lunes, 22 de abril de 2019

Guía Altas Capacidades Comunidade Educativa

Unha sociedade que se prece de ser inclusiva, de ser acolledora, de atender a toda aquela persoa por diversa e diferente que sexa, non pode deixar de prestar atención ao alumnado que pola súa propia natureza ou como consecuencia o seu esforzo persoal, é posuidor de altas capacidades ou talentos específicos.
Esta Guía pretende explicar e axudar a clarificar conceptos e modelos teóricos que se foron desenvolvendo ao longo dos últimos anos sobre o que supón este alumnado.
Pero tamén, contribuír á reflexión sobre a práctica educativa, poñendo en valor a importancia de detección temperá, contando para iso con instrumentos que a fagan posible. Ademais, na guía propóñense recursos para unha avaliación  psicopedagógica máis eficaz, así como orientacións á comunidade educativa,
especialmente ás familias e ao profesorado.
Conta tamén, por último, con propostas didácticas e experiencias a modo de exemplo con alumnado con altas capacidades.

1. Introducción
2. Que sabemos do alumnado con altas capacidades intelectuais?
3. O marco lexislativo
4. Como detectamos e identificamos o alumnado con altas capacidades     intelectuais? Como     avaliamos   as súas necesidades específicas de apoio educativo?
5. Como é a intervención educativa co alumnado con altas capacidades   intelectuais?
6. A familia de alumnado con altas capacidades intelectuais
7. A modo de conclusión
8. Anexos


Resultado de imaxes para altas capacidades intelectuales una guia para la comunidad educativa

accede á guía neste enlace Guía Altas Capacidades


Edita: Generalitat Valenciana
Autoría:
Emma  Arocas  Sanchis, Teresa  Cuartero  Cervera, Mª Carmen  Ferrández Marco,
Rosario Moya Pérez e Daniel  Torregrosa  Sahuquillo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario