Propostas para avaliar aos alumnos e alumnas que presentan dificultades de atención con ou sen hiperactividade.
Estes alumnos precisan adaptacións na metodoloxía e na avaliación.
Estratexias como :
- Aumentar o tempo que teñen para facer a proba.
- Permitirlle facer preguntas, comprobar que a entendido ben as preguntas.
- Uso de rotuladores para as palabras clave das preguntas, os alumnos, alumnas con moita dificultade xa terán esas palabras diferenciadas polo mestre.
- Simplificación da preguntas, para facilitar a comprensión.
- Subdividir a pregunta en varios apartados para facilitar as respostas.
- Instruccións claras e sinxelas.
- Utilizar preguntas tipo test, de opción.
- Usar reforzos visuais para interpretación correcta de datos.
- Situar o alumno cerca do mestre, mestra para facilitar a supervisión.
- Evitar que se sente preto a ventá ou da porta polas distraccións.
A comunicación coas familias das datas de presentación de traballos, de probas escritas, de materiais que teñen que traer a escola é imprescindible para o desenvolvemento da confianza en se mesmo, autoestima.
Con está colaboración familia-escola está desenvolvendo rutinas como anotar, planificar, prever, revisar na casa que a van a favorecer as funcións executivas alteradas nos déficits atencionais.
Esta colaboración para que o alumno ou alumna non esqueza as cousas, as datas de entrega. "É moi frustrante ter a sensación de que nunca chega a tempo" imos favorecer a motivación, pilar fundamental para que se produza a aprendizaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario