Parte dos síntomas do trastorno do espectro autista consisten en dificultades cos cambios, necesidade dunha realidade predicible e rutinizada, e un confinamento brusco dificulta a adaptación, esixindo ás familias un esforzo de romper coa rutina previa e incorporar unha rutina completamente nova de golpe.
As dificultades na regulación emocional e a dificultade para a tolerancia da incerteza son retos particulares para este grupo de persoas con TEA.
Estas circunstancias alteran a dinámica e a rutina de calquera familia e pode xerar alteracións emocionais ou de conduta nos nenos e nenas cun trastorno do espectro do autismo ( TEA).
Desde o Hospital de Sant de Déu en Barcelona sinalan que o confinamento en casa de persoas con TEA podería xerar outras alteracións como:
- Aumento de condutas repetitivas, porque a persoa abúrrese ou por necesidade de autorregularse.
- Aumento de condutas disruptivas ou problemas de conduta, ao non entender que non poden saír de casa ou facer as actividades que habitualmente fan.
- Aumento da irritabilidad ou a ansiedade, ou o que se coñece como desregulación emocional.
Estratexias para atender as dificultades que poden presentar os nenos e nenas con TEA
- Si a persoa con TEA ponse nerviosa ou se angustia polo contexto do coronavirus, pode funcionar utilizar contos ou historias sinxelas que lle expliquen que está a pasar.
- Cando presente angustia ou irritabilidade podemos propoñerlle opcións diferentes para cambiar o foco de atención.
- Tentar seguir una mesma estrutura e horario utilizando o recurso que mellor se adapte ao teu fillo ou filla. Exemplos: horario con pictogramas, horario escrito, axenda con imaxes.
- É importante marcar unha rutina para momentos de traballo escolar, momentos de lecer e momentos para o movemento... con diferencias entre días da semana e fins de semana.
- Podemos establecer unhas poucas metas en relación a súa autonomía personal como o lavado de mans, secuencia de sono ,... anotando os avances e os logros. Que se vaian modificando de semana en semana, coidando que se consoliden as anteriores ( modelando, reforzando, insistindo).
- Precisa dun horario para para tomar conciencia do paso do tempo, engadir motivación e diminuír a tendencia á desidia, apatía e pasividade.
- Permitir acceso e tempo para condutas de regulación emocional. Xeralmente estas condutas en persoas con TEA están ligadas á sensorialidad e axúdalles a estar máis tranquilas, por exemplo: saltar, movementos repetitivos coas mans, movementos con obxectos, balanceos e outros movementos co corpo, etc.
- Todo o que sexa realizar movementos pode ser de gran axuda para xestionar o confinamento.
enlaces relacionados
Equipo Técnico de Orientacion Granada :orientaciones-familias-tdah-y-tgc.pdf
aprendices visuales: Conto José se lava las manos
autores: Cova Díaz e Nico Ordozgoiti do conto explicativo ¡QUIERO SALIR! .
Artigo País: pasear con os nenos, nenas con autismo
Asociación Asperger Murcia : Programa de Ocio en Cuarentena
Cuentameuncuentoespecial : Coronavirus con Pictogramas
Redacción Médica: Estratexias para abordar coronavirus
hospital Sant Joan de Déu Barcelona : información as familias coronavirus
No hay comentarios:
Publicar un comentario