Modelo biopsicosocial da OMS para nenos e nenas inatentos que presentan características biolóxicas, psicosociais, e sociais diferentes a aqueles nenos e nenas que presenta subtipos hiperactivo e impulsivo.
.
para máis información fai click na imaxe
Os alumnos e alumnas inatentos teñen algúns destes patróns de conduta :
- Tempo cognitivo lento.
- Memoria vaga e dispersa, dificultades na secuencia lineal do discurso, perden detalles importantes.
- Cambios das primeiras impresións,son neos e nenas que borran moi a miúdo a tarefa e volven a empezar.
- Problemas de Comprensión e Razoamento lóxico.
- Problemas para Nominar e Describir, ao ter un tempo cognitivo lento non reteñen ou non son capaces de evocar.
- Pouco activos son alumnos lentos, mostran torpeza na súa autonomía.
- Autoobservacións orais, estes alumnos e alumnas repítense o que teñen que facer para fixar detalles específicos da tarefa.
- Perden o rumbo da tarefa que está a facer, non captan a información necesariada da explicación do profesor.
- Dificultades escolares : presentan máis problemas en comprensión oral e problemas de aprendizaxe, retraso na linguaxe e dificultades na área de matemáticas que aqueles que son hiperactivos.
No Déficit de Atención específico non hai diferenzas entre o número de casos de nenas e nenos e dáse máis o fracaso escolar, mentres cos hiperactivos presentan máis problemas de conduta.
recollido fundacióncadah.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario