miércoles, 14 de octubre de 2015

Pais separados.Nenos felices

Os nenos e nenas tras unha separación necesitan moita atención e moito cariño.

Estas son unhas pautas a ter presentes polos proxenitores:
- Protección e Cariño. Para que un neno, nena crezca sano e feliz  o importante e que estean as súas necesidades e relacións afectivas garantizadas é independiente de como sexa a familia ( monoparental, nuclear, homoparental, ...).
- Estar ao seu lado para o que precisen. A mensaxe que temos que transmitirlle é que papá e mamá se separan pero esa nova situación non vai cambiar o amor que eles sinten polos fillos.
En xeral, cando menos cambie a vida dos nosos fillos en canto ao vecindario, amigos, colexio mellor.
Se o neno, recibe coidados, atención e amor o ter que facer a maleta x días, terá menos relevancia. Temos que transmitirlle a certeza de que sempre haberá alguén que coide del.
- Os días que nos toca cos nenos, nenas pasalos de verdade con eles. É recomendable que os días que lle toca convivencia cos fillos leven unha vida caseira e familiar.
- Paciencia, os nenos precisan tempo para dadptarsd a nova situación.
- Temos que tomar decisións conxuntas.
Asumir responsabilidades de maneira compartida.
Planificar convenientemente actividades que atañen a os  nosos fillos.
Colaboración e Cooperación entre os proxenitores, desta estamos dando exemplo a os nosos fillos de como abordar problema e conflictos.
- Falaremos do ex con respecto, nunca menosprezar ou criticar ao ex diante dos fillos, fillas.



- Permitir ca outra persoa, faga as cousas a súa maneira. Os nenos, nenas  adáptanse ben as diferentes formas de facer as cousas, hábitos, esta faceta non é negativa, senón que os nenos viven a diversidade e a flexibilidade e isto é bo para o seu futuro.
- Beneficiámonos todos se ofrecemos a o noso ex consellos. Sen regodearnos da pouca práctica que ten cando lle toca a el asumir as tarefas.
- A integración dunha nova parella ten que ser paulatina e gradual. Nos grandes momentos de os nenos, nenas ( aniversario, funciones escolares, ...) requiren a asistencia dos proxenitores.
- Os nosos fillos non poden ser o noso bastón. Nos momentos de enfado, tristeza ou rabio os pais debemos apoiarnos na nosa rede de amistades. En todo caso se estamos tristes, ou ansiosos debemos deixarlle claro a os fillos, que eses son os nosos sentimentos, non teñen culpa eles e que os temos canalizados e baixo control, polo que non teñen porque preocuparse. 
- Non victimicemos aos nosos fillos, dándolle recompensas materiais para compensar a situación. As normas teñen que seguir utilizándose na rutina diaria e o Non ten que estar presente cando sexa necesario.


Viahttps://hijosquecrecenfuertes.
Enlace relacionado: Como superar unha ruptura sentimental http://www.elmundo.es/salud

No hay comentarios:

Publicar un comentario