Os nenos e nenas con Trastorno por Déficit de atención con/ ou Hiperactividade mostran moitas dificultades ante os cambios con tendencia a inflexibilidade, irritabilidade e nivel de frustración baixo o que fai que se creen momentos complicados na xestión do seu comportamento na familia.
Para facer o confinamento máis doado
- É importantes marcar as rutinas cos horarios e normas para autonomía, hixiene ou sono que imos a acordar con el, ela para que teña claro onde se van facer, cando e que consecuencias ten cumplir ou non cumplir o acordado.
- É necesario marcar un horario con tempo de traballo escolar.
- Os tempos de traballo escolar soen ter que estar supervisados polos pais, nais para marcarlle os tempos de traballo ( 20-30 minutos) e os descansos entre tarefas das distintas asignaturas. Podemos facer un rexistro dos avances conseguidos como reforzo positivo.
- Sempre é interesante darlle apoios visuais para favorecer a súa comprensión, organización da tarefa e motivación.
- O ambiente onde vai facer as tarefas escolares ten que ser un ambiente tranquilo con poucos factores de distracción.
- Os xogos de mesa son unha actividade para a aprendizaxe de xeito transversal onde se poñen en funcionamento estratexias cognitivas como : a memoria, capacidade de tempo de espera, atención, cálculo, anticipación de movementos, memoria prospectiva, etc.
- Os xogos de movemento, taboa de exercicios co corpo tamén é unha rutina necesaria neste tempo que estamos na casa, a maioría deles soen ir a actividades extraescolares de movemento que agora non poden realizar.
- Exercicios de relaxación, respiración, son outras das actividades que deben estar presentes no seu horario é preciso que este consesuado o momento no que se van facer.
- Facilitar que exprese as emocións que sinte para axudarlle na súa autorregulación
- É importante a comunicación co titor, titora, e si teñen dificultades de aprendizaxe tamén co departamento de orientación para ofrecerlle tarefas secuenciadas, pautas para desenvolver as tarefas.
Enlaces relacionados
EOE en Trastorno Generalizado del Desarrollo: como tengo que trabajar con mi hijo
EOE en Trastorno Generalizado del Desarrollo: como tengo que trabajar con mi hijo
Redación médica : Mara Parellada, psiquiatra experta en autismo y miembro de la Sociedad Española de Psiquiatría Autismo, TDAH y Coronavirus
hospital Sant Joan de Déu Barcelona : niños TDAH Y confinamiento
familia y cole : folleto -tecnicas -relajacion
familia y cole : folleto -tecnicas -relajacion
No hay comentarios:
Publicar un comentario