chándal. Hai que estar ben, sentirse ben e coidarse. Aínda que só sexa para saír ao balcón para aplaudir.
- Este é un bo momento para trasladar valores aos nosos fillos. Un deles, por exemplo, é a solidariedade. Pensar nos demais.
- Ante situacións difíciles hai que tentar entender as súas reaccións e dar tranquilidade aos fillos.
O colectivo de psicólogos de Madrid dan unhas recomendacións para explicarlle aos nenos o brote de Coronavirus
- Non ignorar os seus medos ou dúbidas.
- Utilizar unha linguaxe adaptada á súa idade do menor e aos seus coñecementos.
- Entender que se non llo explicamos ben recorrerán a argumentos fantasiosos para compensar a falta de información.
- Falar con frecuencia sobre o tema pero sen saturarlles con demasiada información. Normalizar que se fale sobre iso sen que sexa un tema tabú.
- Promover espazos de encontro para a comunicación con eles onde sentan seguros e tranquilos para expresar, escoitar e preguntar
- Evitar facer referencia ás persoas que están moi enfermas ou faleceron
- Ser honestos e evitar longas explicacións, respondendo as súas dúbidas ou medos que poidan ter.
- Transmitir que poden expresar as súas dúbidas e confiar en nós.
- Se non temos todas as respostas, ser sinceros, quizais podamos buscar respostas xuntos.
- Usar debuxos ou representacións gráficas sinxelas para explicar como se produce o contaxio (por exemplo, que naceu en China, que lle gusta moito viaxar, e que de momento, Italia e España son dous países que lle gustan moito,..).
- O máis importante é manter a calma, e saber manexar a tensión.
- Vixiar as nosas conversacións con outros adultos, ou doutros adultos, os nenos e nenas escóitannos e perciben o noso medo.
- Non alarmarse nin estimular ao medo. Ser realista, a inmensa maioría das persoas están a curarse.
- Protexerlles de toda a información que poida pode ocasionarlles malestar e preocupación porque poden non interpretar ben a información.
- Dar seguridade sobre o estado de saúde dos adultos da súa contorna, por exemplo os avós, informarlles que saben protexerse e coidarse. Se adoitan ver a outros familiares con frecuencia e debido ao virus diminuíron as visitas promover contactos virtuais.
- Colectivo Orienta o orientador Claudio Castilla danos nesta entrada : Recopilacion-de-consejos-para-trabajar-con-nuestros-hijos-desde-casa
- Podemos sentir emocións distintas como enfado, alegría, medo ou inseguridade cando aparece algo inesperado. Desde o Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia. Propoñen un caderno onde debuxar e escribir as emocións que xurden coa pandemia. Sinalan que é a mellor maneira para superar o problema. o caderno Retrincos de Cores
- vídeo para explicar explicar que emocións poden xerar está pàndemia e como tranquilizar aos máis pequenos: Monstro de Cores Coronavirus
- contos e recomendacións para explicar o coronavirus
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
ResponderEliminar