Entrada de Javier Tourón, onde extrae as partes máis relevantes do artigo de Steven I. Pfeiffer: "the identification and assessment of gifted students"
recollo algúns deses puntos :
- Durante máis de 100 anos os alumnos "superdotados" foron identificados a partir de test de CI (Nisbett, 2009; Pfeiffer, 2002). Moi poucos expertos no campo da alta capacidade actualmente aceptan esta postura de identificar a "superdotación" cun CI alto (Borland, 2009; Sternberg, Jarvin, & Grigorenko, 2011).
- Historicamente as sociedades utilizaron o concepto de "superdotación" como unha etiqueta para explicar e recoñecer a aqueles individuos que teñen rendementos excepcionais nun ou máis dominios que son valorados dentro dunha determinada cultura. O que constitúe a "superdotación", por suposto, varía dunha sociedade a outra. Unha persoa pode ser vista como "superdotada" nun contexto social, por exemplo un banqueiro de Wall Street, un axente de telemarketing ou un creativo deseñador de software, pero poden non ser considerados como tales noutras culturas (Pfeiffer, 2012).
- Moitos aínda cren que a "superdotación" é algo esencial e un aspecto permanente da persoa ao longo de toda a súa vida. A maior parte das evidencias científicas, indican que a "superdotación" non é un estado do ser, non é algo fixo ou inmutable (Bronfenbrenner & Ceci, 1994; Ceci & Williams,1997; Neisser, 1996).
- O CI explica unha parte substancial da varianza do rendemento dos estudantes ou do éxito na vida adulta , pero non a maioría (Nisbett, 2009; Worrell, 2009).
- A maior parte das autoridades neste campo están de acordo en que os alumnos academicamente dotados son aqueles que se atopan no 3-5% superior, comparados cos seus compañeiros de idade, en capacidade intelectual xeneral, competencia académica nun ou máis dominios, e creatividade (Pfeiffer, 2003, 2009).
- Ademais da capacidade intelectual xeneral, as capacidades específicas e un bo número de factores non intelectivos contribúen de maneira decisiva a configurar unha traxectoria de éxito nos mozos máis capaces. Por exemplo, atopouse que a práctica deliberada contribúe a predicir o rendemento experto en moi diversos dominios (Ericsson, 1996, 2005; Ericsson, Krampe, & Tesch-Romer, 1993; Ericsson, Nandagopal, & Roring, 2005; Plant, Ericsson, Hill, & Asberg, 2005). A propia experiencia do autor e os achados doutros (e.g. Dweck, 2006) confirman que o traballo duro, a recompensa diferida (Côté, Baker, & Abernethy, 2003; Mischel, Shoda, & Rodriguez, 1989), e a autodisciplina(Duckworth & Seligman, 2005; Romer,Duckworth, Sznitman, & Park, 2010) tamén son críticamente importantes, mesmo entre os estudantes máis capaces.
- "El éxito de la educación está precisamente en hacer que el rendimiento de las personas se equipare a su potencial".
autor: Javier turón Vicerrector de Innovación y Desarrollo Educativo en la Universidad Internacional de La Rioja-UNIR
No hay comentarios:
Publicar un comentario