viernes, 3 de abril de 2015

Como abordar as noticias sobre accidentes con múltiples vítimas

Os accidentes con múltiples vítimas saen nas noticias e son moi comentados polo que é doado que o neno ou nena escoite falar sobre o tema.
O primeiro é saber se temos que falar do tema con eles, para esto podemos preguntarlles se viron ou escoitaron alguna noticia do accidente.
Para os nenos e nenas entre 6 e 8 anos a pregunta sería se saben o acontecido no accidente.

Farémoslle preguntas para analizar o que escoito ou viu do accidente neno ou nena e como o está a interpretar. 
A mellor forma de responder:
- Responder sempre ao que nos preguntan pero sen ampliar mais co necesario a información. Ser honestos nas nosas respostas.
- Tranquilizándoos sempre, facéndolles ver que non son frecuentes os accidentes destas características.
- Falarlle dos mecanismos de axuda sociais que temos : bombeiros, policía, médicos.
- Na busca dos responsable ou culpables do accidente , temos que coidar a resposta. Pois é unha situación inquietante pensar en condutores irresponsables. É mellor falar que neste tipo de accidentes adoitan coincidir varios circunstancias xuntas por iso non son tan frecuentes.






recompilado do blog FAROS
Artigo realizado por la Unidad de Trauma, Crisis y Conflictos de Barcelona ( UTCCB ) Universidad Autónoma de Barcelona.

No hay comentarios:

Publicar un comentario