domingo, 12 de abril de 2015

REFORZOS POSITIVOS NO TDAH

O trastono de Déficit de atención con/ou Hiperactividade é un trastorno conductual, períodos de atención breve, distracción de moderada a grave, inquietude motora, inestabilidade emocional e condutas impulsivas : non esperan turno, interrumpen ao falar...

Na dinámica da aula é habitual dalle toques de atención para que sigan as pautas de traballo ou para que axusten a súa conduta.
Estas recriminacións ou chamadas de atención ao longo da xornada escolar acaban sendo bastantes cando non moitas.

Polo que o alumno, alumna con Tdah recibe menos reforzos positivos dos que precisa debido as súas dificultades e o esforzo para conseguires facer as tarefas escolares.


Podemos  usar estratexias para que esto non suceda:

  1. Facer chamadas de atención a nivel individual, de maneira reservada para que non se faga tan notorio na aula, actuando desta maneira ofrecemos seguridade e apoio ao alumno.  
  2. Ten en conta a proporción de reforzos positivos/negativos. 
  3. Consensuar entre mestre titor e especialistas cales son as recriminacións, chamadas de atención a traballar durante un período de tempo para modelar esa conduta, e cales ignorar para evitar excesivos reforzos negativos.
  4. Ter xuntanzas para valorar en que horario se producen máis complicacións para o alumno, alumna para estar a facer a tarefa escolar, posiblemente a última hora da mañá estará máis canso e máis inquedo. Ter alternativas para eses momentos, que poida sair da clase a facer un pequeno encargo, poida facer outra actividade distinta que o motive máis.
  5. Diseñar na aula un recanto de tranquilidade para todos os alumnos e alumnas onde se poida ir un rato para favorecer o autocontrol e regulación da propia conduta (escribir o que se vai facer, debuxar o que sucedeu, ...)
  6. Buscar motivos para reforzar positivamente.
  7. Escoitar comunicación bidireccional para achegarnos el, ela e coñecer os seus intereses.
  8. Evitar enfrontamentos e ameazas, no xulgamos ao neno, nena senón o seu comportamento.
  9. Buscar acordos para o cumprimento das tarefas, isto fai que se sínta máis partícipe nas demadas que lle facemos.


 O alumno, alumna precisa reforzar continuamente os esforzos que realiza para superar as súas dificultades.
Así favoreceremos o desenvolvemento do autoconcepto, pois ve que se lle valora o seu esforzo. Sentirase mellor consigo mesmo. Aumenta a confianza en se mesmo o que repercute na motivación para enfrontarse ao traballo.
Todo isto consegue elevar a autoestima.

 Enlaces : Mundo Primaria
              aprendiendodeltdah,
              tdahmalaga