No documento www.totemguard.com./aulatotem/8 motivos para crear tu blog.
dá unhas razóns polas que ve o autor a necesidade por parte dos docentes para ter un blog educativo.
dá unhas razóns polas que ve o autor a necesidade por parte dos docentes para ter un blog educativo.
Os motivos que sinala son:
- Reflexionar a posteriori sobre a evolución do teu traballo e pensamento - xa que un blog é esencialmente un diario, permitindo valorar no tempo o traballo desenvolvido polo autor deste.
- Progresar nas competencias TIC - non se pode ignorar este tipo de tecnoloxías se se desexa participar e entender a evolución actual no campo educativo.
- Comunicar con outros profesionales da educación - iníciase un diálogo, reflexivo e crítico que axuda a mellorar.
- Conectar con alumnos e/ou pais - o blog é proveitoso para crear un lugar de diálogo e conectar con os alumnos fora do horario lectivo. É moi motivador especialmente para os alumnos que non participan na clase. os pais tamén coñecen mellor ao orientador.
- Mellor presentación oral e escrita - mellora a forma de explicar calquer concepto aos alumnos, docentes o para para que poidan entendelo claramente.
- Desenvolver o teu lado creativo - se escribes no blog con frecuencia descubres que has de buscar maneiras creativas de articular ideas ou mensaxes.
- Expandir oportunidades profesionais - cando publicas creas unha pegada dixital. Se desexas dar a coñecerte profesionalmente e contribuir ao diálogo educativo do momento o blog é de grande utilidade.
- Cambiar a imaxe pública do docente.
Considero que as razóns ou motivos que da o autor están ben definidos é son claros sobre as posibilidades que brinda tanto a nivel persoal, cando fala do desenvolvemento do lado creativo, da expansión de oportunidaes profesionais; como do desenvolvemento profesional para un orientador/a.
Analizando dende clave orientadora, todos estes motivos son aproveitables e moi válidos para mellorar no traballo diario. Por outra banda é certo que afacerse a empregalo con certa regularidade, analizar o tempo que leva o elaborar presentacións, artigos etc. se en principio non debe ser un impedimento para descartar este recurso; se hai que telo en conta é prever cando un ponse mans a obra no desenvolvemento do teu blog. Penso que tanto a planificación, organización como constancia para conseguires pouco a pouco sentirse cómodo/a no manexo dun blog, son aspectos fundamentais.
Verse reflexar o que ti fas, o plantexamento do traballo do departamento nas públicacións, artigos, ... é un obxectivo que debería compensar o traballo que conleva ter o blog.
No hay comentarios:
Publicar un comentario