Os celos son unha reacción ante o medo de perder a atención do pai ou a nai cando chega un irmán, irmá a familia. O neno, nena síntese desplazado e que xa non é importante para os pais. É unha reacción emocional normal da infancia. Non só sinten celos os irmáns msiores, poden sentilos os pequenos ou os irmáns do medio tamén.
Non hai que castigalos nenos, nenas por ter celos, senón mostrarlles que ese medo non ten razón de ser, que nós como pais, nais os queremos a todos por igual.
Imos sinalar dez erros que se cometen
1. Mostrarnos máis impacientes e menos tolerantes coa conduta do irmán maior.
2. Destacar as cousas que fai mal. Seguro que fai moitas cousas ben. Mellor centrarnos nestas condutas e valorarllas. Non deixa de ser un neno, nena, é normal que se equivoque.
3. Ter altos niveis de esixencias e expectativas. Temos que pensar que só é un neno, nena.
4. Intervir en todos os pequenos conflitos que surdan entre eles.
5. Rifarlle a miúdo, non é bo estar en riba del todo o tempo, esto vai causarlle frustración e malestar.
6. Non mostrarlle o moito que o queremos, aínda que estemos moi enfadados, temos que facerlle ver que non vai perder o noso amor. Somos os seus pais e estamos ao seu lado e vai ter o noso apoio.
7. Non falar del nin da súa conduta diante doutras persoas. Aínda que é un neno, nena vai sentirse mal cando o criticamos.
8. Compararlo con outros nenos, ou co seu irmán vai engadir unha dor a maiores que non conleva ningunha ventaxa. As comparacións son odiosas.
9. Non compartir todo co seu irmán. Debemos procurar que cada neno, nena teña un tempo co seu pai, nai a solas.
10. Alabar en exceso os comportamentos do irmán menor.
www.mamapsicologainfantil
No hay comentarios:
Publicar un comentario