A flexibilidade mental é a capacidade de modificar os pensamentos e a conduta en función das demandas do ambiente. É a habilidade para percibir diferentes puntos de vista e xerar opcións e alternativas cando a nosa idea inicial xa non funciona.
O pensamento flexible é a habilidade de cambiar de enfoque rapidamente e atopar novas maneiras de resolver os problemas.
Os nenos que teñen dificultade co pensamento flexible adoitan ter problemas para lidar cos cambios.
A miúdo quedan atrancados e non entenden o porqué.
Os nenos con dificultades do pensamento flexible moitas veces tentan a mesma estratexia unha e outra vez, mesmo se non funciona. A miúdo, frústranse e anóxanse.
Estes son algúns comportamentos que vostede podería observar na casa e na escola:
- Non aceptar as ideas doutras persoas.
- Discutir o mesmo asunto unha e outra vez.
- Frustrarse cando cousas insignificantes saen mal.
- Repetir os mesmos erros.
- Non seguir novos horarios.
- Sentirse ansiosos cando hai cambio de plans.
- Dificultade para empezar tarefas novas e máis complicadas.
- Dificultade para cambiar dunha actividade a outra.
- Molestarse cando outros non seguen as regras.
A flexibilidade cognitiva os motiva a buscar alternativas en lugar de quedar estancados na negatividad e fomenta a tolerancia e a comprensión cara aos demais. En definitiva: potencia o desenvolvemento de infantes máis autónomos, creativos, felices e sans.
Como axudar aos nenos co pensamento flexible
- Unha maneira é dividir as tarefas en partes máis pequenas. Darlles esta información por adiantado pode axudar aos nenos para saber que esperar. Tamén lles proporciona pasos específicos a seguir, fomentando a súa autonomía.
- Outra maneira é axudar aos nenos a planificar como abordarán as tarefas ou os problemas. Pídalles que pensen en que outra cousa poderían tentar se a súa primeira estratexia non funcionou. Vostede tamén pode darlles ideas.
O traballo da flexibilidade demóstralles que hai opcións, outras posibilidades e isto vai reducir a súa ansiedade.
- Axúdao a buscar unha solución diferente ante unha frustración.
- Ante o enfado cun amigo, ínstalle a tratar de imaxinar o que pensa e sente o seu amigo.
- Se se atopa triste, móstralle como pode cambiar o seu estado de ánimo cambiando os seus pensamentos.
- Aproveita calquera circunstancia cotiá para analizar xuntos diferentes perspectivas.
- Axúdao a fomentar a súa creatividade e a súa imaxinación, e a pensar diferente
https://eresmama.com/potenciar-flexibilidad-psicologica-hijos
https://www.understood.org
https://www.etapainfantil.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario