está a guía "Léctura fácil"
A lectura fácil é unha forma de facer máis accesible a información a persoas que teñen dificultades lectoras transitorias ou permanentes.
A lectura fácil queda definida como a adaptación que permite unha lectura e unha comprensión máis sinxela. Está definición parte da idea de que non é suficiente que o texto sexa lexible ( por exemplo cunhas letras de maior tamaño), senón que tamén debe ter unha estrutura e un vocabulario que favoreza o entendemento do contido.
Na escola a aplicación da pautas de redacción e deseño para unha lectura fácil, pode permitir a creación de materiais adaptados para alumnos con maiores dificultades ou que necesitan actividades de reforzo. Trátase de crear textos atractivos de diversos tipos que cambien a visión do alumno, alumna cara a lectura: de reto a apoio.
Prácticas didácticas con lectura fácil como na elaboración carteis informativos do centro, na adaptación de probas ou exames, na adaptación de textos literarios, notas informativas para as familias, carteis expositivos acerca dun tema, dossier con noticias, etc.
Lonxe de percibirse como unha técnica que pode crear acomodamento, hai que expola como un instrumento que motive as persoas con máis necesidades de apoio para avanzar.
Ademais, por extensión, redundará nunha maior capacidade destas persoas para o desenvolvemento autónomo na vida adulta.
Índice
Introdución á lectura fácil
Pautas para textos de lectura fácil
Exemplos prácticos de lecturas fáciles para escolas e institutos
Comprobación de textos de lectura fácil
Epílogo
Referencias Bibliográficas
Autor del texto Oscar García Muñoz
Enlace á guía Lectura fácil en pdf
Diccionario lectura fácil e con audio.
Recursos na páxina Asociación lectura Fácil
Aplicación con libros educativos e lecturas para o tempo de lecer app Léelo fácil
Plena Inclusión con web Web Léelo fácil
Artigo en marcha con las tic.educarex.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario