jueves, 9 de marzo de 2017

Revista AOSMA Nº 23 : A Orientación en Rede


Neste número da revista da Asociación de Orientadores, Orientadoras da provincia de Málaga falannos nun primeiro artigo sobre a avaliación, esta debe centrarse no rendemento escolar e como melloralo tanto os procesos de ensino-aprendizaxe como a propia didáctica. Os acordos adoptados se recollen na acta de avaliación.
A universidade trátase no segundo artigo, un dos obxectivos da universidade é aplicar o principio de igualdad de oportunidades, compensando as necesidades educativas, formando a persona e favorecendo o acceso a estudios universitarios.
No artigo da orientación educativa en rede, Alberto del Mazo sinala:"Las redes sociales son ahora nuestros bares virtuales, lugares públicos de reunión donde aprender de y con otras personas".
no artigo da aportación dos blogs falan da súa experiencia no uso e publicación nos seus blogs que son un referente na orientación educativa, profesional y académica, Barbonblog, orientaguía, entre pasillos y aulas, Mónicadizorienta.
No artigo de J. Agustí, Pilar pérez e Mª Isabel Villaescusa falan que as TIC non son só unha ferramenta, son unha nova forma de acceder á realidade, unha nova configuración do mundo, que transforma basicamente, a forma de aprender e a forma de relacionarse.
O Artigo de Juan de Vicente cóntanos que a aprendizaxe servizo é unha metodoloxía que vincula as aprendizaxes que se realizan nas aulas coa realización dun servizo que atende a unha necesidade social. Construír un proxecto de forma compartida  confire ao seu desenvolvemento un alto nin vel de motivación. o alumnado participa no deseño, implementación, avaliación, e celebración do proxecto.
Artigo sobre Colectivo Orienta, este proxecto nace co obxectivo de reflexionar sobre a nosa práctica educativa nos ámbitos da atención á diversidade, acción titorial e orientación académica e profesional. Queriamos dar voz e entidade á propia orientación educativa, un portal onde poñernos en contacto e poñer en común o noso traballo. Autores Alberto Del Mazo, Claudio Castilla, Mónica Diz.
Victor Cuevas fálanos da implicación real e activa de moitos dos integrantes nos proxectos ou iniciativas colectivas na rede é mínima. o 90% son espectadores silenciosos. Tamén fala dos perigo da hiperconexión, a infoxicación é necesario atopar espazos para desconectarse voluntariamente e separarse do ruído que xera a Rede para volver estar cun mesmo e cos demais.
No artigo do uso de google for eduaction, F. Cortés fálanos de como este conxunto de ferramentas gratuítas axúdanos á desenvolver a orientación e a atención á diversidade de forma compartida e colaborativa.





enlace a revista issuu.com/revista_aosma


Editorial
1. TRIBUNA PROFESIONAL
As sesións de avaliación a xuízo- José T. Boyano
Orientación educativa e o alumnado universitario con discapacidad- D. Luque y M. J. Luque
2. MONOGRÁFICO
Editorial 
Orientación educativa con TIC e en red- A. del Mazo 
A aportación dos blogs - D. Veiga, M.A. Valverde, C. Castilla, M. Diz.
Formación en competencias dixitais e redes de orientación- J. Agustí
A aprendizaxe servizo- J. De Vicente
Colectivo Orienta- C. Clastilla, A. Del Mazo, M. Diz
O que a red nos dá e o que nos quita- V. Cuevas
3. BOAS PRÁTICAS
Uso de google for education nos departamentos de orientación- F. Cortés
4. ORIENTarte
5. AOSMA 2016





No hay comentarios:

Publicar un comentario